21 may 2006


ARRAIANOS
Pan por Pan domingo 21 maio
Hai xa anos que naceu Arraianos, asociación “que se ergue como unha cornamenta épica de vaca cachena sobre os planaltos desa fronteira que se debruza entre Galiza e Portugal” e que inmortalizou a estirpe ferriniana nun dos seus mellores libros, co mesmo nome. Dese pulo sae a revista “Arraianos” que chega nesta primavera ao número 5 con colaboracións de Riveiro Coello, Viale Moutinho, Xurxo Sierra Veloso, Domínguez Alberte, Fran Alonso, Ramón Nicolás, etc. Tamén deste cronista que aquí asina (que esculca na presenza de Curros na prensa de Celanova). Nesta entrega hai valiosos traballos, entre outros, sobre as máscaras de inverno nesa zona (por José R. Cruz), sobre os signos lapidarios da Torre de Vilanova (Mascareñas Alonso) ou mesmo unha peculiar lectura dos relatos de Ferrín polos psiquiatras David Simón e Emilio González. Velaí unha das revistas comarcais máis dignas do país. (En www.arraianos.com figuran os sumarios dos cinco números anteriores da revista).

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois a min todo este rollo dos arraianos, da raia seca e do Couto Mixto, xa me aburre considerablemente.

Anónimo dijo...

Si, home, si. Os arraianos sonvos os da raia (Lobios, Entrimo, Calvos de Randín, etc) non os de Celanova.

Anónimo dijo...

Verdá coma unha casa Sr Roi, non se raie vostede.
Deixe que tracen a raia ata onde lles pete, pódena parar no fonte do cano do Alto do Viero, traela ó cano do chafariz de Celanova, deixala no cano da fonte do Toxedo de Rabal, ou levala ó cano da Burga Grande, ou continuar...
¿Pero a nosa máxima non era + e non - ?.
Certo que hai cousas que cansan pero...porompompero...
XulioDRabal

Anónimo dijo...

Non dixen que os arraianos e os de Celanova fosen os mesmos. O que quixen dicir é que todos estes rollos "neolocais" abúrrenme. Non é que os despreze, simplemente paso deles. Ademais, non son de Ourense.

Anónimo dijo...

Desculpa usuario do carallo... mais co teu anonimato delátaste como ser gris e noxento. Se non sabes do que falas... mellor que feches a boca.

Neolocal serás ti, e neolítico, por certo. Máis universal que a Revista Arraianos, só as voces ancestrais que me animan a rebatir argumentos de energúmeno provinciano.

Amén...

Por certo, en www.arraianos.com non só están os sumarios da revista senón os pdfs de baixa resolución...

Anónimo dijo...

Sobre a delimitación do triángulo arraiano... amigos das raias artificiais, simplemente convidarvos a ler Arraianos, o mellor libro de relatos da literatura galega.

Triángulo arraiano: espazo espiritual comprendido entre Celanova, Montalegre e Arcos de Val de Vez.

Amén

Anónimo dijo...

Arraiano, agora non me queda máis remedio que dicircho deste xeito: es un neotonto do capirote, e noxento serao...!

Voces ancentrais? veña xa! vai tomar máis queimada, que é o único que sabes facer ben. Neopaspán, que es un neopaspán.




Ah, por certo, o libro de Ferrín lino cando ti andabas a axurdarlle ao cura na misa de sancristán.