10 jun. 2010

ROSEBUD 2ª PARTE
Marcos Valcárcel

En Compostela todos os soños eran posibles. Había tempo para todo: para a esmorga e para a loita política, e para as aulas e para a formación cultural.
Cheguei alí dous meses despois da morte do ditador, compartindo pensión con Bieito Iglesias e Bieito AlonsoO Roi”.
O curso 75-76 foi moi axitado. Os peches de Fonseca, as manifestacións, asembleas de distrito, as pintadas con Sarille detrás da estación de autobuses, etc.
Comandos de cinco estudantes saltabamos de súpeto nas rúas, atravesando os coches a man, e faciamos manifestacións por sorpresa,sen que aparecesen os grises.
Tamén levamos os nosos paos. En Carballo tivemos que coller a Bieito Iglesias do chan coas muletas. Noutra ocasión caín en Praterías cunha montaña de xente por riba miña e rompín o pantalón e perdín un zapato: esta historia cóntaa Bieito Iglesias nunha novela.
Desde aquela cheiraba os grises a dous quilómetros de distancia, a miña moza lucense daquela época Pilar Meilán dicía sentirse segura cando a collía da man diante dos grises.
Militei durante 30 anos no nacionalismo de esquerda. Primeiro en ERGA, ANPG e UPG. En ERGA reforzamos o núcleo inicial con Xulio GaiosoO Lobito”, Xosé Manuel Sarille e Xulio Cuba; en pouco tempo eramos vinte ERGAS na Facultade de Historia.
Na ANPG estiven na direción local, con Cuqui Fraguela e o avogado Pedro Trepat. E traballei coa Fronte Cultural.
Os Sábados había unhas xuntanzas do F.C. onde acudían Manuel María, Felipe Senén, Cesáreo Iglesias, Xosé Lois Vázquez. Eran uns encontros pouco operativos pero deliciosos: o barbas de Monforte contaba historias marabillosas e o Felipe Senén puña o carro de diapositivas e dábanos leccións maxistrais sobre arte e patrimonio.
Na UPG estiven na célula cultural con Margarita Ledo, Pepe Barro e varios xornalistas hoxe profesores na Facultade de Xornalismo.
Deixei a UPG tres anos despois “por motivos persoais”: en realidade cando lin a Lenin descubrín que non era leninista e ademais nunca entendín iso do centralismo democrático. Para algúns era un militante “culturalista” e isto era despectivo para eles. Tamén tivemos unha xornada, un día e unha noite, gratuíta no calabozo de Raxoi, por vender “Terra e Tempo”, voceiro da UPG aínda ilegal en 1977.

31 comentarios:

DIOS dijo...

DIOS: Coidador de Marcos Valcarcel,
pero non dun coidador, que dende que foi ao seu lado e ollando nos seus ollos dálle forza e seguridade non sabendo quen coida de quen.
En menos do que un pensa faise un mais dunha longa cadea de amigos que este eixe está crecendo en torno a Marcos, sentindote familia no seo fogar. A sua muller que non sae do seo lado, e a filla que pondo pucheiros chamaeo avó. Grazas por me lembrar tratandome como un mais no grupo dos AMIGOS.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Iso de militante “culturalista" parece ter unha pinguiña de retranca.

Xosé M. González dijo...

Non leva, Carreira, dígolle eu que non. Culturalista, daquela, éralle palabra fea que indicaba: facer cultura pola cultura, sen implicación política; centrarse demasiado na cultura, deixando a política de lado; esquecer ou deixar de lado que un podía gozar da cultura, pero a cultura era tamén política; non aceptar que o traballo na cultura tiña unha finalidade fundamentalmente política. Escolla a versión politiquista que prefira, e onde non, que me desminta o Anónimo Político-Cultural (actualmente, Apicultor).

Éralle o que había.

detective crepuscular dijo...

A estas alturas da QUEBRA TOTAL DE TODOS OS VALORES, por empregar unha frase feita, e dando por descontado que en todas as partes cocen fabas e hai xente digna arreo e que quen estexa libre de culpa que se atreva a lapidar aos demais, hai alguén que aínda cré na CLASE POLÍTICA ou FINANCIEIRA, que fan da DEMOCRACIA o teatro das suas macabras operacións? Hai alguén que aínda crea en algo? Hai alguén por aí que aínda non se volvera descrido de todo e non lle parezan os libros de Ciorán capítulos inocuos e lacrimóxenos da serie Heidi? Hai alguén por aí? E sábeme mal dicer estas cousas no ROSEBUD de Marcos Valcárcel. "En Compostela todos os soños eran posibles." De que Compostela e de que prehistoria política nos fala Marcos Valcárcel? É hoxe posíbel algún soño? Que foi daqueles Manuel María, Margarita, Felipe, Pepe, Cesáreo, Xosé Lois, Bieito, Sarille, Meilán ou Xulio? Viven aínda? Votan responsábelmente? Seguen cos soños acesos? Non lles parece que, vistas as cousas desde hoxe, as tres, cuatro ou cinco décadas que lle cairon enriba teñen o peso de tres, cuatro ou cinco séculos de ferro? Como imos crer na DEMOCRACIA se os máximos e gürtélicos valedores do sistema financieiro imperante, da borbulla inmobiliaria e de todas as corrupcións e especulacións habidas e por haber, poden gañar as próximas eleicións? Que é entón a DEMOCRACIA? Un baile de cifras macabro? Unha merenda de negros, como se dicía antes? Hai alguén que crea en serio nesta máquina selvaxe do capitalismo, ao que algúns póndose eufémicos ou eufemistas de mais lle chaman "neoliberalismo", "socialdemocracia" e outras variedades expresivas do mesmo ou parecido "talante" fantástico? En fin. Que cadaquén vaia buscando os seus propios paraisos, que eu xa teño os meus. O outro día fun á presentación de DUBLINESCA, o último libro de Vila-Matas e, ademais de ver por entre o público a Juan Marsé ou Joan de Sagarra (especies librescas a extinguir) e alegrarme infinitamente pola sua presenza, pareceume incríbel que aínda haxa xente que escrebe e fala de libros. A quen non vin entre o público foi a Díaz Ferrán, Montilla, Artur Mas, Carod-Rovira, Cándido Méndez... Eses que se dedican a pensar e a traballar polo ben dos demais. Que sigan traballando polos demais, e pola DEMOCRACIA, e que non poñan as suas porcas maos nos libros de Marsé ou Vila-Matas. E que quen queira "corromperse" votando nas próximas eleicións, pois que se "corrompa" e a ver se lle dan un posto executivo nas diferentes áreas do poder. A DEMOCRACIA e os ORGANISMO FINANCIEIROS MUNDIAIS estaranvos eternamente agradecidos. Así sexa.

arume dos piñeiros dijo...

Detective: vaia reservando en Sargadelos Periferias. Creo que para outubro. E logo non diga que non avisei.

Pilar Meilán dijo...

Ler un novo texto de Marcos prodúceme unha gran emoción, por todo o que significa e máis nesta ocasión na que lembra aventuras comúns dos nosos anos mozos en Compostela.
Animo.Unha forte aperta. Esperamos Rosebud III parte:WE WANT MARCOS.

detective crepuscular dijo...

Para outubro, don Arumes? Aquí, o curso que ven comeza o 6 ou 7 de setembro e para outubro, un mes despois da abolición da galaxia Gutenberg (Morra Gutenberg!, Adiante a nova tecnoloxía!, Abaixo os libros de texto de papel, por anticuados e contrarios á sociedade da información e do futuro!, claman as autoridades académicas), xa son pouco menos que CATEDRÁTICO DO FUTURO e xa lle podo contar a experiencia co portátil (custo do artefacto futurista 300 €, 150 € que pagaron os pais do aluno/a e 150 € a Generalitat). As duas ou tres semanas de proba, mellor non lle conto. Algúns deben pensar que pola maneira que lle falo debemos ser amigos de toda a vida, e resulta que nen eu teño o pracer de coñecer a don Arumes nen el ten a desgraza de coñecerme a min. Pero para outubro... E para que non se diga que son un descrido total e que non teño un chisquiño de corazonciño poético e evanxélico (de pequeno fun leitor do pan dos pobres e esas cousas non se esquecen), direille que hoxe á tarde fun dar unha volta polos barrios altos e acabei na Foix de Sarrià (Casa fundada el 1886). Cópiolle o que figura na bolsa de papel que dan co pan:

Betlem significa terra de pa.

Els evangelistes Lluc, Mateu i Joan designen Betlem com el lloc del naixement de Jesús.

Company ve de "cum" i de "panis" i significa compartir el pa.

En els establiments Foix de Sarrià tots els productes de pasta fermentada s´elaboren amb llevat natural i emprant les millors matèries primeres. Pastat, funyit, fermentat a la casa i amb el compte i miraments que exigeixen les antigues fòrmules de l´ofici.

Us els oferim cada dia, comptant amb l´origen sagrat del pa i dels productes que el componen.


O que non sei é se este texto o escrebeu o poeta J.V.Foix, morador ilustre da casa. Espero pasar de novo por alí antes de outubro para perguntarllo. Saúdos outonizos por adiantado.

Xosé M. González dijo...

A J. Bofill i Ferro

A l'erm obac bastim casal i erola,
i omplim, corbats, la sitja i el celler;
del roc perdut fem clos contra esparver
i l'aigua a doll dóna força a la mola.

A l'areny mort que la mar brava assola,
en orba nit amarrem, sense esquer,
xarxa i llagut, i un cau ens és recer
sota penyals, en deserta platjola.

Plantem la vinya als cims, sense drecera,
i l'olivet entre timba i tossal;
i ens és un pler, Senyor. I el pa i la sal

que us demanem, ulls molls, en la preguera,
no ens són sobrers, i amb urc, en ple mestral,
mà i pei sagnants, clamem l'Hora Severa.

(J.V. FOIX, Sol, i de dol).

Xosé M. González dijo...

Entre els morats i l'ocre, en carrer clos,
A sol morent, arribes tu, llunyana;
Calla l'ocell, la font i la campana,
I al teu petjar hi ha un defallir de flors.

De pedra els ulls i el cor veire de plors,
Só el transeünt sense arma ni cabana
Amb heretats a la Més Alta Plana,
Del món novell el singular reclòs.

M'exalta el pler, mes l'angoixa m'atura
En l'abismal moment. Tu, indolent,
Sense demà ni enllà, del Tot captura,

Rael i flor d'incorrupta natura,
Forma uniforme amb semença de ment,
Ets en ma carn l'Immutable Present.

(J. V. FOIX, Sol, i de dol).

Xosé M. González dijo...

De Foix.

Os dous poemas transcritos aparecen na antoloxía do poeta publicada por Plaza y Janés no 1969. A dedicatoria de Enrique Badosa (selector e tradutor):

Perquè has volgut cremar la clau de casa,
i en el temps d'estar sol cloure les mans.

