15 jun. 2010

A LOITA POLOS DESPOXOS
Marcos Valcárcel


Segundo me contan, a UPG logrou encabezar seis das sete candidaturas do BLOQUE nas listas das grandes cidades galegas.
O BNG vive horas baixas. A xente do común non entende nada, mareada pola sopa de siglas interna.
É a loita polos despoxos, como di o meu amigo Apicultor.
Imos camiño de repetir os resultados de 1979 cando sentaron na Casa do Concello Norberto Tabarés e Milagros Freán.
P.S. Tiña razón o XDC cando falaba das mociñas guapiñas do Pavillón: entre outras nadadoras estaban Leonor López Carrera, Remedios Anta e Cristina Huete e a súa irmá.

53 comentarios:

Eva Robles dijo...

Ainda que non vai no fio do comentario quero aproveitar esta entrada para valorar eses momentos de felicitade dos que falas, vivilos coas miña xente, e lembrando tamen ese anos vividos na Carballeria , nos que fomos compañeiros. Dende esta fermosa praia da Frouxeira, moito ánimo
José Manuel e Eva

Anónimo dijo...

As 7 da mañá a Avenida da Habana, dende casi Bós Aires ata o Pabellón, semellaba o túnel do tempo: oscura,estreita, longa e tremendamente valeira e silenciosa. Iamos dormidas aínda e quizáis por eso eu sempre pensaba no irreal dese treito. Provocábame a mesma sensación que a fiebre: coma se flotara. Despois, o olor a lexía da piscina púñate firme na terra.E as órdenes de LLamas, na auga.
Cando non había clases, comprabamos ó sair pasteis no San Yago e iamos comelos á pedra.
Daquela tod@s eramos guapos, ainda que non o soubéramos, e a vida nos arrollaba sen que tampouco foramos conscientes...
Un gran bico, Marcos

xdc dijo...

Conta onde era "A Pedra", Anónim@ (eu seino). Eu tamén iba por alá, pero estaba calado, nunha esquiniña, pois non era nadador (anque era amigo de algús de eles, por eso estaba eu alí). Esa "pedra" forma parte da mitoloxía da miña adolescencia, tamén.

Anónimo dijo...

A natación, Marcos, foi un bo entrenamento para a vida: ensanchounos a espalda. Incluso os máis febles, os cagarráns, aprendimos a resistir/sufrir en espera do froito que habería de chegar, aínda que a meirande parte das veces o tal froito non fora máis que a aceptación das túas posibilidades: non sempre se gaña e hai que aceptalo con dignidade e crecer. Esto sí que é un rasgo de (noble) humanidade.
Matabamonos a facer kilómetros na auga contrareloxo, ¿recordas?, e cando pensabamos que non podiamos máis descubriamos que sempre quedaba un último alento: o valor da resistencia. Non competiamos contra os demáis, senon contra nós mesmos (o cronómetro) e eso, a loita pola superación, é algo que penso que nos marcou a todos. Sei que alomenos tí és así (noble e resistente), tes dado sobradas probas.
Para XDC: “A Pedra” era o bordillo á rúa do comercio Agapito (non sei se daquela chamábase así) na encrucillada entre a Habana e Cardenal Quevedo. O ancho que entón tiña ese saínte do comercio permitíanos sentarnos alí para ver e deixarte ver (pura adolescencia). Coma unha pista de baile, aínda que algúns nunca se atreveran a sacarte a bailar. Efectivamente, forma parte da mitoloxía adolescente de todos nós. Pero mellor, nin pensalo: os mitos adoitan ter os pés de barro...

xOsse dorrío dijo...

O BNG sempre andivo a pelexar polas miserias, a aproveitarse delas. Nunca tivo a ambición, cando menos os seus dirixentes, de construir unha Galiza nacionalista, soamente acadar unha boa cadeira de brazos para uns cantos elexidos: os cegos e fieis seguidores da UPG. Os lobos que vixían a manada nacionalista. Cando se espantará?

Anónimo dijo...

