15 oct 2010

A ÉPICA DO FÚTBOL
Marcos Valcárcel

Se me visen hoxe os alumnos, quizais non me coñecesen. Primeiro, polo aspecto quixotesco que agora gasto, lonxe do perfil orondo doutros tempos. En segundo lugar, polo fútbol. Non me gustaba o fútbol, nunca vira un partido nin sequera xoguei de neno. Iso convertíame nun alieníxena para os rapaces. Ademais sorprendíame a fascinación por este deporte de escritores como Eduardo Galeano, Juan Cruz e Carlos Casares.
Hai uns meses, atraído polo fenómeno Leo Messi, vin algúns partidos do Barcelona. Despois viñeron os Mundiais e xa me engancharon. Entendín entón a épica do fútbol como unha forma pacífica e ritualizada de modernización das vellas loitas tribais.
O fútbol ten unha vantaxe que o fai moi humano: o principio de incertidume, que fai posible que un equipo menor como Escocia llo poña difícil á actual campiona do mundo.

(Para Carlos Varela, compañeiro en tantas andainas, en lembranza dos nosos paseos en bici.
Para Iñaqui e Juan, seareiros do Real Madrid, e eu do Barcelona por aquilo da dialéctica.)

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Querido Marcos, a min pasoume coma ti. Eu nunca fun quen de "tragar" un partido enteiro, nin entendín nunca a afeción de amigos e familia polo futbol. Entón chegou a miña vida un cuñado catalán e un profesor de inglés irlandés, e todo mudou. A paixón dun polo Barça e as explicacións doutro sobre o significado e o valor da épica do futbol, fixeron que me fixase nel. Foi así como descobrín un mundo tan atrainte e interesante como este blog que sigo desde hai anos. Vamos, que o futbol, como a vida e o blog nunca deixan de sorprenderme.

Adrián Solobio

detective crepuscular dijo...

Corría o ano 1980, 1981 ou 1982; non creo que fora no 1983. Eu chegara a finais do 1979 a Barna e EL xa andaba por aquí. Con EL dei os primeiros pasos polas ruas e lugares desta cidade mediterránea. EL xa hai moitos anos que tornou ao seu povo, que tamén é o meu, e vive como sempre viveu; sai pouco da casa, e cuando sai arrasta a sua figura fuxidía e "quixotesca" (mui bon iso de "quixotesco", don Marcos, que o humor non se esfume) polas ruas, de tal maneira que para falar con EL hai que chamalo a berros e obrigalo pouco menos a que se pare a saudar aos amigos e botar un parrafeo. Un tipo ben curioso, mui boa persoa e gran xogador de futebol. EL fora xogador do Real Madrid, ou mellor estivera na órbita do Madrid naqueles anos de Grosso, Velázquez, supoño que Del Bosque, etc. Tiña eu 16 anos e aínda lembro aquela vez que o fora ver sen EL sabelo ao estadio do Couto cuando xa o noso home andaba no final da sua carreira futbolística estragada por mil e unha circunstancias que non veñen ao caso e na que pasara por unha chea de equipos de segunda e terceira división. Xogaba o At. Couto ou At. Ourense contra o Langreo, ou algo así. Nun campo "embarrado e impracticábel" (como dirían os cronistas da época), EL craváralle dous goles ao Langreo e eu coa orella aberta ouvía como a xente na grada gababa a sua mestría aínda viva. Pois ben, seguimos a primeiros dos anos oitenta do século pasado. Viñera o Madrid a xogar o partido de liga co Barça e EL fora ao hotel de concentración do Madrid a visitar aos amigos da sua época que aínda se mantiñan en activo, entre eles Miguel Ángel, aquel porteiro ourensano do equipo madrileño. Conseguiu duas entradas por medio de Miguel Ángel e levoume ao Barça-Madrid daquela temporada; o único Barça-Madrid que teño visto na miña vida en directo. Comezara marcando o Madrid por medio de Juanito, aquel pequenote adoecido e cascarrabias, que se emvalentonaba e pelexaba con todocristo e lle marcaba os tacos ao que se puxese diante. Un "rabeoso", chamábamos nós de pequenos cuando xogábamos ao futebol a quen tiña mal perder e se dedicaba a repartir estaca e empregar más artes para sairse coa sua. Marcou o carallo pequeno do Juanito e non se lle ocorreu mellor cousa que provocar ao público cun corte de mangas. Como é fácil imaxinar, un dos poucos que se levantou do asento para celebrar o gol de Juanito foi EL. Eu mandeino sentar, non fora ser que nos mangasen unhas ostias (a min, que son un culé de toda a vida e dos auténticos). A partir daquel momento, cada vez que o "rabeoso" tocaba o coiro, o barullo e os asobíos rebentaban o estadio. Empatara non sei quen do Barça, e xa nas postrimerías do partido (dirían tamén os cronistas de época) marcara Quini o segundo para o Barça. O estadio veuse abaixo e o "rabeoso" adoeceu de todo. Cousas do futebol. E da vida, dos paradoxos da vida. Xa ve, don Marcos, o que son as cousas: o único Barça-Madrid que vin na miña vida foi grazas ás entradas que un porteiro do Real Madrid lle deu a un amigo meu. Eu que son culé e antimadridista a mais non poder.

