26 abr. 2010

Luciano Varela
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
Galicia Hoxe, 26.04.2010

O xuíz do Tribunal Supremo Luciano Varela Castro, como vostedes saben, foi maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra durante 23 anos, fundador no ano 1984 da asociación progresista Jueces para la Democracia e creador da Revista Xurídica Galega, na actualidade con máis de 50 números editados. Lembrarán vostedes ademais que Luciano Varela na súa etapa pontevedresa utilizaba o idioma galego nas súas sentenzas, sendo por este feito alcumado en máis de unha ocasión -cousas da dereita- de "xuíz nacionalista". Xa ven vostedes. A vida é complicada. E ás veces confusa. Agora Luciano Varela, perseguidor de Baltasar Garzón por investigar este os crimes do franquismo, acaba sendo obxecto de querelas por parte de diversas asociacións para a recuperación da Memoria Histórica, e unha vaga de indignación xeral -tamén en importantes foros internacionais- érguese contra Varela, até o punto de que o propio Felipe González -non simpatizante, por razóns obvias, de Garzó- non dubida en considerar "inxusto" e "inexplicábel" o proceso no que está incurso o xuíz por investigar os crimes da ditadura franquista. Difícil situación, pois, presente e futura, no que atinxe ao prestixio persoal e profesional do maxistrado Luciano Varela, que até é criticado pola Comisión Internacional de Xuristas, con sede en Xenebra, que asegura que os procesos penais a xuíces por investigar crimes contra a humanidade constitúen "unha interferencia inxustificada e inapropiada"; ou vexamos aí, por outra banda, os máis de 400 profesores universitarios e intelectuais franceses que se manifestan indignados polo proceso que sofre Garzón. O certo é que, dadas as circunstancias, Luciano Varela, cun gran pasado como xuíz en todas as ordes, vive hoxe unha situación de encrucillada, situado no centro neboento dun labirinto -¿sen saída?- que el mesmo axudou a construír. Até a mesma asociación progresista Jueces para la Democracia, por el fundada, o critica abertamente. E fóra da extrema dereita e da dereita ten o mundo en contra.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Juan Alberto Belloch considera que el Magistrado Don Luciano Varela Castro, es el Magistrado que más sabe de Derecho Procesal en el Reino de España........

Anónimo dijo...

Inxustificable dobre rasero.
Se antes sabía Varela agora sabe máis por máis vello e experto. ¿Ninguén pensa que vai contra o sentido común revisar a Lei da Amnistía do 1977 cando se uniron vontades para superar o pasado?
Pois algúns que saben de leis, pensan que tamén vai contra a lei.
¿Só falaremos ben de cadaquen cando fale no sentido que nós queremos? País fariseo e de pandeirta. Un xuíz para competir con Belén Esteban nos mass media.

Iacobus Von der Stein dijo...

Poido prometer e prometo que Luciano Varela é inocente

marcel swann dijo...

Por fin un político, Beiras,fala clariño polos que non teñen voz e polos que están desencantados da política

e aquí tamén

(1) o BNG perdeu a confianza dos movementos sociais: hai que restablecela. Hai que centrarse en temas coma o paro, a ordenación do territorio, agresións aos ecosistemas, a sanidade e a educación públicas, a cuestión do idioma...

(2) O BNG non ten en conta que na política insitucional o goberno (galego) actúa renartemente, polo que hai que facer unha oposición sen concesións e con liñas moi claras: na cuestión das Caixas, o desmantelamento do estado do benestar, etc.

(3) Os cidadáns deben volver percibir que o BNG está por outro modelo de valores e sistema económico

(4) A brigada de demolición lingúística e do estado do benestar do PP: "campaña de analfabetización do propio idioma", etc.

(5) As Caixas pola súa natureza deben repartir dividendos á sociedade. Deixaron de facer iso e metéronse na burbulla financieira e inmobiliaria. Deben retornar a ser o suministro financieiro da pequena empresa do país, co apoio do goberno galego.

(6) O BNG non está a traballar pola soberanía nacional, que é algo que se vai facendo día a día. Por exemplo, o desenrolo económico de Galicia depende de ir acadando máis competencias. Galicia non debe depender da esmola do Estado.