Pois é evidente que quen cho contou mentiuche, Marcos. Aínda quedan dúas asambleas para elexir candidatos (Coruña e Compostela) e no caso de Ourense, a cabeza de lista é independente.

Pregúntalle a Carballido polas maniobras torticeiras de García Mata e entenderás por que pasou o que pasou.

XDC dijo...

Poderíamos decir, Anónimo, que as manobras de García Mata foron de corte "baltariano"?. Pregunto, nada máis, eh!!

Anónimo dijo...

Non tanto de corte Baltariano, XDC... Porque iso significaría que habería compañeiros do BNG que se deixan comprar por un posto de traballo e estou seguro que iso non é así.

Foron máis de corte "coruñés", e si queres le o blog de antón tenreiro (http://www.blogoteca.com/antonte/index.php?cod=85039) para saber como unha parte de +Gz lle fixo a cama a outra parte de +Gz...

O mesmo lle pasou a Carballido. E o que é aínda peor, a U aceptabao como candidato de consenso para encabezar unha lista de unidade e só a maniobra de García Mata para apartar a Carballido causou, primeiro a división das listas, segundo varias baixas en +Gz (algunhas delas acabaron integrando a lista da U) e terceiro moitos votos perdidos na asamblea.

Recomendaríalle a Marcos Valcarcel que fale con máis xente que cun só apicultor ...

XDC dijo...

Moi obrigado por a explicación, Anónimo.

XDC dijo...

Aiquí pódese opinar:PREMER.

Anónimo dijo...

Agora a "culpa" é de Garcia Mata,o Carballido un "home moi bo" e os que emigraron para a UPG xente "honrada a carta cabal" e incluso a cabeza de lista gañadora unha muller "moi de esquerdas, moi independente e moi nacionalista". Calquera sabe que aquí non se xogaba nen as "culpas" de uns nen os "honestidades" de outros, nen a "pureza ideolóxica" de ninguén. O que se xogaba era o arredar do control político a un xeito de facer política e de facer nacionalismo e o final uns apuntaronse a unha idea e outros non.
Saúdos. "As arbores e o bosque"

apicultor dijo...

O comentario que eu lle fixen a Marcos foi de tipo xeral e privado, nun ton que pretendía ser irónico e mesmo choqueiro. Para nada tiña a pretensión de analizar un asunto que me queda lonxe e ao que son alleo. Nin tampouco pretendía informar de nada, pois a información política que Marcos recibe só procede de escoitar a radio.

Dito isto, lamentablemente teño que dicir que a expresión irónica e choqueira usada por min ten bastantes visos de ser certa, dado que tamén se vén a este blog coa mesma loita cainita e suicida ventilada sen recato nos medios e nos diferentes blogs ou foros. Botar lixo por riba uns dos outros, como acaban de facer algunhas das intervencións anteriores, non me parece forma de reconducir un proxecto político.

Pero alá eles. A min, desde logo, que non me pidan contas. Item máis, así como nas municipais e autonómicas anteriores comentara aquí -Saavedra hase lembrar- que ía votar ao BNG, tampouco me corto agora un pelo en dicir, nesta ocasión, que non conten co meu voto. Xa sei que unha faba non fai caldo, pero teño a sensación de que os cociñeiros se están a pasar de tal maneira nos ingredientes que vai ser moi díficil tragar tal condumio. E ademais veñen as calores e o que apetece son cousas frescas e non rancias.

Anónimo dijo...

apicultor, acúsasme de traer a este blog loitas cainitas cando recoñeces que lle transladaches información falsa a Marcos, quen, seguro que de boa fé e movido polo teu comentario, é quen transladou este debate cainita á rede.

A miña intención era só transladarlle outra información a Marcos, para que el tamén poda valorar.

Así que non vou discutir contigo, o que eu quería facer que era informar, xa está feito. Ti vota a quen queras, pero a Marcos non lle voltes mentir. Non o merece

Anónimo dijo...

"Baltarismo": xeito que teñen de facer política en Ourense o PP de Baltar, o PP de Feijóo,o PSdeG e máis o BNG (emprego enriba ou abaixo)

Mix dijo...

