CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL: 1922, O ANO DO "MÁIS ALÁ"Como todos os domingos, dende o pasado mes de xaneiro, sigo co meu percorrido polo século XX na nosa historia cultural, no xornal
galicia hoxe. Este domingo a cita é co ano 1922 e eiquí deixo a
ligazón: foi o ano do manifesto
Máis Alá de
Manuel Antonio e
Álvaro Cebreiro (fago algunhas referencias breves sobre a súa recepción na prensa galeguista en en
La Zarpa). Tamén cando empezaron a saír os magníficos volumes de narrativa breve da
colección Céltiga: Xaime Quintanilla, Gonzalo López Abente, Castelao, Eladio Rodríguez González, etc. Iniciábase unha etapa de auténtico esplendor das Letras Galegas que duraría xa ata 1936. E o momento do nacemento en Vigo do xornal
Galicia, aquel espléndido xornal liberal e galeguista. Tamén foi o ano en que naceron, entre moitos outros,
Luz Pozo Garza, Tomás Barros e María Casares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario