Avemariapurísima
ANXO TARRÍO VARELA
ANXO TARRÍO VARELA
Galicia Hoxe, 21.04.2010
Como xa anunciei semanas atrás, antóllanseme algunhas reflexións sobre o novo libro de Eric Frattini que viu a luz en febreiro do ano que andamos: Los papas y el sexo (Madrid: Espasa, 2010). Trátase dun ensaio de tipo histórico no que se desvelan informacións hermeticamente agochadas acerca do comportamento sexual dos papas de Roma. Perante esta documentada investigación, onde se penetra en papeis secretos do propio Vaticano, un, que xa sabía dos costumes, crimes, prácticas e mesmo vicios mundanos de certas sagas familiares papais, como os Borgia ou os Medici, pero que coidaba que, malia o seu refinamento, eran cousas dun pasado remoto e algo bárbaro; un, digo, queda pampo ao final da lectura ao comparar o que alí se conta coas actuais negativas da curia romana a permitir aos seus ministros e fieis seguidores levar unha vida sexual normal que moitas das máis altas xerarquías non dubidaron en practicar secularmente e mesmo levar a extremos que invaden o campo criminal do dereito penal, polo que deberían ser xulgadas polas leis comúns da ordenación xurídica vixente na cultura occidental.
No período de 2000 anos que media entre a cadeira de Pedro e Bieito XVI, o autor do libro contabiliza once papas casados, vinte e dous homosexuais, quince sado-masoquistas, sete fetichistas e un zoofílico, datos que responden a unha vida sexual presente na sociedade civil sen que (e afortunadamente cada vez menos) sexan considerados delitos, ou en todo caso, como ocorre co fetichismo ou a zoo- filia, se traten psiquiatricamente como pulsións patolóxicas para controlar. Pero o caso é que Frattini tamén fai un reconto de dez papas incestuosos, dezasete pederastas, dez proxenetas, nove violadores, e outras variantes menos graves pero, en conxunto, susceptíbeis de revisión xurídica e conseguinte procesamento penal.
Que Ratzinger lles aplique só un tirón de orellas aos relixiosos pederastas, como se se tratar de falcatrúas adolescentes, é unha discriminación perante a lei que clama aos ceos, mesmo aos ceos tronantes dos ateos e dos agnósticos. Non, non é doado entender que a igrexa poida xulgar os seus ponteando a xudicatura civil, limitándose a facer consideracións de tipo moral e invocando paternalmente a malicia do pecado, iso que non podiamos cometer nin de palabra nin de obra, nin de pensamento, nin sequera de omisión, de tal xeito que non che deixaban máis saída que sufrir un angustioso inferno en vida e prometer decote santidade, a que Rouco Varela aconsella, esperando o momento do sacramento da penitencia, coa contrición de corazón, o propósito de emenda, etc., para quedar outra vez limpos.
Deste xeito, pederastas, violadores e demais variantes pecaminosas, vanse de rositas cun ego te absolvo, se pertencen á parroquia católica, mentres os equivalentes na vida civil remataron secularmente na cacharela da (disque santa) inquisión ou, modernamente, na cadea, como debe ser, comodiosmanda.
Non son de contar aquí, por pudor, certas sodomías históricas que refire Frattini dalgúns papas? Con iso, unido a todos e cada un dos pecados capitais por eles ben estruchados e que xa Dante e o noso Curros, entre moitos outros, denunciaran, non queda máis que exclamar ¡avemariapurísima!

No hay comentarios:
Publicar un comentario