XDC dijo...

Agora entendo por qué na aldea ao que acompañaba ao pan, na merenda, chamábanlle "o compango".

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O "compangu" é o conxunto de tocín, chorizu y morciella que se lle bota á fabada. E que habitualmente se come ao final xuntando con pan todos eses ingredientes. Tamén forma parte doutra mostra da cociña light asturiana: o pote asturianu con fabes, patates y verdura.

Amigo Dacova: vostede non cre que ese conxunto dá para un novo elemento na táboa de Mendeleiev, ao lado contrario dos gases nobles?

XDC dijo...

Seguro que sí, amigo Arume, entre os alcalinos máis reactivos. Ou quizáis como novo isótopo entre os elmentos radioactivos da parte do fondo ...

Sempre se lle poderá facer un bodadillo para o "Otilio" de "Pepe Gotera & Otilio", que lle metía aos bocadillos, de "compango" desde zafras (castelán "yunques"), hasta bombas atómicas.

(Non sei si "zafra", por "yunque" é galego normativo. Así é como lle chama o meu pai, que foi ferreiro de solteiro antes de emigrar).

detective crepuscular dijo...

Don Arumes, é vostede un cu inquieto, un blogueiro en tránsito acelerado, pois pasou do LIBRO ELECTRÓNICO ("Leo completamente estupefacto... as declaracións dos editores españois no diario El País...") a NON Á LEI MORDAZA en menos do que canta un Berlusconi. A respeito do artiluxio electrónico, escrebía non hai moito o recoñecido letraferido Jordi Llovet en El País de Catalunya o artigo LIBRANDA, QUE ES GERUNDIA, do que aí abaixo figura a parte final e que remata con estas palabras que eu non teño inconveniente en subscreber: "Cabe albergar dudas acerca de este nuevo formato para la lectura, toda vez que las nuevas tecnologías son el más perfecto aliado, en nuestros días, del divertissement, la distracción banal y el espectáculo brillante." E non quero dicer con isto que non haxa que DIVERTISSEMENTEARSE nen que a banalidade sexa condenábel sen mais. Non, enténdame ben, se vostede ou eu fósemos editores e non víramos na mesma, seguro que pensábamos o mesmo ou parecido ao que pensan os Herraldes de oficio. Eu penso que se trata do medo ao novo, ao porvir, ao descoñecido; en definitiva, do desacougo, da incerteza, da dúvida, da angustia que levan aparelladas todas as mercadorías que abican ou albiscan o futuro que se agacha primeira volta do camiño. O mesmo medo, etcétera, que teño eu a comezar o curso que ven sen o clásico libro de texto e enfrontarme a un toshiba que de momento do que ten valido é para telos xogando e caladiños. E non se tratará diso a "distracción banal e espectáculo brillante" do que fala o Llovet? Antes de AXOELLARSE ACRÍTICAMENTE ANTE O BECERRO DE OURO TECNOLÓXICO eu creo que hai que perguntarse por que e para que. Eu polo menos, así, de entrada e a bote pronto, non lle concedo o valor de PANACEA QUE NOS VAI LIBRAR DA ESCRAVITUDE DE PENSAR E DISFRUTAR "ATRAVÉS DO PAPEL". Até aí podíamos chegar. LETRAFERIDOS DO MUNDO INTEIRO, NON PERMITAMOS QUE NOS ESMAGUE A "DISTRACCIÓN BANAL" E O CONFORMISMO APANTALLADO!!! Berrai comigo: NUNCA MAIS, NUNCA MAIS...!!!



Libranda, que es 'gerundia'
JORDI LLOVET 31/05/2010

La última frase de este artículo permite la reflexión que sigue. Es un hecho que la fabricación de papiro resultaba una tarea lenta y laboriosa, como lo significó todavía más la producción de pergamino: una edición completa del Quijote, por ejemplo, reclamaría el sacrificio de unas 300 ovejas: hoy nadie podría pagar la cantidad que supone tanto degüello. La aparición del papel en Europa en el siglo XII, invento chino, y más aún la invención de la imprenta a mediados del siglo XV supusieron, en este sentido, un avance fenomenal, nunca bastante elogiado: por esta razón Don Quijote pudo ser leído simultáneamente por miles de lectores, y traducido a muchas lenguas a los pocos años, o decenios, de su edición por Juan de la Cuesta.

Lo que cabe preguntarse es si la lectura en una pantalla de ordenador va a tener el éxito y el rendimiento que tuvo el libro impreso, desde que apareció hasta nuestros días. El carácter in-mediato de las nuevas tecnologías, muy distinto de la operación de leer en papel, subrayar las líneas o escribir notas en los márgenes del libro, le daba a este una categoría de trabajo intelectual que permitía definir la lectura como una actividad análoga -por simetría inversa- a la de escribir. El papel reclamaba de los lectores, misteriosamente, un gasto de inteligencia pausado, mediatizado y productivo. Cabe albergar dudas acerca de este nuevo formato para la lectura, toda vez que las nuevas tecnologías son el más perfecto aliado, en nuestros días, del divertissement, la distracción banal y el espectáculo brillante.

XDC dijo...

Como sabe, amigo Arume, hai un coñecido ensayo que analiza as diferentes tendencias políticas desde a perspectiva da táboa periódica dos elementos. Así que o seu comentario vai ben encamiñado en relación ao post. Eu situaría ao "culturalismo" ao que se fai referencia máis arriba...mmm...entre os elementos do grupo do Carbono. HHHAHAHA.

detective crepuscular dijo...