Estimado Marcos
Onde ti ves unha "sopa de siglas", eu vexo a pluralidade interna que non se inventou no 2010 senón que é patente de corso do BNG desde a súa formación.

Onde outros elixen a dedo os seus candidatos e a militancia non pode máis que avalala baixo risco de caer na disidencia, a militancia do BNG participa -máis masivamente que en toda a historia- na selección dos seus candidatos municipais.

Onde ti ves unha "loita polos despoxos", eu vexo a elección dos candidatos municipais da maior forza política galega desde hai moitos anos e que seguirao sendo por moito moito tempo.

Anónimo dijo...

Habería que preguntarse sobor da conformidade e idoneidade das listas que comparecían o sábado. Máis ala de que Mata se enrocase en posturas para perpetuar o seu liderado, habería que preguntar á candidatura "independente" pola capacidade de traballo dos seus numeros 2, 3, 4, 5,6.... deixando fóra a persoas que teñen amosado unha e outra vez alta capacidade de xestión e responsabilidade política, ao meu modo de ver. Habería que preguntar tamén ao "home bisagra" por quen prefería el decantarse, e se está completamente desbotado que entre en posición preferente na lista gañadora hoxe. O debate envenenouse porque, visto dede fora, só falou unha parte e non outra, e por un hermetismo e unhas dinámicas totalmente inoperantes e anacrónicas que están a levar ao nacionalismo as páxinas máis esperpénticas da súa historia recente. Antes de emitir xuizos sobre o licito de como acadar unha postura de dominancia política habería que revisar 3 anos de xestión municipal e pensar, por unha vez, na cidade e non no BNG.

MS dijo...

Ao fío do que comenta o anterior anónimo, a pregunta que habería que facerse é a seguinte:

Nestes momentos de posible baixada de votos do PSOE (cun posible ascenso do BNG), ¿está o BNG a presentar nas as vilas e cidades galegas os mellores candidatos (os máis capaces, os que conectan mellor coa xente, etc) ou están a poñer os que tocan por pertencer a esta ou a aquela parroquia?

Alguén pode responder a esta pregunta?

Rosendo dijo...

"A nós non nos convén que o BNG se desfonde".

r dijo...

Non defendo a UPG, pero se gañou foi poque ten maioría, que tería que facer?, renunciar a gañar?.
A quen non lle guste, pois que discrepe, pero recoñecendo que perdeu e que en democracía as decisións tómanse por maioría, co conseguinte respeto polas minorías.
Ou é que unha minoría ten vocación de iluminada e pretende que a maioría se autoinmole e lle deixe a ela o liderazgo?.
Se hai quen non soporta esta decisión democrática, o mellor é que se de de baixa, se vaia para casa ou se aventure con outro grupo político.
Todo o demais son sintomatoloxías de resentidos, de acomplexados que precisan unha sesión psicoanalítica dalgún politicólogo arxentino.

xOsse dorrío dijo...

Nas municipais de 2007 12253 persoas votaron ao BNG (entre elas eu, cousa que non volverá pasar). Cústame entender que esta organización -e calquera outra- poidan elexir a un candidato sen ter en conta a quen realmente son os que diciden quen goberna, cústame entender que sexan 125 persoas, si óamente 125 persoas, as quevotaron a favor da lista gañadora, as que decidan por esas máis de 12.000 que nás pasadas eleccións votamos BNG.

Agora moitos dos que ían na lista perdedora, submisos por fora, rabeando por dentro din estar co BNG, apoiar ao BNG, traballar polo BNG. Eles estarán, claro, apoiarán e traballarán, mais non son máis que un puñado de persoas entre os miles de votantes do BNG, persoas nas que nos víamos representados pero agora, os que copan esa lista, non nos representan polo tanto, non lles votaremos.

