3 mar. 2010

Rosa tabernaria

ANXO TARRÍO VARELA
Galicia Hoxe, 03.03.2010

Un cronista serio e competente non debería abundar sobre as parvadas emitidas, antes ou despois, e ás veces de xeito continuado, polos políticos, mesmo polos máis ecuánimes ou que nos parecen máis respectábeis. Parvadas como a que enunciou a experta en explotación oportunista de estereotipos imagolóxicos, Rosa Díez, para CNN+ ao comparar Zapatero cun "gallego, en el sentido más peyorativo del término". Pero como un servidor non entra nesas clasificacións de cronistas responsábeis vai dicir o que lle peta. En certo modo, debería preocuparnos, non só aos galegos senón a todo aquel que se precie da súa condición de persoa con criterio, o feito de que alguén que pretende dirixir o goberno do Estado se comporte monoloxicamente nas súas declaracións públicas como un berrador tabernario, no sentido máis pexorativo do termo, empregando clixés e estereotipos que só se comprenden na dialéctica da indixencia cultural característica en que se moven os discutidores vociferantes dos luns futboleiros.
É de coñecemento case común que o estereotipo equival a unha fórmula lingüística ou ideolóxica de carácter arbitrario que funciona como unha expresión banal e escasamente significativa pero que, debido ao uso frecuente, se converteu nun discurso tópico e pouco evocador e se identifica como marca dun individuo ou dunha comunidade cultural, aínda que a miúdo o seu emprego repetido se relacione, sobre todo, coas clases populares. Así, a aparición na literatura de personaxes altamente tipificados, cun rol actancial ríxido, preestablecido, a carón de esquemas narrativos reiterados incide na afirmación da existencia dun modelo social único e inmutable. A este respecto, pódese citar como exemplo o estereotipo do indiano ou emigrante próspero retornado, que a miúdo aparece na literatura galega e castelá. No entanto, é tamén posíbel un emprego distanciado do estereotipo, isto é, un emprego irónico ou mesmo paródico mediante o cal se intenta concienciar o lector ou espectador da situación ideolóxica dominante no momento. Non foi esa a intención de Rosa Díez, que máis ben parece ter integradas no seu entramado ideolóxico, escasamente intelectual, as imaxes do catalán tacaño, o vasco frontal e bruto, o andaluz cantamañáns, o madrileño chulo, etc.
Dende a imagoloxía, o estereotipo concíbese como certa clase particular de imaxe, definida pola unha difusión ampla e pola monosemia. A súa creación responde a un proceso de xeneralización, de confusión entre o accidental e o esencial, entre a norma (moral ou social) e o discurso, entre a natureza (o ser) e a cultura (o facer). Deste xeito, a mirada que o suxeito cultural proxecta sobre o Outro depende dunha concepción monolítica, apriorística, e revela, xa que logo, unha cultura tautolóxica, repetitiva, allea a toda aproximación crítica e tendente á exclusividade esencialista e discriminatoria. Na cultura oral, o coñecemento, unha vez adquirido, debe repetirse constantemente para evitar que se perda; isto explica a necesidade da existencia de fórmulas fixas. E Rosa Díez intúe que repetindo estes clixés faise máis patente a suposta rotura de España e a necesidade dun neocentralismo ao que ela aspira fervorosamente, porque non se pode admitir que o Alcorcón, panda de paletos alfareiros sen sentido de Estado, lle meta 4-0 ao Real Madrid.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

GZ Nación:

David Pena Díaz
05 de Marzo do 2010
O PSOE apúntase á galegofobia

E por fin consumouse. Tras meses de hipócrita ambigüidade, dunha apariencial equidistancia, por fin o PSOE quitou a carauta e retratouse ante a sociedade galega nun tema de tanta trascendencia como o da nosa lingua. Xa non teñen que finxir máis, xa non teñen que se molestar en traer figurantes -ministros incluídos, como o Sr. Caamaño- ás manifestacións de Queremos Galego. Xa a esta altura toda a sociedade sabe, tras o Pleno municipal celebrado na cidade da Coruña o pasado luns dia 1 de marzo, onde e con quen se posiciona o PSOE cando de defender o galego se trata.

En efecto, no Pleno celebrado o PSOE sumouse entusiasta ás teses galegofóbicas cociñadas pola FAES aznariana e aplicadas en Galiza polo PP, evitando a aprobación dunha moción do BNG para impulsar a Ordenanza Municipal de Usos do Galego. Unha norma que contaría co placet de institucións referenciais da lingua e da cultura galega e incluso coa aprobación dos servizos xurídicos municipais.