Amigo Arumes, con electrónico ou sen electrónico, o que está claro é que eu dedícome a alegrarlle a vida á xente (xa será menos, fantoche). Que por que llo digo? Escoite, que llo conto. Ao vir do traballo pasei pola PEIXATERIA habitual do mercat de Sant Antoni a comprar TONYINA e pedín tanda. A PEIXATERA atendía a unha señora e o PEIXATER a unha DONA dunha idade parecida a de vostede, ano arriba ano abaixo, e se as fotos que corren polo seu e por este blog non enganan, que eu creo que non. Entando me durou a tanda e ainda un chisco mais, non deixei de ollar fixamente para a DONA en cuestión e dicéndome a min mesmo "Seguro, ten que ser ela, non pode ser outra, os rasgos das persoas non cambian tanto, acostuman mantérense no tempo". Pensado e dito: "Se non é moito perguntat, ti és..." Nen o PEIXATER, nen a PEIXATERA, nen a propia DONA me deixaron acabar a frase. Si, si, son a mesma, a mesma escritora na que estabas pensando. Menos mal que non me deixaron acabar a frase, porque naquel momento non me saía o nome nen o apelido. Díxenlle que lera daquela LIGEROS LIBERTINAJES SABÁTICOS e outro libro que naquel momento non lembraba, e ela púxose vermella e acendeuselle a cara de alegría, supoño que da surpresa que levou de que alguén da rua a recoñecese e lle dixese que lera algún dos seus libros. E non acabou aí a cousa, porque a señora que viña detrás de min na tanda tamén a recoñeceu e lle dixo que lera algún dos seus libros. Avermellou un chisco mais pola dobre surpresa e non pudo ocultar a alegría que lle invadiu o corpo. Non é normal que unha escritora retirada da primeira plana dea con duas persoas na parada do peixe que a recoñecen e lle citan algún dos seus libros. Logo contounos o mal que estaba o oficio, o cabreada que estaba, que a última novela da sua autoría (MEDIA DOCENA DE ROBOS Y UN PAR DE MENTIRAS, 2009) pasara sen pena nen gloria polas librarías, ou mais ben aparecera e desaparecera meteóricamente, que vivía dos talleres de escritura, etc. Xa de camiño cara a casa, fun remoendo no nome e comezoume a sair: Mer... Merce... Mercedes. Iso mesmo, Mercedes Abad, que gañara La Sonrisa Vertical con LIGEROS LIBERTINAJES SABÁTICOS alá polo 1986. A vida é breve, como pasa o tempo, a fugacidade é o noso destino, aínda foi onte daquel libro. Espero que polo menos levara unha pequena alegría e que lle prestara o peixe que comprou. A min xa me parecera vé-la no antigo mercat de Sant Antoni. Sei que os artigos que escrebera en El País están recollidos en libro, que eu varias veces estiven a pique de comprar pero que nunca comprei. Hoxe, á desesperada, pasei por unha das miñas librarías, pero xa non estaba. Afinal de contas, o céu debera ser para os descridos de todo. A vostede que lle parece, señor dos Piñeiros?

arume dos piñeiros dijo...

Extraordinario. Tamén eu vexo a don Agustín Fernández Paz a miudo pola pescadería, pero el é alí, a diferencia de Mercedes Abad, toda unha autoridade.
Se vén por aquí que o confirme.

lourixe dijo...

O de Libranda non entusiasma nin aos máis lectores de bookcrossing. Non se trata só do formato (texto electrónico) senón das formas de comercialización dos libros.
Señor detective crepuscular, deberon amañar o Mercat Sant Antoni nun tempo récord, porque cando estiven aló hai menos de dous meses daba pena velo, pechado e esquecido, e todos os comerciantes ateigando barracóns nas rúas contiguas.

detective crepuscular dijo...

Supoño que conincideremos todos en que é tempo de reflexión crítica e pensamento audaz; de sermos incisivos, aguzarmos os coitelos do descontento e non ficarmos como estatuas desconcertadas ante as tempestades de aceiro que se aviciñan, que xa temos aquí con nós. É o menos que se nos pide neste tempo convulso e rendido á inxustiza e arbitrariedade do megamercado global e ao "consumismo" mais desaforado, que nos "consumen" e reducen a simples produtos de compra e venda, de usar e tirar, de contrato precario e despido barato. Cuando eu o outro día perguntaba "Que é entón a DEMOCRACIA?", seguro que mais de un botou as maos á cabeza e dixo para si: "Pero que di ese estúpido, ese tipo tolo. Mira que pór en cuestión a DEMOCRACIA." Hoxe, o filósofo Slavoj Zizek ven na miña axuda, ou eu vou na sua, e declara o seguinte: "El futuro de la DEMOCRACIA (as maiúsculas son miñas, para resaltar a palabra de algunha maneira) es Berlusconi. Un gobernante que construye un Estado cada vez más autoritario y que distrae a la gente de vez en cuando con escándalos." Hai mellor maneira de o dicer? Difícilmente. Zizek estivo o outro día en Barcelona, pero eu non o fun ver; e iso que o lugar do acto (centro de arte Santa Mònica) queda a duas paradas de metro de onde eu vivo. Leo agora as suas declaracións en El País e penso o que teño pensado sempre del, que é un autor que fará mais ou menos graza, pero que convén ler, que non deixa indiferente; é dicer, daqueles que en caso de non existiren sería preciso inventar, e mais para os tempos que corren. Quen xa lera a entrevista, que repita, que non lle fará mal; e quen non a lera, pois que a lea, que abofé que algunha cousa de priveito tirará dela. Un tipo ben curioso, este filósofo.