P.D. Don Marcos, cuando queira ver ao Messi, avise, que mal sexa que o detective non axencie unhas entradas nos baixos fondos da cidade.

XDC dijo...

Bueno. Ímonos quedando soliños os que pasamos ampliamente do espectáculo do fútbol (anque desde logo o valoramos como xogo ou deporte a practicar).
O da loita ritualizada entre tribus foi analizado fai xa moitos anos naquel libro do que se fixera un programa televisivo: "Las reglas del juego". Mesmo lin un libro, "Psicología del futbol" (ou psicoanális, non lembro ben) que fala, entre outras moitas cousas, de que por qué o fútbol adoita gustarlle aos homes, e non ás mulleres. Do gol como penetración sexual ritualizada, do choque do balón contra a rede como rotura sublimada de un himen...cousas así.
Sexa o que sexa, o fútbol e toda a sua carga simbólica siguen a serme totalmente indiferentes.
Imaxino que moita xente sigue con interés os partidos porque intenta gañar cartos nas quinielas. E tamén e sabido que os partidos de fútbol son instrumentalizados como loitas personáis sublimadas. Á maioría da xente fastídialle que perda o seu equipo sobor de todo por que algún coñecido se vai meter con él.
O Pobo precisa de ese tipo de "opios", está claro.

Anónimo dijo...

Home, Detective, é que o Roma sempre foi moito Roma; ainda o é agora cando xoga o dominó.
Dos poucos elegantes no campo naquela época, é un dos elegantes xogando o dominó, que neste xogo ainda quedan uns poucos na Ziralla.
Por certo,vostede tampouco lle daba mal a pelota, penso eu.
Saudos.

Anónimo dijo...

E ti que les?
Marcos, vemos que segues con ganas de traballar e que non te esqueces dos teus alumnos. Tamén descubrimos con sorpresa a túa recén estreada paixón polo fútbol, pero sabemos que isto non é óbice para manteres vivas as túas inquedanzas de sempre. Por iso, ímosche contar un proxecto que temos e para o que nos gustaría contar coa túa colaboración. Trátase dunha actividade de animación á lectura que xorde no IES de Sabón coa idea de que voces coñecidas falen sobre o libro que máis lles entusiasmou e que, por conseguinte, recomendarían. As diferentes opinións dunha serie de persoeiros destacados do mundo da cultura, da comunicación , do deporte e do espectáculo plásmanse nunha exposición titulada E ti que les?, que estará aberta á comunidade educativa do noso instituto ao longo do próximo mes.
Ben, pois cremos que nesta actividade non debe faltar a túa persoal aportación, ben tratando de dar resposta á cuestión proposta, ben facendo calquera outro comentario que che pareza interesante ao redor do mundo do libro e da lectura. Non dubides que calquera suxestión que veña de ti será algo moi valioso tanto para nós, os teus compañeiros, como para os nosos alumnos.
Por outro lado, temos a intención de organizar a exposición na biblioteca que, como ben sabes, leva o teu nome; e, tendo en conta todo o esforzo e entusiasmo que puxeches no seu funcionamento, dedicaráseche, por suposto, a ti.
Esperamos que a idea che pareza interesante e te animes a colaborar.
Unha aperta das túas colegas dos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá.