A sucursal galega do PSOE volve xogar cos intereses de Galiza e non é a primeira vez. Aí está o boicote a unha regulación autocentrada das caixas e dos aforros das galegas e galegos, aí está o veto á produción naval e ás propostas da Consellaría de Industria nos tempos d bipartito na Xunta e agora, tamén, aí está a negació n máxima que se lle pode facer a un país, a negación da súa creación máis cobizada, valiosa e milenaria: a lingua.

Quen non sabe nen quere defender o noso idioma fará tamén, como xa está a acontecer, deixación de funcións cando se trate de defender a nosa base material -chámese control público e galego dos nosos aforros, política enerxética, política pesqueira, produción láctea ou naval- e cando se trate de defender a nosa propia existencia no mundo como Povo diferenciado.

A sociedade galega debe tomar boa nota, actuar en consecuencia e descubrir aos que só ven en Galiza un laboratorio no que facer méritos cos que medrar na metrópole madrileña.

Anónimo dijo...

Carlos Luis Rodriguez
el correo gallego

No puede ni debe darse ningún paso más con el gallego. Lo dijo alguien el viernes pasado. ¿Quién? Se equivocan si intentan encontrar al autor entre los mártires habituales de los normalizadores. No es el conselleiro de Educación ni el de Cultura, a la cabeza últimamente de las clasificaciones de gallegofobia, ni el Pedro Arias que provoca protestas en el Parlamento cuando se expresa en castellano. No vayan tampoco a Roma para dar con el responsable de la inaudita declaración porque allí no está. No es Paco Vázquez. Rosa Díez podría serlo pero en esta ocasión es inocente. Nadie de la caverna madrileña que hostiga sin parar a los idiomas periféricos, está implicado. ¿Galicia Bilingüe? Frío, frío. No va por ahí la cosa. Desvelemos ya el misterio y digamos que el declarante fue Javier Losada. Al templado regidor coruñés se le hincharon las narices con la normalización y dijo lo que tenía ganas de decir, sin miedo a que sus socios nacionalistas tomen represalias. El detonante vino con una propuesta del BNG sobre nuevas medidas de impulso al idioma, que para el alcalde colman el vaso.

Por decirlo de otra manera, el socialista no quiere llevar la famosa inmersión a su consistorio. Entra en contradicción así con las posiciones oficiales del PSdeG, pero a cambio conecta con la mayoría de su electorado, básicamente el mismo que se sentía encantado con las políticas del actual embajador en el Vaticano.

Tras levantar la L como un marine americano en Iwo Jima, ahora este no pasarán dirigido a los normalizadores pesados. Aunque no se trata de restarle valor al gesto, también hay que decir que es mínimo el riesgo que corre el mandatario con el aldabonazo lingüístico. Sus socios no van a hacer nada. Si París bien vale una misa, seguir en el poder justifica rebajar las exigencias y morderse la lengua. A Coruña, y en parte también Vigo, son dos buenos ejemplos de la hipocresía reinante en el tema que nos ocupa. Hace poco, el nacionalismo en pleno abandonó la Cámara gallega cuando Pedro Arias ofendió a la institución con su castellano provocador, y sin embargo ningún nacionalista se altera en el salón de plenos herculino, cuando el alcalde y sus concejales utilizan habitualmente ese mismo idioma. Losada y Caballero hablan castellano en la intimidad y fuera de ella, sin que por ello reciban ningún anatema de los inquisidores de guardia.

Es prodigioso. Ninguna asociación los molesta, ninguna plataforma les abre expediente, ninguna pancarta los menciona en las manifestaciones. No pecan de gallegofobia, a pesar de su pertinaz impostura idiomática. Gozan de un estatus especial, gracias a un salvoconducto que alguien les expidió a cambio de algo muy sencillo: compartir el poder municipal. O sea, que la clave para disfrutar de esa exención para el gallego es pagar un peaje en forma de concejalías. Una vez satisfecho, toda la constelación de instituciones y organismos encargados de velar por la rectitud idiomática harán la vista gorda. Contra el mercadeo de parecidas indulgencias se levantó Lutero en otro tiempo. Aquí no parece haber protestantes.