Calculando que máis da metade dos nacionalistas non nos vemos representados nesa lista (+/- 6.000 persoas) máis os votos que acadaron as forzas minoritarias (DO, PG, TG, EU,... outras 6.000 persoas), existen probabilidades reais de construir unha forza local, unha irmandade local, que teña capacidade de decisión (ollo, non confundir con gobernar, iso debería facelo a forza máis votada, con ou sen maioría absoluta) na cidade de Ourense. A iniciativa corresponde a estas forzas minoritarias... si son capaces de abandonar egos e proxectos individuais e atopar o común denominador -OURENSE- poden acadalo. Adiante!

Anónimo dijo...

A cuestion mais grave para min é isa. Que un sector da militancia, moi pouco representativo por outra banda (gañen un, gañen outros) decida quen representa un sentir nacionalista na práctica local. Dicir esto non é cuestionar a democracia, r, ou cecais si, porque en calquer caso é un sistema máis que cuestionable. Os resultados foron máis que axustados e a lista actual non ten lexitimadade algunha (tampouco a teria a outra, supoño) e nin sequera aporta continuidade. A consecuencia veráse nas municipais e será catastrófica. Ogalla o plantexamento dunha unidade localista vaia adiante, Dorrio, pero os egos hainos dentro e fora do BNG. E as cousas demostranse na xestion, nos na carreira electoral de ultima hora. Non dou un peso.

apicultor dijo...

Anónimo do jue jun 17, 08:46:00 AM:

Mira, meu, non me veñas coas túas andrómenas. Ti que sabes ou deixas de saber do que eu lle puiden contar a Marcos? Polo modo nesgado que tes de ler e de interpretar as cousas, ben se ve que es parte interesada nesta movida. Pero a min déixame fóra dela, que paso, Ok?

EXPERTO EN DESPOXOS dijo...

Se estades interesados en esclarecer os feitos até o último detalle e resolver o caso satisfatoriamente para todos os implicados e mesmo para os leitores ocasionais deste blog tan prestixioso, que os pobres veñen aquí a pasar un bon rato e ao mesmo tempo aprender un chisco, pois xa se sabe que aproveitar para darlle folgos á formación cultural non está rifado con pasalo ben e mesmo saudar a don Marcos, que o revolucionario non quita o elegante, non duvidedes en requerer os servizos deste EXPERTO EN DESPOXOS e "sabueso" infalíbel, que onde pon o ollo da intuición pon a ferramenta do esclarecimento. De momento, e para que se vexa que son un tipo serio e que non estou disposto a deixarme levar pola corrente, non exculpo nen ao señor Apicultor na responsabilidade dos feitos. Home non. Un ex-militante da LIÑA PROLETARIA do PARTIDO INMACULADO acostuma a examinar exaustivamente todos os detalles e a rexeitar a faramalla retórica que non fai mais que despistar. Prometo discreción e traballo meticuloso e altamente resolutivo. O dito.

un que sabe dijo...

Pois a UPGé xa leva 5 e 1/2 das sete cidades. Falta Coruña para que as tropas nacionais acaden os seus derradeiros obxectivos. Proximamente nesta pantalla.

Verdades coma puños dijo...

O que di que a cabeza de lista de Ourense é independente pensa que a xente é parva e que Marcos é parvo. Que Isabelita non teña carnet da UPG non quita que sexa unha perfecta corifea da UPG, unha mandadiña pola conta que lle ten: ter un choio ben pagado e moi cómodo, lonxe do salario máis baixo como profesora e de ter que viaxar a un instituto a aturar todos os días os rapaces. Ou pensades que somos tontos? Hai moit@ fuxitiv@ da tiza metida nos partidos e nos sindicatos, sobre todo mestres de primaria e profesores de instituto. Iso de preparar o día anterior as clases, levantarse todos dos días ás 7 da mañá, quitar o coche do aparcadoiro, ter que ir dar clases a unha media hora ou máis da casa, corrixir exames e libretas, ser titor e aturar os pais e alumnos, acodir ás avaliacións, facer as programacións e memorias, etc., todo isto dá moito traballo e moita preguiza de deus. Moito mellor é -onde vai parar!- levantarse e almorzar tranquilamente cando a un lle dea a gana, acodir á oficina municipal, intrigar un pouco, ir tomar o café das 12 cos colegas, dar unha rolda de prensa, saír na foto, ect., etc. E todo por auténtico patriotismo e vedadeiro servizo á comunidade. Veña, xa, ho, que non somos parvos nin nacimos onte.

