10 mar 2006

DESPOIS DO 8 DE MARZO

O máis triste de celebracións tan necesarias como a de hoxe, Día da Muller Traballadora, é comprobar a lentitude con que se move o mundo: os xornais publican resumes de informes presentados por sindicatos ou grupos feministas que son case idénticos aos xa presentados hai un ano (velaí as hemerotecas cos titulares repetidos). Algún día cambiarán as mentalidades, por suposto, e daquela non veremos novas con encabezados coma este: A metade das mulleres maltratadas sente compaixón polo seu agresor, ás veces tamén con amor ou afecto. Como tantos escravos que amaban, de seguro, aos seus señores noutras épocas. O río da historia móvese de vagariño e o futuro están nas mans desas nenas que estes días debaten na escola sobre a muller e a igualdade. Algún día verán estas miserias coa distancia coa que hoxe vemos na TV unha película de escravos na afastada Roma do mundo clásico.

No hay comentarios: