A mocidade manipulada?(Pan por Pan sábado 13 maio)
A través de Internet convocouse unha gran sentada o domingo por unha vivenda digna para os mozos: en Compostela vaise facer no Obradoiro. A nova parece positiva. O primeiro que pensei foi no exemplo francés: os rapaces do botellón tamén saben organizarse e reclamar o que a sociedade lles prometeu (“Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada”: artigo 47 da Constitución). Pero logo lin unha entrevista con
Juan Luis Pintos, escéptico ao respecto: para o sociólogo de Compostela nada nace de xeito espontáneo e pensa que esta sentada está promovida polo “folclore inmobiliario”, isto é, os intereses das construtoras que se senten ameazadas polas medidas contra a especulación urbanística. Quedei pampo. Será esta unha nova estratexia para manter o negocio do sector inmobiliario utilizando aos mozos? As fórmulas de manipulación hoxe son tan delicadas, que vai ti saber… (Imaxe: a Judith coa cabeza de Holofernes, de
Lucas Cranach)
No hay comentarios:
Publicar un comentario