Xosé M. González dijo...

As Uvas, nun dos seus clásicos. BNG como problema e Apicultor como tema de anónimos. Non se enfade, Api, que isto trae saudades.

XDC dijo...

O BNG ourensán vai camiño de ser una partido "residual", ou "testimonial", coma CG, e eses outros?

Anónimo dijo...

Pois meus amigos se a UPG se fai co control absoluto, ou case do BNG, aqueles a quen tanto disgusta, a que agardan para por en marcha un novo partido?. Ou pensan criticar e criticar e nada mais que criticar, sen facer política, sen nunca pasar a acción...

r dijo...

O BNG está paralítico pola esquerda cunha UPG incapaz de presentar un proxecto de pais, tamén o está polo centro con hipercriticos anti-UPG que se mostran cada día que pasa como impotentes polícicos, e pola dereita co galeguismo fagocitado.

Anónimo dijo...

A UPG non é esquerda. A ideoloxía para a UPG é unha simple coartada coa que exercer de axencia de colocación dos seus membros sen oficio nin beneficio. Así de sinxelo.

XDC dijo...

Joer, último anónimo. O rei está nuo.

Anónimo dijo...

O obvio é que na UPG non hai pensamento nin ánimo de acción, están por acadar poder e xestionar ou que llo xestionen, ais ideas: autodeterminación e socialismo, fóronse coa súa xuventude. A UPG é un proxecto rematado, un zombie politico con capacidade para intimidar, pero non hai vida no seu interior. Hai que ir pensando e actuando cara outras cousa, hai que abrirse ao pensamento, a contixencia da realidade e actuar, hai que orientarse en transformar a sociedade galega cara a súa a súa autodeterminación e a xustiza social, pero non como din os Quintanistas-Mais Galiza: abrirse a sociedade, porque está tal como é non resulta satisfactoría para un nacionalista e hai que transformala.

r dijo...

Rindamoslle honores a UPG, como escola de nacionalistas, e tamén de traidores e resentidos homenaxeemos a súa grande contribución a Galiza, festexemos os seus logros, felicitemos aos seu membros mais destacados e de seguido poñámonos en camiño de novo, con o sen UPG.

crisnamurti dijo...

A UPG é inmortal, nunca vai morrer. O glorioso partido comunista patriótico ten unha nova camada de cachorros dispostos a coller o timón e a levar o nacionalismo ás maiores cotas de irrelevancia e inanición, mentres eles atopan abeiro laboral e económico. O futuro non importa, o que importa é o presente: chupar do teto mentres dea leite, despois xa o altísimo proverá.

Ederonio, bispo Auritano dijo...

Verdades como puños, verá, o piore do ensino non lle é todo o que vostede recita. Sonlle os putos compañeiros o piore do traballo.

Anónimo dijo...

A ver, Ederonio, que lle fixeron, ho, conte, conte...

Adulfo, espicopum Auriense dijo...

Para actuar cos alumnos hai protocolos, e se a dirección responde coñecese ben o papel de cada quen.Duro, pero hai recursos.
O malo son os putos compañeiros, vanidade das vanidades, o estilo comunicativo é podre e non se decatan ( non todos). Hainos mandós, agresivos, inquisidores, chivatos, medradores. Outr@s tenhen un trastorno obsesivo e falan de que son moi competentes. Competencia para aplicar a rajatabla ( obsesivamente) as normas da consellería. Creatividade nula....

O peor dos traballos todos, non do ensino, é manexar as relacións cos putos chimpancés.

Na política é igual. E non hai recursos nin protocolos para substanciar eso antes dunha asanblea.

Dame que no bloque de ourense aconteceu parecido. Non creo nas grandes diferencias de "ideoloxía" ou praxis. Podreceu a nivel personal. Porque organizacionalmente somos inmaduros. Todos. Pero a dereita gánhanos en disciplina.

Sigho noutro comentario.

lobo neghro dijo...

No psoe é o mesmo, encóntrome con un matrimonio de compañeiros. El tivo cargos, aghora tócalle a ela.

Afirmo: estou cansado ( de traballar). Contestación dos vaidosos.
"Tendes catro meses de vacacións".
"Eu traballo moito maís ca ti" ( dirixíu un hospital comarcal e cando o fun visitar afirmaba plácidamente, sen stress ningún, que todo era comunicación, lalalala, cos pacientes e reunionciñas).

Collínlles can. Sucios funcionarios dos collós que o único que fan é ter reuníons, ter tempo, estar na nada e aplicar os manuales do que outros levan feito e estructurado, do que outros levan inventado. Lembro sempre: "os administrativos acaban meréndandose e explotando ós creativos", aplícase tamén a Stalin coméndose á Trosky. Foi sempre así. E agora vexo que a política está inzada de administrativos ( funcionarios dos collóns, con perdón para os collóns).

Fédeme. Este tipo de cousas tan benignas implican navalladas posteriores. Sí. Non vos riades.
Eu tiña que descargarme emocionalmente, sexa queixarme e dicirlles: "Non tendes nin puta do que é o noso traballo, non quero que me dirixa xente coma vós, arrogante e vaidosa, corta de información, simple de visión".

Ninguén sabe que desde o día 28 deste mes vou liscar ó estranxeiro a adeprender inglés por miña conta e risco ( 3000 ouros), sin papatanadas de merdaxuda da xunta. Que todos os vraus nunca tiven máis dun 15 días de vacacións auténticas porque lle dedico o resto a formarme.

Entón recordo cando a muller deste individuo, a dos catro meses de vacacións, lle mamou a polla ó actor ese que puxeran, eles e o especulador de carballiño, mamoulle-la para poder ir na lista. Fíxolle a pelota dun modo indigno. O paco, alias o enano, ( que é eso de pakinho?,ou Francisco 1º o triste?, de que cona vades?) Pako o enano de Palmés, repescouna, repescou a todo o mundo, Paco é boa xente, pero esta tipa,a que nos acusa de ter catro meses de vacacións,para poder entrar perdeu a dignidade.

Antes deso cando o tripartito perdeu no 89 virou o casaco e fíxolle a pelota ós do pp para conservar o seu posto nunha administración da xunta. Antes deso mamáranlla a outra administración da que dependían, á nai dun candidato do bloque da lista de Isabel, chulería máximo.Protocastrón, Impórtame un carallo que fulanito sexa moi listo, que o é. ESpántame o seu peito botado para adiante, abrasando.Chulos de mierda!.

Bueno. Veredes estas merdinhas non temos onde substancialas. Neste blog. Non vale. Eu teño que decirllelo á cara, pero non nuha asamblea, sería o último. Non hai órgano intermedio onde os temas emocionais se liquiden. E os temas emocionais son os que nos liquidan a nós e fan que un concello como Manzaneda se volva tristemente ingobernable. Lesión , feridas emocionais....As nosas relacións están cheas de feridas emocionais, sexa nun instituto, sexa nun partido, máxime gobernando... e non sabemos xestionalas.

Ata pode que sexa normal.Acabamos de salir da merda, do analfabetismo das letras, da fame, da dictadura...e eso adquírese madurando, vivindo, andando. Lembro sempre: os cans de caza fanse cazando. E son tolerante co bloque, porque ten moi pouca moqueta pisada. E necesita as súas oportunidades.

Donnacona de Stadaconé dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Uffffffffffffffffff que sobredose mamasiña !!!!!!!!

lobo dijo...

Que quere decir eso de "mamasiña"?.
Se non o aclaras, non nos entendemos.

Anónimo dijo...

Oes, Lobo, e como fago eu coa que está a caer; contoche que queren que vaia na lista do meu pobo para as municipais, no Psoe; e a verdade é que hai posibilidades de chimpar o alcalde.
Aconséllame.
Que conste que non teño ningunha ambición política.

