26 mar. 2006


Noraboa a Xurxo Sierra Veloso, premio Risco de Creación Literaria
O compañeiro do mundo blogueiro Xurxo Sierra Veloso vén de facerse co VII Premio Risco de Creación Literario, concedido na miña cidade e por un xurado do que formaban parte os profesores e críticos Anxo Tarrío e Camiño Noia, entre outros. O orixinal premiado leva o título "Os mércores de Fra" (véxase a información que publica GALICIA HOXE) e antes xa publicara as novelas "Os ollos do rei de copas" (Ed.do Cumio, 1994) e recentemente "Licor de abelá con xeo" (Ed. Sotelo Blanco).
Está é a súa ficha literaria na web da Editorial Sotelo Blanco:
Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969). Licenciado en Filoloxía Galega, traballa na Escola de Maxisterio de Zamora. Foi director e presentador de Os mundos de Horacio Oliveira, programa radiofónico de contidos literarios, e responsable da edición de “Era un son de buguina”, escolma poética do escritor muradán Agustín González López. Publicou a novela Os ollos do rei de copas (1994). Con Licor de abelá con xeo foi finalista do Premio Lueiro Rey de Novela Curta no ano 2005.
Noraboa de corazón por ese de seguro merecido premio.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben, pois noraboa. Pero que tal son as súas novelas anteriores? Pode darnos unha opinión crítica. É que eu non lle lin nada e quixera asesoramento.

Veloso dijo...

Moitas grazas pola amabilidade e a felicitación. Para min é unha satisfacción enorme gañar un premio chamado Risco. Agardo que nos poidamos saudar o día da entrega do premio. Un cordial saúdo e mil grazas de novo.

marcos valcarcel dijo...

Para usuario anónimo: ata agora os únicos textos que coñecía de Xurxo Sierra Veloso son os que publica no seu blog (rei de copas), ben interesantes por certo, textos sentidos, con raíces. Hai uns días un compañeiro e amigo (creo que tamén amigo de Veloso, en todo caso comparte con el xeografías literarias e espirituais) pasoume a súa novela "Licor de abelá con xeo". Empezei onte con ela e o que levo lido gustoume: ben construída, sen solemnidades innecesarias, cun axeitado sentido do humor, xogando moi ben coa ironía, etc. Ofrece unha mirada simpática sobre algúns riscos do noso mundo literario e con acertos ben graciosos: por exemplo, ese concelleiro de cultura, empresario e sempre pendente dos seus negocios aínda presente no xurado literario: empresario de pompas fúnebres. Cando a remate poderei opinar con máis vagar. Saúdos cordiais.

acedre dijo...

Eu tenho ganhas de ler os libros del. Hai varias persoas no blogomillo que os leron e todos dan boas criticas.
Estou ledo de que o blogamigo Veloso levase outro premio literario.

torredebabel dijo...

eu teño que decir que só lin (estou lendo) Licor de avelá... e non son capaz de interrompir a lectura cando a viaxe en metro termina.

Bóveda dijo...

A miña máis sincera noraboa a este gañador. Eu tamén fun un dos aspirantes.