Lourixe, o mercat de Sant Antoni continúa igual, tal como o descrebes. "Pechado e esquecido" o vello, e os "barracóns" do provisional. A cousa vai para anos, segundo comentan.

arume dos piñeiros dijo...

Eu agardo que as compras de ebook vaian incorporadas aos propios xornais ou ás páxinas webs máis visitadas. As plataformas son para disimular que se fai, pero en realidade isto pode acabar como Rumbo ou como TerminalA, empresas que se adican a comprar slots de ebooks (que ben me quedou) para logo vender ao detall.

detective crepuscular dijo...

A min vostedes, con tanta recomendación e tanta gaiteirada, estanme acabando coas existencias líquidas. Xa non me chegaba ben co que teño aquí, que aínda teño que picar no de "alá". Menos mal que eu son dos privilexiados ao que lle van aumentar, e non baixar, un 5%, 7%, ou vai ti saber que tanto por cento, para que poda seguir comprando libros sen parar, que ese é o compromiso ao que cheguei co economista e conselleiro de educación Ernest Maragall. Si, si, don Arumes, déase vostede tamén por aludido. Xa adiantei outubro, se iso é o que quería saber. Hoxe á tarde pasei por Sargadelos e pedín todo o que tiveran da tal Iolanda Zúñiga, a flamante gañadora do Xerais. E tiñan VIDAS POST-IT, que agora tamén teño eu. Ve vostede o que consegue? Pois nen mais nen menos que a miña liquidez se torne gaseosa, etérea. "Os post-it deste libro de Iolanda Zúñiga, escrito cunha prosa directa e rotunda, atractiva e imantada, son deseños como tráilers de películas que debuxan vidas marcadas polo naufraxio persoal ou colectivo, afondando no recuncho máis escuro e brutal da propia vida." Despois da sua recomendación de Periferia e destas palabras da contracapa de Post-it, que outra cousa podía facer que compralo? Pois si que está cambiando a literatura galega: Zúñiga, Jaureguizar... Apelidos ben galegos. Se Carvalho Calero levantara a cabeza. En fin, que me terei que pór ao día do que se coce nas nosas letras, que hai anos que ando despistado. Eu cheguei á xeración dos cuarentóns (Os Borrazás, Queipo e tal) e estou peixe na dos trinta. Non teño lido nada desta Iolanda, nen da Rosa Aneiros, nen da Inma López, nen da Reimóndez, nen da Uxía Casal, nen da... Mellor que Ana Bande non lea este post. A verdade é que estou fóra do país dos nosos escritores e escritoras de trinta e tantos. Estoume desgaleguizando irremediábelmente. Que veña Xosé M. González a socorrerme cun xarope galeguista xa! E o 27 de maio comprei O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS, do Calveiro, de quen tampouco lin nada. De cuantas vidas tiña que dispor un letraferido para ler todo o que ten acumulado e non dá lido? A resposta en outubro.

detective crepuscular dijo...

A miña pequena homenaxe a Saramago é a lembranza desta pasaxe de AS PEQUENAS MEMÓRIAS:


Adormecíamos tarde, bem enrolados nas mantas por causa do fresco da madrugada. Mas a imagem que não me larga nesta hora de melancolia é a do velho que avança sob a chuva, obstinado, silencioso, como quem cumpre un destino que nada poderá modificar. A não ser a morte. Este velho, que quase toco com a mão, não sabe como irá morrer. Ainda não sabe que poucos dias antes do seu último dia terá o pressentimento de que o fin chegou e irá, de árvore em árvore do seu quintal, abraçar os troncos, despedir-se deles, das sombras amigas, dos frutos que não voltará a comer. Porque terá chegado a grande sombra, enquanto a memória não o ressuscitar no caminho alagado ou sob o côncavo do céu e a eterna interrogação dos astros. Que palavra dirá então?

Anónimo dijo...

Quieto, detective, non te movas, que a García Negro dixo que Saramago era un españolista. Prohibido lelo e citalo, que é antipatriótico. Este detective crepuscular é un derrotista e un traidor á nación.

detective crepuscular dijo...

Que falta de tacto. Que pouca elegancia. Que maneira mais obtusa de desfacer amigos (mais que de facer inimigos). Que cegueira política e literaria. Anónimo, agora entendes algunha da razóns de por que deixei de pertencer ao BNG? Pois non, non o lera. Pode emparellarse co de César Casal en La Voz de Galicia. Agora só falta que veña unha lingua viperina de Intereconomía e diga que se alegra da morte do "comunista" Saramago e que a sua obra é unha incitación á "masturbación" intelectual ou algo así, para termos o triángulo dialéctico perfeito. Xa se sabe que o PATRIOTISMO é un monstro mitolóxico de moitas cabezas. Todas elas impensantes ou malpensantes. A algúns e a algunhas xa lle vai ben o de seguir enredando co PATRIOTISMO para que non se lles note que non teñen nada de esquerdas. De todos os xeitos, eu pensaba que xa non quedaba xente que opinase así. Estaba equivocado, ten que haber xente para todo, que se non a vida sería mui aburrida. Agora ben, eu teño por aquí HISTÓRIA DO CERCO DE LISBOA firmado polo propio Saramago no ano 1991 e non o penso queimar nen esgazar a coiteladas por "españolista". Penso conservalo como se conservan as cousas que mais se queren e como o seu avó abrazaba as árvores... E mañá penso ir ao mercat de Sant Antoni para ver se aínda quedan algúns dos libros de Valle-Inclán que puxeron o domingo pasado a 3 €/exemplar na colección Círculo de Lectores. Apesar de os ter repetidos, seguirei comprando os libros de Valle-Inclán sempre que a ocasión o permita. Ao mellor, iso é o que precisa García Negro: ler mais a Valle-Inclán. Tranquilos, todos os Valle que compre a partir de mañá serán para regalarllos á PATRIOTA INDOMÁBEL. A ver se así facemos bon dela.