Anónimo dijo...

Lembro nos meus primeiros anos no Politécnico (hoxe Carballeira), 93-94, na biblioteca na primeira labor de informatización. Eu era a encargada de pasar as fichas o antigo DB IV que Uxía e Marcos organizaba. Aínda que cha choveu moito, lembro eses tempos con cariño. Unha aperta para todos.
Eva Robles

XDC dijo...

Non sei se sabedes que durante unha pequena tempada, fai moitos anos (cando tiña 19-20) arbitréi partidos de fútbol. Foi de rebote. Era eu daquela amigo de moitos futbolistas, profesionáis (entre eles o malogrado Lito do Ourense) e de "peñas", e acompañábaos aos partidos. Unha vez faltóu o árbitro nun deles, e convencéronme de que arbitrara. Chamáronme de todo, penséi que me mataban. Pero cando acabóu , dixérone que estuvera moi ben, anímáronme a arbitrar máis. Compréi o reglamento do Escartín, estudeino,e inda arbitréi uns cantos. Imaxino que os árbitros non deberían emocionarse có fútbol, cousa que precisamente me pasaba (e me pasa) a mín. Mágoa que non puden seguir, cousas dos estudos. Pero víñanme moi ben as 900 pesetas que me pagaban xa daquela, por partido.

ms dijo...

Celebro que Marcos Valcárcel actualice o blog, aínda que o celebraría máis se os outrora asiduos comentaristas volveran ao rego, é dicir, a participar neste invento.

Anónimo dijo...

Manuel Fraga Iribarne, Premio Otero Pedrayo.......Vaiche boa?

ms dijo...

O mellor é un dos titulares de Xornal:

O PP impulsa un premio a Fraga pola Lei de Normalización que ignora

Impaís!

Xosé M. González dijo...

Que non faría vde., Da Cova?

De tan variadas experiencias procede, xaora, moito coñecemento sobre este país. No do espectáculo futboleiro (en ámbito nomedamente rural, supoño que probablemente), quédome cunha pasaxe: Chamáronme de todo, penséi que me mataban. Pero cando acabóu , dixérone que estuvera moi ben, anímáronme a arbitrar máis. Realmente auténtico.

Carlos Varela dijo...

Dis que non xogaches de neno, mais eu ben sei daquel día no Instituto que mesmo te vestiches para xogarmos cos alumnos. Poucas veces como naquel partido unha intervención pública do Marcos puido recibir tan poucas loanzas.

Unha aperta moi forte.

Anónimo dijo...

O proximo Otero Pedrayo pode que llo dean a titulo postumo a outro insigne galego: Francisco Franco Bahamonde.

jr dijo...

jr

Eu tamén xoguéi un partido, fai dous ou tres anos. Deses de "integración de culturas" ,na nosa cidade de Ourense. Por un lado, ourensáns "de sempre", e por outro, inmigrantes, case todos senegaleses. Cando nos levaban sete goles de ventaxa, díxome o árbitro, o Bernardino, de Primeira División: "Salide dous ou tres máis, que ainda que sexades 14 contra 11 ,fago coma que non me entero".

detective crepuscular dijo...