Verdades coma puños dijo...

Home non, comunistas patrióticos si, pero a vaquiña polo que vale. Estes da UPG téñeno moi claro: zugar e zugar todo o que se poida do erario público. Como se dixo anteriormente, a ideoloxía para a UPG é unha simple coartada coa que exercer de axencia de colocación dos seus membros sen oficio nin beneficio. Solidaricémonos con xente como Lobeira, Pontón e demais próceres da patria nosa.

Velaí:
El BNG rechaza frontalmente cualquier medida encaminada a reducir el salario de los cargos políticos y los funcionarios.
La posición que mantendrán hoy los nacionalistas ha suscitado algunas tensiones internas que han llevado a este grupo a revisar el respaldo tácito que mantenía hacia los recortes salariales. De hecho, el BNG defendió hace medio año una iniciativa popular para suprimir el plus de los altos cargos, mientras su portavoz parlamentario, Carlos Aymerich, le daba la semana pasada el visto bueno a la reducción de entre el 10 y el 15% que el Parlamento aplicará a las nóminas de los diputados.
No obstante, la Unión do Povo Galego (UPG), la fuerza mayoritaria del Bloque, puso contra las cuerdas a su portavoz, forzando un cambio en la posición mantenida hasta el momento.

Anónimo dijo...

E a que se debe que teñan que reducir os seus salarios?, farían o mesmo os funcionarios se non fose por vía impositiva?. Non, o que teñen é que baixar beneficios os bancos, as grandes empresas....non caiamos na demagoxia.

Anónimo dijo...

Señores deixense de UPG, non caian en manías compulsivas, organicen o seu partido e non perdan o tempo. Ser Anti-UPG vai resultar unha patoloxía delirante.

Verdades coma puños dijo...

Débense baixar os soldos por un feito ben simple: a solidariedade cos máis desfavorecidos. Nunha situación de grave crise económica e de gran incremento de parados, a inmensísima maioría dos cidadáns no gozan dos privilexios nin dos altos salarios dos deputados e demais persoal político. É intorerábel que se agrande a fenda entre a "clase política" e o común dos mortais. Moito falar coa boca grande de estar en contra do "sistema" e despois beneficiarse coa boca pequena dese sistema: ser parte acrítica e ben mantida desa "clase política". Hipocresía chámaselle a iso. E si, que lle metan man tamén aos bancos e ás grandes empresas. Pero dicir isto non pode servir de coartada para o anterior. Aínda recurtando un 10 ou un 15% dos salarios dos deputados, estes seguirán a gozar de grandes privilexios e dun salario moi elevado.

Ah, por certo, quen lle informou ao señor Valcárcel con antelación de que a UPG copou as cabezas de seis das sete cidades, acertou, porque ese foi o resultado final.

Anónimo dijo...

O que haberìa é que subir o soldo da xente e non baixar os dos políticos, equiparalos. O contrario é demagoxía. A crise que a pague quen a provocou: os financieiros e o grande capital. Solidarizarse optantando pola pobreza é vergoñento e inaceptabel para a dignidade das persoas. Se lle facemos caso tampouco comeríamos por solidariedade cos paises en que hai fame. Demagoxia e o seu señor.

Anónimo dijo...

Non sei porque a xente de por aquí lle quere tan mal ao BNG?

Anónimo dijo...

Si, home, si.

Verdades coma puños dijo...

A simpleza do anónimo das 04:11:00 PM é conmovedora.

Anónimo dijo...

Pois a complexidade de Verdades como Puños unha puñada a intelixencia.

XDC dijo...

Esto todo arreglábase có Esperanto, dígovolo eu. ¡Esperanto obligatorio en todo o mundo!.

lobo neghro dijo...

Eu prefiro o sánscrito, dacova, e tamén estou tentado por o Arameo.
O Arameo, a lingua do noso señor.
Sánscrito, lingua universal.
Arameo, segunda lingua estranxeira.