La que se habría montado si alguien que no fuera Javier Losada hubiese proferido tamañas blasfemias, y a tan poca distancia además de la Real Academia. Por experiencia profesional, el amigo alcalde sabe que una buena anestesia aplaca a cualquiera. Aplicó la dosis adecuada y ahora dice lo que le sale del alma. No hay peligro de que los socios despierten de su sueño

Anónimo dijo...

A UPG vai a por Tello. Ou polo menos, iso é o que parece a xulgar polo texto escrito por Bautista Álvarez no último número de Terra e Tempo, a revista da forza hexemónica do BNG. Nunha sección titulada Carta do presidente, Álvarez despáchase a gusto con respecto ó grupo municipal do Bloque na cidade da Coruña. Malia que Bautista Álvarez deixou de ser na última asemblea da UPG, celebrada en novembro do 2008, o presidente do partido, para dedicarse en exclusiva á fundación que leva o seu nome, o certo é que o histórico nacionalista parece que segue a exercer como tal e non repara en atacar os que se supoñen que deberían de ser os seus compañeiros na formación frontista e que cogobernan no concello herculino co PSdeG desde as eleccións municipais do 2007.

O tenente de alcalde Henrique Tello, a concelleira de Igualdade Margarida Vázquez Veras, o edil de Rehabilitación Urbana Mario López Rico, a encargada de Cultura, María Xosé Bravo, a de Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, e o edil de Deportes Xan Xosé Martínez Caxigal están no punto de mira interno, e iso que estes tres últimos son da propia UPG. "Parece que importa máis o prato na mesa da Cámara municipal. Galiza pode agardar. O estómago non. Nunca valeron menos seis concelleiros, precisamente cando estes son necesarios", di Bautista Álvarez no artigo titulado O nacionalismo cruzouse de brazos, un texto no que arremete contra o feito de que na avenida dos Cantóns da Coruña aínda estea colocada unha praca co nome de "Plaza de Orense", en lugar de respectar a toponimia galega, algo polo que tanto loita sempre o BNG. Álvarez asegura que a responsabilidade exclusiva disto non é do PSOE municipal, de tradición castelanizadora. "Castigado un pouco nas últimas eleccións -o PSdeG- viuse obrigado a petar na porta do nacionalismo. Así naceu un matrimonio de conveniencia. Máis, para quen foi a comenencia? Para quen casou polo dote e non podo amor", contesta o articulista, quen advirte de que a denfesa da lingua galega é "patrimonio inalianable para o nacionalismo", ó que non se pode renunciar nun goberno, aínda que sexa de coalición. "As aldraxes ó idioma son causa suficiente para que o acordo sexa declarado nulo. Así se facía cando o nacionalismo era alguén", prosegue o texto, para advertir de que "se nos preocupamos máis por facer número que por construír país corremos o risco de substituír os acoirazados por unha frota de submarinos".

A lingua, imprescindible nos gobernos de coalición

"Pensaba eu que na Coruña había nacionalismo. Non o poño en dúbida. ¡Faltaría máis! Pode ser que se volvese cego. Cruzaríase de brazos, quizais? Por covardía non será, pois non parece lóxico fuxir do combate cando todos os ventos sopran a favor", di Bautista Álvarez, quen insiste en que "nos pactos políticos debe garantise a exclusión de todo aquilo que sexa lesivo dos principios ideolóxicos do aliado. Sen este compromiso sobran outras clausulas. Non hai diálogo posible. Sen idioma non hai nación e sen nación non hai nacionalismo", engade.

Álvarez cre que o BNG local padece "indiferenza" e "preguiza" e que se atopa en "estado clínico" por non presionar o seu socio para un maior labor normalizador da lingua -malia que a concelleira de Normalización é, non só do Bloque, senón da UPG-.

Ante tal escrito, o propio Henrique Tello rexeitou facer ningún tipo de comentario. En declaracións a GH, os máis próximos colaboradores do tenente de alcalde defenderon que o BNG municipal non ten competencias para poder cambiar as pracas das rúas da cidade e restáronlles importancia ás críticas. Aseguran que iso dependente de Infraestruturas, unha área xesionada desde María Pita polo PSdeG, e evitan dar máis explicacións.

Ante tal situación, Bautista Álvarez propón "constituír un comando operativo de nacionalistas da terceira idade e iniciar de contado a limpeza do infamante topónimo" na praca. Se iso se producira, Álvarez pregúntase de que lado estarían os edís nacionalistas: Do lado da liberdade ou do lado do código penal que castiga os que fan estragos na propiedade pública? "Quen o diría! Ás trincheiras, que chegaron os nosos!", conclúe.