Don Marcos, permítame un desafogo futboleiro, por mais que tal cousa, en tempos de crise e eleicións, soe a frivolidade. Todo o mundo fala do Mourinho ese, e eu non vou ser menos. Non aturo a ese personaxe sombrizo, bocapodre e despreciativo (sobretodo cos mais febles). Fíxese como comeza as suas confesións un exmourinhista no Avui de hoxe: "He pecat o millor dit, vaig pecar. Fa un parell d'anys em declarava un mourinhista convençut després de veure la feina que havia fet José Mourinho al Porto i al Chelsea. Tenia una bena als ulls, que no em deixava veure la personalitat obscura, desafiant, hipòcrita, maleducada i canalla de Mourinho. El veia com l'entrenador ideal per al Barça..." Eu, qu nunca fun mourinhista, cuando daquela se falaba del e de Guardiola para adestrar ao Barça, montei en cólera blaugrana e dixen para min: Se este elemento ven ao Barça, rompo o carné que non teño e doume de baixa. Foille ven no Porto, aumentou de categoría no Chelsea, subíronselle os fumos á cachola, conseguiu os tres títulos co Inter, trouxérono á Casa Branca (Dios los da y ellos se juntan) e pensa que por pertencer á Casa Millonaria de Don Florentino Bernabéu Di Stéfano y Butragueño pode mallar e desprezar a quen se lle poña diante. Que méritos ten o personaxe, ademais de gañar de calquer maneira e a calquer prezo, que precisamente por iso foi para o que o trouxeron ao Real Madrí? Basta con gañar para ser admirado polos que non somos da Caverna Madridista? Contaba o outro día un do Inter que xa non podían mais, porque o Mourinho turrara tanto deles que os deixara exaustos. Velaí, pois, o mérito do elemento portugués: Botar mao do talonario dos magnates presidenciais dos equipos nos que entrena, formar equipos de mercenarios coñecedores de todos os trucos e marrullerías para gañar os partidos, ufanarse e botarlle en cara aos rivais os trofeus conquistados e ao cabo de dous anos cambiar de aires porque xa non pode tirar mais rendimento dos mercenarios escollidos para a gloria (misérrima). Confiemos que este ano o Barça o poña no seu sitio. E se non é o caso, que triste o que estamos vendo e o que nos queda por ver. Que elemento ese Mourinho, Don Marcos.

Balonga dijo...

No ano 1975 o Barça con Agustí Montal e Raimon Carrasco... deulle a Medalla de Ouro ao Xeneralísimo Franco.
Con Joan Laporta de presidente máis de 3.000 socios asinaron para que lle retirar a medalla ao Xeneral.
Pois non lla quixeron retirar, demostrando que o Barça é máis ca un clube. De certo que é moito máis,e que non é ouro todo o que reluce, salvada a medalla que si que escintila.

Quen isto escribe nin foi nin será madridista, mais a verdade é revolucionaria.

detective crepuscular dijo...

Tes toda a razón e nada teño que obxectar. Agustí Montal, xuntas directivas e outras politiquerías conxunturais aparte, a "verdade revolucionaria" no meu caso é que o Barça foi como a miña primeira militancia na "clandestinidade antifranquista", e esas cousas marcan para sempre. Teríamos que remontarnos aos mais tenros anos de internado no colexio onde estudiei e como cuando xogaba aquel Real Madrid Invencíbel e Mimado polo Réxime (non me perguntes por que, pero notábase, percebíase no ambiente) dos Gentos e Amancios paraban as actividades académicas ou extraacadémicas e baixábannos ao salón de actos a vibrar e aplaudir e dar saltos e abrazos de xúbilo pola Vitoria do exército simbólico do franquismo. Os dous ou tres que non vibrábamos, nen aplaudíamos, nen dábamos saltos, tíñamos que fodernos ante aquela demostración exultante de triunfalismo vitorioso e ficar calados e amargados no fondo da butaca, soñando con que o Barça ou calquer outro daqueles que xogaban contra o Real Madrid nos liberase daquela ditadura balompédica de signo claramente reximental. Tal como cho conto, sen entrar en mais detalles. Esa é a miña mais íntima "verdade revolucionaria" a respeito destas cousas irracionais vencelladas ao coiro. O Montal, o Laporta... Aínda que tiñas que ver o ben que fala do valeroso "independentista" un que hoxe escrebe na Vanguardia e que foi da sua xunta. En fin, que eu o Palau de la Música ténoo mais asociado a Raimon e Lluís Llach e a tanta xente honrada que ten traballado por e para mantelo vivo, que a Millet e Montull. Saudos.