Xosé M. González dijo...

O xarope bebino eu todo: sinto non podelo valer, pero o tempo -voz polisémica- leva a un a tales inconveniencias. Iso si, xa que anda sobrante de posibles actuais e vindeiros, recoméndolle sen recato isto, xa que fala o que falou.

Canto á García Negro, penso que igual se lle quixo entender no peor sentido. De Saramago, xa o puxen no facebook, non sei exactamente se era ou de rigor consideralo 'españolista'; certo é que tampouco nunca foi predilecta lectura, e velaí o substantivo. En paz estea, como for.

Anónimo dijo...

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
CADERNO ABERTO
Saramago, os uns e os outros

Morre o escritor portugués José Saramago, un dos grandes autores literarios do século XX -¿alguén pode dubidalo?-, e uns aplícanse axiña a criticar a súa obra, desvalorizándoa, mentres outros dedican o seu tempo a rebaixar a súa persoa, por home libre de esquerdas comprometido socialmente, amosando deste xeito facianas ben concretas -auténticos buracos negros- da condición humana: a mesquiñez, a envexa e calesquera forma, vexan vostedes, de asedio moral. Uns critican a Saramago por ter decidido vivir na illa de Lanzarote -fermoso destino- e outros -ollos de pimenteira seca- viron e ven mal que o literato portugués tivese nova esposa na persoa da xornalista granadina Pilar del Río. Xa ven vostedes. O autor de novelas tan inesquecíbeis como O ano da morte de Ricardo Reis, autodidacta, fillo e neto de labregos pobres e sen carreira universitaria -máis de dez doutorados Honoris Causa, despois, polo ancho mundo-, é un escritor que se fixo absolutamente a si mesmo e talvez sexa un dos animais literarios puros, ao estilo dun Julio Cortázar, máis recoñecíbeis neste tempo que vivimos. Mais aquí e acolá molesta, cando non amola, un José Saramago que decidiu libremente construír a súa vida e a súa literatura obtendo ademais un éxito innegábel, sen deixar de ser crítico coa realidade -intelixente comunista non fechado en si mesmo- e arriscándose a intervir, con luz e taquígrafos, na ágora pública. Uns quererían que Saramago fose -inútil e reaccionario ditado moral- como eles marcasen, e outros non lle perdoan algún pequeno erro que o xenio portugués -¡ai, deuses!- puider ter cometido. Cando o Goberno portugués veta a súa presentación ao Premio Literario Europeo do ano 1991, porque a súa obra "ofende os católicos", instálase o escritor no concello lanzaroteño de Tías -"con el amor, única luz del mundo" (Luis Cernuda)- e facíase realidade aquel verso do poema A sus paisanos do mestre sevillano: "Algo os ofende, porque sí, en el hombre y su tarea". Os uns e os outros seguirán a resmungar, infelices.

detective crepuscular dijo...

Xosé Manuel, con todo o respeito e aprezo leitor que che teño, e salvadas todas as distancias que se queiran no "caso" Saramago: O de "españolista" da Pilar García Negro ten o mesmo valor simbólico que o da "ideoloxía antirrelixiosa" e "un home e un intelectual de nengunha capacidade metafísica, que viveu até o final agarrado á sua pertinaz fe no materialismo histórico, alias marxismo" do Vaticano. Entre vaticanistas anda o xogo; e nós, pobres mortais, no medio. Se algo era Saramago nestes asuntos era un marxista metafísico, humanista. Hoxe mesmo, o Enrique Barón titula os seu In Memóriam nos obituarios de El País desta maneira: Saramago, el AGNÓSTICO MÍSTICO. Tanto ten, marxista metafísico, agnóstico místico ou materialista espiritual. O de rabioso marxista anticlarical e comecuras é cousa do Vaticano, de todos os Vaticanos. Igual que o de "españolista" da amiga galega. Construcións ideolóxicas para renegar do diferente, do que non encaixa nos fundamentos programáticos. Sen matices, claro. Recoméndoche o artigo de hoxe de Paolo Flores D´Arcais: ODIO TEOLÓXICO CONTRA SARAMAGO. Como tamén che recomendo a opinión que figura afinal tomada de Vieiros, para que vexas até onde pode chagar a cegueira e a incultura (dóime empregar esta palabra, porque aquí o primeiro inculto son eu). "Decansa ao lado de Miguel Delibes...", di o de Vieiros. Como se un nacionalista galego non pudera ler a Delibes, ou a Torrente Ballester. Como se iso fora unha aberración "españolista" imperdoábel. Ándache bon o noso nacionalismo.



"Non me di moito este escritor, pero saco en conclusión que lle gustaba (moito) máis España que Portugal. Por que non vivía nas Ilhas Madeira ou Azores? Seducíao a hispanidade máis que a "lusidade" ou como se diga. Potencialmente un vendido. Ademais non fixo nada por Galiza nin polos galegos, máis que darnos de lado. Parece que desfrutaba demostrando que sabía castelán, para el seguro que mellor "español", pois os ces pronunciábaos con todo esmero. Anda, Saramago, serás de esquerdas, pero un "lacayo" do imperialismo español que non fixeches nada pola lingua máis semellante á túa, o galego. Iberia merda: España Monárquica merda: Portugal servidor da España merda: Galiza ninguneada merda. Descansa ao lado de Miguel Delibes, que seguro che encanta. Eu cando morra intentarei estar ao lado de Castelao e Rosalía. Sempre Galiza!"

Xosé M. González dijo...

Lin estes días nalgún sitio que Saramago era o menos parecido que había a un nacionalista; a idea viría sendo esa, seguramente non a fórmula lingüística. Non sei, tería que pensalo: por que o Joyce que nin quixo a cidadanía irlandesa escribiu sempre sobre Dublin, ou o da Azinhaga se radicou en Lanzarote para seguir tratando sobre Portugal, son asuntos que levan dado tema e aínda o darán; coma a simple elucidación do termo nacionalismo. Tampouco non sei se era españolista, xa digo (por certo: un caso) e se o presunto 'iberismo' político o connotaría como tal: de haber reunificación política peninsular, ¿recuperamos o termo hespanhol para todos?; sería el partidario ou vería inevitable unha hexemonía da actula España?

Só digo que non acabo de encontrar no texto da García Negro tanto extremo. Outra cousa é o comnetario de Vieiros, que na súa claridade só me suscita un interrogante: que terá que ver Delibes?

detective crepuscular dijo...

O mellor do artigo da Pilar García Negro é a única opinión que suscitou e que a militante nacionalista debera tomar como unha lección de humildade. Figura como GRAZAS POR EXISTIR SARAMAGO e di exactamente isto: "Pilar, que mais ten si portugués ou galego, si José ou Xosé. A magoa é que foise un dos grandes, ainda que a sua obra e a sua personalidade perdurarán mais alá do lugar onde naceu ou viviu." Soberbia lección, que esperamos que a Pilar saiba dixerir con humildade. Todos temos moito que dicer (e que calar) e ás veces do que se trata é de saber escoller o tempo para dicer (ou calar) o que levamos dentro. "Un Saramago felizmente integrado no sistema cultural español e, mesmo, defensor de que a sua patria, Portugal, se integrase na España como comunidade autónoma. Mais ante estas posicións políticas, pseudoiberistas, ESPAÑOLISTAS SEN EUFEMISMOS, Saramago foi, coido, un amigo sincero de Galiza." Que unha ilustre e combativa militante do BNG lle chame ESPAÑOLISTA SEN EUFEMISMOS a Saramago no día da sua morte vendo a traxectoria cara nengures do seu propio partido, que queres que che diga, paréceme cuando menos unha falta de elegancia política e de criterio autocrítico. Hai que saber calar e dicer as cousas. Como di Fernán Vello, Saramago foi un "animal literario" e calquer outra circunstancia non desvirtúa este feito fundamental. E menos no caso de Saramago, que foi un home que dixo o que pensaba e que defendeu aos seus. Valle Inclán é tan excepcional no que escrebeu, que eu polo menos non preciso saber nada da sua biografía para disfrutalo. Se facemos un repaso ás opinións vertidas na prensa destes días achamos todo un feixe de descualificacións previsíbeis. Desde as de César Casal en La Voz: "Intelectual de libro, un grupo mediático en España lo alzaprimó hasta convertirlo en conciencia obligada de todos y para todos... Tal vez demasiado Pepito Grillo de las causas sociales, era un fenómeno en el manejo de la demagogia de bolsillo para todos los públicos", até as de Ramón Irigoyen, que titula o seu alegato EL PROFETA SARAMAGO, e que xa polo título se ve por onde vai a cousa. Descualificacións previsíbeis, canónicas, e mais vindo de tan brillantes plumas que viaxan polo hiperespacio levadas polo vento da transpolítica. Ou como a de Carlos Boyero, que se enreda co dos premios Nobel e di cousas como estas: "Al parecer, la gran literatura debe ir acompañada de certificado de buena conducta si aspira al Panteón...Sí soy adicto a la escritura de otro portugués ilustre llamado Lobo Antunes. Es puro estilo, oscuro y denso. Agobiante, de lectura difícil. Pero me hipnotiza casi siempre. Cuentan de Saramago y Antunes que no se gustaban nada el uno al otro. Resaltan machaconamente en la biografía del primero que fue mecánico y cerrajero antes que escritor. Como un añadido mérito proletario. En Antunes hay huellas de aristocracia. Lo tiene crudo para el Nobel." Se co da boa conduta de Saramago se refere a que non roubou nen "pederastizou" a ninguén, que se saiba, pois claro que tivo boa conduta. Cousa que non pode dicer o Vaticano. E o de Lobo Antunes é outra historia, que tamén resalta César Casal. Se Saramago é "farragoso" nalgunhas das suas obras, Lobo Antunes tampouco é leitura fácil que digamos, polo pouco que lin del, apenas duas novelas, e unha delas custoume sangue, suor e bágoas rematala. E que conste que Saramago non é unhas das miñas leituras de cabeceira. Etc, etc. Eu quédome co final do artigo de Xosé Lois García: "A miña admiración por José Saramago supera algúns desencontros teóricos que podemos ter con relación a teterminadas opinións que el expresou sobre o idioma galego e a integración de Portugal a España." Pois iso.

detective crepuscular con burka dijo...

