2 jun 2010



FELICIDADE
Marcos Valcárcel

Gardo unha viva lembranza dunhas vacacións en Monfragüe (Cáceres), nunha contorna natural fascinante. Unha tarde estivemos os tres sós na piscina do cámping. A miña filla, de sete anos, non saíu da auga e xogamos dúas horas cunha pelota amarela.
Iso era a felicidade pero quizais entón non o sabia. Son feliz agora ó rememorar aquelo, agora que lle teño medo á felicidade.


COIDADORES
Marcos Valcárcel

Debo á amabilidade do meu coidador Juan A. Quintana a trascrición destes textos, cun esforzo impagable. Excelente profesional, foi el quen me alentou a volver á escribir n´As uvas na solaina.
Emocionoume ler a mensaxe de Iñaki, un dos meus primeiros coidadores. Aínda rimos cos seus chistes todos os días.
Con Juan turnase Manuel Dios, todo bo humor e optimismo, que ademais é sobriño de Camilo Dios o guerrilleiro de Sandiás a quen teño a honra de coñecer.
Todos eles moi boa xente. As miñas grazas máis sinceras.

7 comentarios:

Xosé M. González dijo...

Eses momentiños, retallos de película máis ca instantánea fotográfica... O verán do 1993 a miña daquela única filla non fixera os dous anos e retornabamos de Chiclana; no cámping de Cáceres a piscina xa pechara, naquela terra mal entraban as piquetas e daba a calor de supoñer. Pero a muralla almohade, unha voltiña demorada, a casa dos Golfines e unha terraza da Plaza Mayor aboian no propósito de volver que non puido verificarse.

Retallos, en efecto, que non caducan.

XDC dijo...

Eu pasara a semana santa do 94 en Cáceres e en Trujillo, e non me quedaron moitas ganas de volver. Pero claro, sólo a min se me ocurre ir alá nesas datas...

XDC dijo...

Reportaxe sobre Monfragüe:PREMER.

Balonga dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Balonga dijo...

Lembranzas do Maio do 68, no que todos dicimos que estivemos. "Dani el Rojo" buscando a praia debaixo dos lastros. Agora o capitalismo na viaxe a ningures.

http://www.youtube.com/watch?v=nqno8H-mjeY
http://www.youtube.com/watch?v=nqno8H-mjeY

xoán ramón díaz dijo...

Xa sei que non é este o fío, que o fío debera ser outro, pero, a estas alturas da despedida, penso que tanto ten.

Eu a Marcos só o coñecín de referencias e a través deste magnifico blogue. Coido que é coñecemento de abondo. Supoño que alguén recuperará o que de recuperable haxa -sen dúbida que será moito, claro- agochado nestas páxinas superpostas da internet. Non son profeta, mais estou completamente seguro que a voz de Marcos soará, tan nidia coma sempre, durante tempo e tempo. Durante "tempos". Seguro.

Pero hai unha pregunta que me enceta un pouco o ánimo. ¿Onde, a partir de agora, onde volverán coincidir todas a voces, algunhas absolutamente formidables, que enchían esta bitácora?

Era o alento de Marcos quen nos convocaba. ¿Onde encontraremos ese alento a partir de agora?

Jalepá tá kalá, Marcos, que, en mala transcripción do grego ven sendo: O FERMOSO É DIFÍCIL ou algo así.

Saúdos cordiais,para ti e para todos.

Silvio Falcón dijo...

Marcos,

É unha ledicia que che cheguen todos os comentarios de ánimo e que che den máis folgos para engadir estes fermosos textos na despedida.

"As uvas na solaina" foi a miña casa dende os 16 anos até agora, así o considerei. E iso, como ti dis, é felicidade.

Moitas grazas,

Apertas dende Barcelona