23 mar. 2010

Fotos:La Región de Onte

Neomadamitas e cháchara vacua
Afonso Vázquez-Monxardín
"La Región":23-03-2010

Insisto. As madamitas tradicionais eran dúas: unha vestida de soldado napoleónico –coas súas cinchas e correaxes e gorro alto- e a outra unha damisela de vaporosos vestidos con canesú. Insisto: a festa ten a súa orixe na queima ritual do poder francés e vén ligada á fin da chamada “guerra da independencia” na historiografía española e “guerra dos franceses” na tradición galega. A cousa é clara: a eliminación simbólica daquel poder progresista e laico, co que non se identificaban as masas do antigo réxime nin moitos dos liberais locais, facíase facendo toupar unha representación ideal do soldado e da madamme. De aí a palabra “madamita” pasou á lingua corrente de Ourense como insulto despectivo para homes. “Cala ti, madamita do carallo”, ben podía ser o comezo dunha pelexa na que o alcumado tentaría demostrar a súa homía.
Pois ben, tal foi así durante, se cadra, cento setenta e cinco anos. Os que andamos polo medio século –e de aí para riba todos- lembramos cando a festa do San Lázaro era o eco da personalidade rural de Ourense na que os veciños das aldeas próximas baixaban en traxe de domingo a escoitar a misa, comprar as rosquillas, ver a queima das madamitas e, se cadra, comer o pulpo. Pero desde hai un tempo, perdido o fío do étnico popular, uns usurpadores en figuriñas de bailaríns, acróbatas, ciclistas, andaluzas, galegas e outros adefesios varios, substituíron ás vellas figuras de home e muller afrancesados.
Pois ben, desde o poder político local podemos botar a lingua a pacer todo o que queiramos sobre a defensa das festas populares, da tradición galega, etcétera, porque, como ben sabemos, baduar é gratís. Pero se cando temos o boi collido polos cornos, agarrado o machiño e quen manda somos nós, se non cambiamos as inercias despersonalizadoras, todo o que digamos é bla-bla-blá. As madamitas non poden ser un espectáculo pirotécnico máis. Hai unha lectura histórica e tradicional que o Concello, ano tras ano, está esquecendo só preocupado, polo que parece, porque o estourido sexa insoportable. Pódense modificar (facelas máis grandes, poñer varias madamas ao redor do soldado, ou o que se vexa), pero sempre sen perder de vista a orixe e lectura que debían promover para non parecer un vulgar remedo minúsculo das fallas. Mal, señora concelleira.
Do mesmo xeito, este Concello sacou unhas libretiñas con tampas históricas de sumidoiros e un pin que reproduce unha de 1937, é o mesmo que desde hai case vinte anos deixou de usar nelas o escudo local e a data para poñer outras estándar, impersonais e francesas (Pont a Mouson) ou catalanas (Fundició ductil Benito), algo que, a pesar da globalización, non se fai noutras moitas cidades. En fin moita cháchara “for export” de “defensa da personalidade histórica” e menos interese en seguir coa modesta historia local, moble ou festiva, de verdade.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

ZZZZZZzzzzzzzZZZZZZ

Anónimo dijo...

ECCE QUAM BONUM ET QUAM IOCUNDUM HABITARE FRATRES IN UNUN.

(Dedicado a Arume dos Piñeiros, obviando, naturalmente, o anónimo soñador e mais ó Monxardín)

Anónima dijo...

Estou totalmente de acordo co que di Monxardín e, por suposto, a Concelleiría de Cultura debería tomar nota.Hoxendía "as madamitas" resultan unha ridiculez, unha trapallada sen ningún sentido.Nin que foran froito da imaxinación dese primeiro anónimo, que ben se ve que non da máis de si.

Anónimo dijo...

A verdade é que as torpezas da concelleira de cultura d´Ourense xa se poden contar con case todos os dedos da man. Máis lle valería informarse e facer ben o seu traballo no canto de falar en perfecto castellano cando atende ao público no Colmado.

Anónimo dijo...

E il non será un castelán moi mellorábel o da señora concelleira?

Anónimo dijo...

Monxardín concelleiro de Cultura, XA!

Charles De La Bandée dijo...

que volten os franceses ¡xa!

lobo neghro dijo...

Nos vos decatades que levan douscentos anos gañando os mesmos, os que estaban en contra da ideas liberais emanadas da revolución francesa. 200 anos de antiliberalismo, de curas ultramontanos. Eiquí na galiza sigue a ser o mesmo, o mesmiño esquema desde que se lle meteron os petardazos ós afrancesados para reirse deles.
Eu propoño que se elimine a queima das madamitas cando o ghoberno municipal sexa de esquerdas.

Anónimo dijo...

Todas as festas populares son reaccionarias. Mouros e cristiáns. Queima de franceses. Cabras desde campanarios. Entroido, datas únicas para rirse controladamente da igrexa e do poder...

