Premios X. A. Carracedo en Ourense (Pan por Pan xoves 4 maio)
Estiven na entrega dos Premios Xosé Aurelio Carracedo, que organiza a Deputación. Nesta ocasión os xornalistas recoñecidos foron José Paz e Fernández Pinal: parabéns aos dous. Ao primeiro deles xa o coñecen vostedes, fotógrafo e crítico de arte nesta páxina, sempre con rigor a procurar as claves da creación dos artistas. Fernández Pinal traballa na COPE do Carballiño e gañou o segundo premio cunha reportaxe sobre os sucesos de Oseira de 1909: traxedia nacida cando o bispo Eustaquio Ilundain autorizou que se desmontase o baldaquino barroco da igrexa de Santa María. Curioso e simpático paradoxo: a reportaxe, que non coñezo, emitiuse nunha emisora católica, onde traballa o premiado. Houbo tamén gabanzas na memoria de Xosé Aurelio Carracedo, xornalista íntegro e brillante que as novas xeracións non puideron coñecer: por que non se edita unha escolma dos seus textos de prensa?
BULÍA NA RIBEIRA
-
Marcheime unha serán
Marcheime unha serán, nunha dorna de néboa.
A pomba dunha man, bulía na ribeira.
Soio partía eu. Soio ficaba a Terra.
Sobre as ...
Hace 3 días






1 comentario:
Anímese vostede a facer esa escolma. Creo que xa ten experiencia nestas cousas e habíao facer ben.
Publicar un comentario