
Ciclo da Terra, de Millán Picouto
A Sección de Literatura do Liceo de Ourense e Edicións Linteo
comprácense en convidalos á presentación da obra de
Millán Picouto
Ciclo da Terra.
Nun acto que terá lugar no Liceo ourensán o martes 27 de xuño do 2006, coa participación do editor e profesor Manuel Ramos e do propio poeta.
Desde hai varios anos Edicións Linteo está a publicar, en volumes como adoita esta casa ben fermosos e coidados, a Obra Completa do poeta e dramaturgo Millán Picouto. O presente volume tivo como antecedentes os titulados Ciclo de Venus e Ciclo de Mercurio.
Pola súa banda, Ciclo da Terra contén as obras
Prisciliano en Tréveris, Os corvos, As andoriñas e María Soliña.
4 comentarios:
Excelente poeta e persoal dramaturgo dotado dunha voz propia. Ese é Millán Picouto.
Sorprendérame hai uns anos Prisciliano en Tréveris, penso que autoeditado: un drama con música a estas alturas; mas dina como agasalho.
Descoñezo a obra dramática de Millán Picouto, aínda que sei de boas fontes que é dunha calidade magnífica. No que atinxe á súa produción poética Millán é, sen dúbida, unha das voces máis sólidas do noso sistema literario. Non hai máis que ler algún dos seus "Sonetos de lúa chea" para decatarse, para comprobar a intensidade do seu verso sempre vital e poderoso.
Veño de cumprilo castigo rural da tronada. Por fín estou operativo.
Tres poetas ten Auria
que non os ten todo Spanha
Picouto, -O Cristo-
Rúa, -a Burga-
Campio -a Ponte Romana-.
XulioDRabal.
Publicar un comentario