di que a institución debe "defender o galego fronte á pretensión dun decreto lesivo para a lingua"
Galicia Hoxe, 23.01.2010, BETI VÁZQUEZ/AGN
Galicia Hoxe, 23.01.2010, BETI VÁZQUEZ/AGN
Ingresou na Real Academia Galega (RAG) no ano 2000 pronunciando un discurso sobre a poesía medieval galega. Dez anos despois, o seu nome oíuse alto e claro desde que caeu o primeiro gran de area do reloxo que marcaba o tempo de Xosé Ramón Barreiro á fronte da institución. E aínda que se mostrou disposto a retirar a súa candidatura se perigaba o consenso, finalmente non fixo falla. Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) converterase hoxe, 23 de xaneiro, en presidente da RAG despois dunha partida que gañou sen contestación: xogouna contra si mesmo.
Pregunta: Dixo que estaba disposto a retirar a súa candidatura se había máis "aspirantes" para evitar enfrontamentos. A que viña ese sacrificio?
Resposta: (ri) Non era un sacrificio, é que para min o importante é que se lograse un consenso máximo. A Academia é unha corporación viva na que existen puntos de vista diversos, e pode haber membros que propuxesen outro candidato. Retirarse sempre é unha posibilidade para ter en conta.
P: Hai unhas semanas non quixo confirmarme a súa candidatura. Cal foi o motivo que o levou a presentarse?
R: Que a miña candidatura chegase avalada por tres académicos -Xosé Luís Axeitos, Ramón Lorenzo e o último presidente, Xosé Ramón Barreiro-. Pensei na posibilidade de presentarme nese momento, cando un grupo de académicos me pediu que fixese a postulación. Despois veu a presentación da candidatura.
P: E o proceso para gañar adeptos, como o leva?
R: Eu non fixen nada! (conta entre risas) Fixen a miña candidatura, todo o mundo sabe quen son eu e a ver que pasa!
P: E contar co aval do anterior presidente, axuda á hora de conseguir apoios?
R: Pois foi el un dos que me propuxo, pero entendo que nestes momentos é un voto máis, unha personalidade máis entre os trinta e tantos que hai.
P: O seu nome soou con forza desde o minuto un e quedou como candidato único. Non se atreven a enfrontarse con vostede?
R: Podía presentarse outro candidato ata 48 horas antes. Non creo que non se atrevan, igual non queren ocupar ese cargo (ri).
P: Manuel González, presidente en funcións da RAG, definiuno como ""un bo candidato". Por que é un bo candidato? Nunca ocupou un posto destas características...
R: Nin destas nin de semellantes! Pero teño a idade e a experiencia suficiente como para poder facerme cargo da responsabilidade.
P: Cal é o reto máis inmediato ao que se enfronta a Academia?
R: Fundamentalmente cuestións internas. Neste momento está inmersa dentro dun debate social e político moi importante, que é a defensa do idioma fronte á pretensión dun decreto que é lesivo para a lingua e a cultura galega e para Galicia en xeral. Pero os retos inmediatos da Academia, polos que ti me preguntas, son fundamentalmente internos. É momento de pechar as portas, en silencio, e de traballar no léxico, na gramática, na onomástica, na historia e na literatura. Que é o que ten que facer! (ri)
P: E vai seguir co camiño trazado ou haberá desvíos?
R: Nós imos seguir polo camiño que está marcado a partir dunha etapa determinada histórica, a iniciada pola presidencia de Francisco Fernández del Riego e continuada por Xosé Ramón Barreiro. En certo sentido imos ser continuístas, e perfeccionar un pouco o que xa se leva feito.
P: A RAG conta xa con máis de cen anos. Queda algunha áncora do pasado que haxa que soltar?
R: Non, non. Non queremos soltar amarra ningunha! (ri) Estamos precisamente moi ben amarrados á memoria histórica e aos obxectivos fundacionais da Academia, que pasan pola plenitude da lingua e da cultura galega. O que pasa é que cada época ten as súas necesidades e hai que darlles resposta: no caso da Academia, toca dalas no plano da lingua e no plano da cultura galegas.
P: Pois no plano da lingua xa deu a súa resposta: un suspenso rotundo ás bases do decreto. Cal é a postura persoal de Méndez Ferrín respecto do borrador?
R: A título persoal, eu coincido con todos os puntos da Academia, igual que a totalidade dos académicos. Foi aprobado xa non só por unanimidade, senón por aclamación (subliña esta última palabra).
P: Con que termo definiría ese borrador?
R: Creo que algún académico dixo "trapallada"... (ri) É algo así. É unha cousa que non ten solidez, que ten moitos defectos, non é satisfactorio para ninguén que queira defender o idioma e que queira frear o seu proceso de desaparición e descomposición. Así se viu nos apoios que recibiu a resposta da Academia.
"A inmersión lingüística fixéronma en castelán"
P: Deféndese a inmersión lingüística no informe, como dixo Alfonso Rueda?
R: (levanta a voz) A inmersión lingüística é o que che fixeron a ti, cando te educaron en castelán, igual que a min! E a todo o mundo! (ri) E é o que está recomendado en varios modelos pedagóxicos cando se quere fomentar e recuperar unha lingua que está a perderse. O exemplo que se pon é o do Canadá, onde se ensina o inglés e o francés, pero as linguas indíxenas están especialmente protexidas. A inmersión é un ben! Eu, as linguas que aprendín, aprendinas por inmersión lingüística.
P: E as críticas de que o galego que defende a RAG é artificial?
R: (non deixa rematar a pregunta) E o castelán é artificial porque o artificiou a Real Academia española! Por iso ningunha das persoas que asina esa crítica pode escribir "vaca" con "b" para falar do animal! (ri a gargalladas).
O PAPEL
P: Que papel xogarán as súas opcións políticas (como membro da dirección na FPG) no seu novo cargo? Será quen de deixalas a un lado?
R: Non, non podo deixar de pensar como penso. Sería coma se cres nas teses de Freud e tes que deixar de crer. Pero é certo que a Academia é a Academia, e a ela me vou dedicar, a servila as 24 horas.
P: E que fará a Academia se o decreto do galego vai adiante?
R: Nada. Xa fixo o que tiña que facer: emitiu unha doutrina admitida polas persoas dispostas a salvar o galego. A RAG non é un partido político, nunca vai ter representación no Parlamento. Non hai nada máis que facer.

Un engano coas cifras
Afonso Vázquez-Monxardín
“La Región”:23-01-2010
O verbo enganar, segundo sexa pronominal ou transitivo , ten dous significados diferentes. Un é pura equivocación: ‘Enganeime, enganácheste ou enganouse de hora e ao chegar xa acabaran o viño’, por exemplo. Pero no segundo implica voluntariedade, así: ‘O timador sorriulle ao cliente despois de enganalo’. A cousa non ten dúbida. Pero o substantivo si. ‘Engano’, a secas, pode ter tamén esas dúas lecturas diverxentes, é unha palabra, perdoen o cultismo, anfibolóxica. ‘Un engano coas cifras’ pode ser unha pura equivocación ou unha mentira maliciosa.
Non me teño por un repugnante deses que sempre ten un ‘pero’ a calquera cousa que outro faga, pero ao lado de moitas cuestións de cifras que me fan rir, outras fanme fruncir o entrecello. Parece que non todos os cubeiros teñen o mesmo bo ollo, incluso parece habelos con graves problemas oculares, así se explican as cifras, por exemplo, de asistentes a manifestacións, normalmente simpáticas polas diferenzas estrambóticas. Sempre lembrarei que no segundo ou terceiro aniversario da morte de Franco dicían os organizadores que houbera un millón, e a policía municipal de Madrid, mil. Sabemos todos tamén que ultimamente aparecen empresas dispostas a contar aos manifestantes un a un para dar cifras igualmente curiosas: ‘Houbo douscentos dezaseis mil setecentos vintre e tres manifestantes’... e doce dubidaban. Tampouco deixan de ser simpáticos os problemas que temos todos coas supermegacifras. ¿Cal é a diferenza que hai entre deber cinco mil millóns de euros ou cincuenta mil millóns, ou que unha estrela quede a trescentos mil millóns de quilómetros e outra a doce mil billóns de quilómetros? Non lle sei ben, pero case tanto me ten. Nunca penso deber tanto nin ir tan lonxe.
O que me amola é a falla de escrúpulos e o engano feito con cifras. Timo. Voluntario, evidentemente. Como cando me venderon o Omega con 250 mil quilómetros dicindo que tiña 80 mil. Ou cando me dan unhas cifras por outras de folguistas no sector público. Esta diferenza de núme ros non é tecnicamente posible sen mala fe, sen vontade de engano, pois como moito a media mañá teñen sindicatos e administración as cifras exactas. Para iso chaman aos centros de traballo e solicitan datos de incidencia. Os responsables ao cargo de cada unidade administrativa transmiten datos oficiais, non opinións ou valoracións, con fidelidade absoluta á verdade e, por se fose pouco, están contrastadas nos días seguintes nas comunicacións de dedución de haberes correspondentes. Así pois, hai un engano consciente, un delito de falsidade (alteración ou simulación da verdade, con efectos relevantes, feitas en documentos públicos ou privados) de alguén que debería ser perseguido. Se viñese da Administración sería gravísimo intento de alterar a realidade. Pero se viñese dos sindicatos non o sería un ápice menos. E gustaríame saber quen é o mentiroso, en que palabra non podo confiar. En definitiva, cada un debe facer a valoración que lle pete cos seus argumentos e dimes e diretes, pero estes números son pura estatística. Non son opinables.
13 comentarios:
Felicidades a Méndez Ferrín. Sen dúbida será un excelente presidente. Do mellor que hai desde a Seabra ao Morrazo e desde Monterrei a Muras. Independente da mediocridade que nos abafa. Meu presidente.
Noraboa para Ferrín.
Gustaríame saber (falando con Etxe) o seguinte. Por que lle da a Ferrín a premisa gratuita e previa de que vai ser un "excelente presidente" e, ademáis, "sen dúbida"? TEn datros que avalen a categoría de Méndez Ferrín en asuntos de presidencia de algo? Quizáis un podería dicir que Ferrín é un excelente candidato a Premio Nobel de Literatura, pero, por que demos xa de antemán prefiguramos que vai ser un bo presidente? O mesmo poderíase dicir de Manuel Rivas, de Agustín Fernández, de Cid Cabido, de Alonso Montero, de Gea Escolano, ou, postos a ser bestas, de Jaureguizar.
Xenial a derradeira frase: "Independente da mediocridade que nos abafa" (seguro que Etxe non se inclúe na mediocrade allea). E, para rematar, as dúas verbas finais: "Meu presidente". Puaagggggg.
Lembro unha intervención moi acertada de Ferrín cando Sir Paku vazquez puxo a parir ó galego en detrimento do inglés. Noqueouno totalmente a ese pérfido-mamón,falabarato e demogogo.Desmontou a lexitimidade do sir paku sen mover un dedo,só cos seus artigos de opinión.
Ferrín é quen de proporcionarnos argumentos aos legos que non os temos. E sen telos, por falta de formación ou siso, deixámonos arrastrar por o máis primario da emocionalidade.
Eu necesito a Ferrín. Necesito unha voz ponderada e sosegada que fale por mín.
Outros ó mellor teñen argumentos orixinalísimos pero non teñen altifalantes ou as canles necesarias para representarnos.
Nestes momentos é moi benvido. O Patriarca-oráculo.
Longa vida a Ferrín!.
Nestes momentos que anuncian tempestades de aceiro.
Os meus parabéns para Ferrín. E moita sorte na andaina presidencial. Unha aperta.
Tentárono evitar, pero non deron. Ferrín na presidencia é un triúnfo da normalidade e o mérito persoal, un fracaso da intención de prover (ou negar) cargos por motivo ideolóxico. Doulle o parabén e espero del cousas boas. Un apuntamento paralelo: a Academia necesita medios e financiamento; non era malo que a intelectualidade do país fixese causa de reclamalos.
Etxe sempre á busca de presidente para render pleitesía.
Os obxectivos da RAG son estes:
1. Establecer as normas referidas ao uso correcto da lingua galega, conforme o disposto na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, do Parlamento de Galicia, nomeadamente:
A elaboración da norma gramatical, ortográfica e fónica.
O inventario do léxico e a proposta dun dicionario de uso.
A modernización e actualización do léxico.
2. Estudar e propor a restauración da onomástica galega.
3. Velar polos dereitos do idioma galego.
4. Defender e promover o idioma galego.
5. Asesorar os poderes públicos e institucións sobre temas relacionados co uso correcto da lingua e coa súa promoción social.
6. Estudar e dar a coñecer o patrimonio literario e documental da institución.
7. Decidir a personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Os puntos do 3 ao 7 precisan do traballo voluntario dos académicos actuais, pero os dous primeiros, coas correspondientes epígrafes, deben contar cun orzamento propio e cunha estructura fixa de persoal. Para iso e para non vivir da beneficiencia, como dixo o presidente recén elixido, convén creo que se planteen as seguintes opcións.
1. Crear unha Fundación Prolingua galega a imaxe e semellanza da española.
2. Restructurar, se se quere dotar á Academia dun maior valor como institución capital (non todo o mundo está de acordo co modelo académico francés e prefire a liberdade normativa dos países anglosaxóns ao respecto), debería ser restructurado o sistema investigador sobre a lingua e a literatura galegas: é dicir, converter o ILG, agora instituto da USC, e o Centro Ramón Piñeiro no viveiro dunha nova institución, cun orzamento estable, que sirva de forma sistemática á Academia. Non sería difícil se temos en conta que na RAG están os membros principais de tal instituto. Esta decisión depende da Xunta de Galicia e da Universidade de Santiago xa que o cerne do ILG pasaría a ser un instituto de alcance galego xunto co Centro Ramón Piñeiro. A vontade política de optimizar os recursos existentes faría fácilmente satisfeita a demanda de Ferrín sobre o presuposto da Academia.
Hoxe na prensa, que lin só en titulares, Ferrín parece desmarcarse dos puntos 3 e 4 que menciona Arume na súa intervención, e parece insistir no 1 e 2 como obxetivos da academia.
Estarrique o pescozo, Sr. Anónimo. Vai afogar no fel.
Eu tamén felicito a Ferrín. Ha dar un bo presidente da RAG.
Excelente observación de Monxardín, a obxectividade dos datos é unha necesidade democrática e a súa ausencia unha perversión política, bo artigo.
Os tempos están a cambiar, quen diría hai uns anos que o radical Ferrín preso en duas ocasións, polo franquismo e logo na democracia acusado de terrorismo, ía ser o presidente da RAG.
O pais está vivo, reacciona, cambia, e apostaremos polo seu futuro.
Publicar un comentario