ANDOLIÑA venres 10 marzo
COLUMBARIOS NAS IGREXAS E NOS ESTADIOS
Marcos Valcárcel
Santi Bach é o xerente de Marcs Urnas Bach, unha empresa funeraria catalana, de Terrasa, que fabrica columbarios para gardar as cinzas dos seres queridos. É un mozo aínda novo, con cara de espabilado, a xuzgar por unha foto que vexo en “La Vanguardia”. Dedícase a isto de preparar os mortos na súa despedida e afirma que o 80 por cento das persoas incineradas non queren ir parar a un cemiterio. E está a fabricar columbarios para instalar no interior das igrexas: xa está autorizado, di el mesmo, polo arcebispado de Oviedo.
Así, a Igrexa recupera o culto ás exequias cristiás dos defuntos, ademais de lograr unha relevante (e seguro que necesaria) fonte de ingresos. A compañía fará columbarios murais con escenas cristiás axeitadas á decoración de cada templo: seica xa os instalaron na cripta da parroquia de Santa Bárbara en Madrid. Tamén planean facer o mesmo en estadios de fútbol de Madrid, Barcelona e Sevilla, pois hai moita demanda ao respecto: son moitos os afeccionados que queren repousar ao carón das colores do seu equipo de toda a vida.
Agora si que se pode dicir que o fútbol é unha relixión. Os pregos que alí se escoitan poden ser un pouco subidos de tono, pero ...
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
1 comentario:
O do Real Madrid vai ter un éxito incríble. Hai moito siareiro que preferira estar enterrado no seu estadio no canto de estalo cos seus deudos. Así é a xente!
Publicar un comentario