13 may 2006


Sorpresa: Carlos Casares ten estación ferroviaria...!
Aínda que teño varias fotos de Carlos Casares na miña colección particular, busquei unha foto na rede para ilustrar un post anterior.
E encontreime (eu non o sabía) con que existe unha cidade Carlos Casares, capital do partido homónimo, ubicado no centro-oeste da provincia de Buenos Aires, Arxentina.
E máis simpático aínda: ten unha estación ferroviaria que leva o nome do escritor, docente e presidente arxentino Domingo Faustino Sarmiento.
Co que lle gustaban a Carlos o mundo dos trens e das estacións? Estaría algunha vez alí? Non recordo que mo comentase nunca... (Na foto, concello de Carlos Casares en Buenos Aires).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nunca estivo.
Falei con el disto nalgunha ocasión. El sabía da existencia do municipio de Carlos Casares na provincia de Buenos Aires, ao sur da capital. Leva este nome desde 1907 en honor dun antigo gobernador da provincia.
O noso Carlos Casares enteirarase da existencia desa cidade, alá.
Algo máis de información sobre esta localidade agrícola de vinte e mil habitantes en:
http://www.casares.gov.ar/principal/turismo.php
http://www.casares.gov.ar/
http://www.casares.gov.ar/principal/turismo.php