Batiscafo dijo...

Que se queime a igrexa, é dicir que se lle expropie aos curas e se adique a fins civís, a cultura por exemplo.
E de paso restituir a memoira e facer en todolos San Lázaros unha homenaxane aos franceses, como desagravio por tantos anos de queima inxusta.
O contrario e seguir a alimentar unha tradición que como di Lobo, é reaccionaria e tendente a naturalizar o social, as suas xerarquías, a súa fabricación do pasado, a xustificación dun presente, e a configurar un futuro inamobibel deseñado dende os intereses xerarquicos do presente.

Liberdade, igualdade, fraternidade entre a esquerda e ao lume cos tradicionalistas, morran as cadeas!, e os pseudopensadores!

Anónimo dijo...

Que volvan os romanos e que poñan a picar pedra aos Baltares, amigos e demais familia chupóctera e mediático-Región-al.

Batiscafo dijo...

Certo, moi certo. Ourense semella que debe levar eternamente a cruz do caciquismos nas súas variantes pre-pleno-post-tardo e transmodernas.

Imos fartos de todas as modalidades, no eido económico, no educativo e no cultural. Xentes de pouca frente, manga ancha e tosca ambición domina a cidade e a provincia.

Hai que reboltarse!

Co apoio ao decreto os Baltares situaronse, non hai dúbida, e quen os apoie a eles e desenvolva a súa política en calquera eido está a servir a forzas reaccionarias que se din galeguistas pero que sacrifican o futuro de Galicia para mellorar o seu.

lobo neghro dijo...

ESo sí, cando ghoberno municipal sexa de dereitas que sighan coas queima das madamitas para lembrarnos con quenes debíamos estar.

Batiscago,eu non digho tanto. Pero asumo moito do que dís.
E con un movemento revolucionario, secreto ( como os carbonari, e violento, solucionábase moito.

Liberté, égalité, fraternité!

"De l'audace, encore de l'audace, toujours de l'audace". Danton

lobo neghro dijo...

En canto ó anónimo último, o carnival, non por favor, non prohibades o carnival, como fixo o anano do pardo. Tíñalle medo ó carnival.

De que ía vivir eu. No carnaval fagho de lobo e dame para vivir o resto do ano na serra. Eso sí, papando vento e terra. Vicios non teño e a sociedade de consumo anóxame.


O carnaval é do pueblo.

Relendo o seu post, parece que non mete o carnaval no mesmo saco: datas únicas para rirse do poder e do clero, pero como non fizo vostede punto e aparte, parece que está todo xunto.

Jose Ramon Santana Vazquez dijo...

...traigo
sangre
de
la
tarde
herida
en
la
mano
y
una
vela
de
mi
corazón
para
invitarte
y
darte
este
alma
que
viene
para
compartir
contigo
tu
bello
blog
con
un
ramillete
de
oro
y
claveles
dentro...


desde mis
HORAS ROTAS
Y AULA DE PAZ


TE SIGO TU BLOG




CON saludos de la luna al
reflejarse en el mar de la
poesía...


AFECTUOSAMENTE
AS UVAS NA SOLAINA

ESPERO SEAN DE VUESTRO AGRADO EL POST POETIZADO DE EL NAZARENO- LOVE STORY,- Y- CABALLO, .

José
ramón...

Anónimo dijo...

Pero quepropón Monxardín?. As tradicións, os seus ritos cambian co tempo. Nos ritos van semiotizándose as interpretacións que fixan cambios de opinión e de mentalidade sobre os significados dos ritos, que moitas veces esquécense. Este é un proceso cultural. Se se cambian as figuras das madamitas,é posibelmente porque o significado primixenio faise moleste e vaise substituindo por otro mais acorde aos tempos. A tradición como diría Gadamer é un continuo proceso de interpretación dende a perspectiva dun horizonte de integración. Se fixamos os ritos, e impedimos que sexan interpretados dende o mundo da vida, estaríamos configurando un mundo autoritario, moi lonxe do fluir da vida social, onde todo sería monotona repetición. É iso o que quere MOnxardín?. Coido que se equivoca, e que verdadeira non desexa as consecuencias do enuncia.

Anónimo dijo...

Ah, vale, se o di Gadamer vai a misa.

Anónimo dijo...

¿Mouros e cristians na Saínza como
Festa da alianza das civilizacións?

Anónimo dijo...

E que Monxardín eclipsa a Gadamer e a moitos outros.
As festas da Sainza é un curioso caso de rito teatral importado. Coido que tras del non hai nada salientabel dende o punto de vista de Durheim sobre os rito. Realmente non se celebra ningunha cohesión comunitaria. É un rito pre a porter.

Anónimo dijo...

Por favor, que volva o dono das Uvas.