Burka, burka, burka... Veña burka, todo é burka, non hai mais que burka... Burka para todos... EXISTEN OUTROS BURKAS PERO TODOS ESTÁN NESTE, NO NOSO... Desprezo, superioridade política/racial/económica/militar, puro oportunismo eleitoralista dos nosos ULTRADEMOCRÁTICOS partidos políticos... Supoño que as mulleres afganas xa foron liberadas do burka grazas á intervención HUMANITARIA dos nosos exércitos de liberación antiburka. Eu, como Margarita Rivière, tamén vou pór o burka para "protestar contra todos os fanatismos" e contra "tanto estúpido que non ve o burka feito de intereses económicos que o envolve".



'Burka' para todos
MARGARITA RIVIÈRE 26/06/2010

El Estado de bienestar se acaba, al menos vamos camino de ello. Todo el mundo lo sabe. La reforma laboral, la financiación pública a bancos, el delirio financiero y las imposiciones de unos entes sin nombre llamados mercados ya han confirmado que las sociedades más o menos igualitarias y socialmente equilibradas estarán pronto fuera de lugar. El logro europeo de una sociedad medianamente justa queda en el aire. Aparece un terrible pronóstico: ¿el fin de la civilización?

Detesto ser catastrofista, pero está claro: retrocedemos. Volvemos al primitivismo, a la tribu, al clan y a la superioridad de la fuerza bruta. Europa es buen ejemplo. Los riquísimos nuevos ricos también. Este es el progreso que ofrece el fundamentalismo financiero: somos sus prisioneros, víctimas potenciales del dogma más estúpido que nunca se ha inventado, el de la economía virtual. Ahora sí que se ha acabado la historia, señor Fukuyama: la Edad Media, ya lo pronosticó Umberto Eco, donde los señores tenían derecho de pernada, está al alcance de la mano. Los señores, hoy amos del universo, como los bautizó Tom Wolfe, son fanáticos de lo irracional, lo desregulado, el desorden, la arbitrariedad y lo inhumano. Si todo ello no tuviera resultados tan dolorosos, sería para reír a gusto: es teatro del absurdo hecho realidad. Lo anunció, en su momento, Margaret Thatcher: "Los pobres lo son porque quieren". Eso es lo que los amos piensan de sus siervos: el fundamentalismo económico es su instrumento global.

No es un consuelo que este fundamentalismo abarque a todo el planeta. Y resulta vergonzosa la inconsciencia con la que nuestros representantes democráticos minimizan la cárcel económica en la que estamos todos con la excusa de proteger a las mujeres de la prisión del burka. Ven el fanatismo ajeno e ignoran el propio: nada más adecuado para unas élites que disfrutan chapoteando en el papanatismo.

Me voy a poner un burka para protestar contra todos los fanatismos: ¿acaso no podemos ponernos el traje y el sombrero que nos dé la gana? Bajo mi burka podré llorar a gusto, engordar, envejecer e ignorar a tanto fanático. A tanto estúpido que no ve el burka hecho de intereses económicos que le envuelve.

JOAQUIM VENTURA dijo...

JOAQUIM VENTURA
O SAL DA TERRA
Voitres

Fronte a aquela frase de Petrarca que sostiña que unha boa morte honra toda unha vida, apenas José Saramago foi cadáver para que aparecesen os voitres de diversa caste. Comezando pola República Portuguesa, presidida por Aníbal Cavaco Silva, o goberno da cal decretou honras de Estado. Cómpre non esquecer que en 1992, António de Sousa Lara, subsecretario de Estado de Cultura no goberno que presidía Cavaco Silva, non quixo presentar O Evangelho segundo Jesús Cristo ao Premio Literario Europa porque atentaba contra o patrimonio relixioso portugués. Censura á cal se engadía a do arcebispo de Braga, que consideraba a obra un delirio. Durão Barroso, ministro de Negocios Estranxeiros naquel goberno, quíxose reconciliar con Saramago. Pedidas as desculpas, unha invitación a un xantar no pazo de San Bento, permitiron a normalización das relacións mais o escritor mantivo a residencia en España.

A segunda tribo de voitres ten a sé en Roma. A publicación oficial do Vaticano, L"Osservatore Romano, non tivo nin o detalle dunha nota neutra. Pola contra, e da pluma de Claudio Toscani, publicou A omnipotencia (relativa) do escritor. Nese artigo considera a Saramago un "populista extremista", posuidor dunha "ideoloxía antirrelixiosa", sen ningunha metafísica, marxista ata os miolos. E remataba afirmando que, posto a criticar os males do mundo, debería comezar polas estruturas humanas, erróneas moitas delas, e non culpar a Deus.

E para rematar, desde supostas posicións progresistas, a ínclita Pilar Rahola deixaba nas páxinas de La Vanguardia a Saramago á altura do betume. Se ben lle recoñece a súa calidade literaria, critícalle a súa teimosía en soster unha ideoloxía totalitaria. Mais esqueceu que Saramago, en 2004, defendeu votar en branco nas eleccións europeas, malia ir el mesmo na candidatura da CDU. Ou que en 2008 criticou abertamente un texto publicado en Avante por Urbano Tavares Rodrigues (Saramago era membro do PCP) a prol das FARC: "É uma coisa que me deixa asombrado, que aquilo possa ser escrito".

Resulta curioso -por non dicir outro cualificativo- o doado que resulta darlle paus ao mono cando morreu, as máis das veces levando a auga a cadanseu rego. Se ben pouco cabería esperar do Vaticano -menos aínda da súa actual cúpula- sorprenden outras opinións que caen nun fanatismo igual ou peor que o que critican. En nome da democracia ou da cruz, voitres.