CENSO DE GRANDES HISTORIAS
(Andoliña venres 14 xullo)Estou de acordo cos que pensan que todas as grandes historias están xa contadas. E isto é así dende os tempos das mitoloxías clásicas, as letras grecolatinas e a Biblia: cada xeración só pode aspirar a interpretar dende a modernidade os grandes mitos de todos os tempos. Por iso produce certa incomodidade escoitar declaracións de novos autores (escritores, cineastas, etc.) que din pouco menos que veñen reinventar o mundo. Pobriños, teñen demasiada tradición detrás...
E por iso relacionaba onte o argumento de Superman, e doutras películas de ciencia-ficción, coa historia de Xesucristo. Nun magnífico libro (“
La semilla inmortal”, de Xavier Balló e Jordi Pérez, Anagrama) emparéntanse todas as grandes películas, de diversas épocas, coa matriz máis arredada na que se inspiran: por exemplo, “
Vértigo” ou “
Frenético” son dúas boas películas que remiten ao descenso aos infernos de Orfeo. Historias como o “
Scarface” de Hawks que interpretaba Paul Muni veñen do Macbeth de Shakespeare. E os “
Tempos Modernos” de Chaplin beben de “
O castelo” de Kafka.
Os autores dese libro censan un total de 21 grandes historias. E non creo que haxa máis, de certo, en toda a literatura universal. (Imaxe: Lauren Bacall)
5 comentarios:
Ola Marcos
Concordo com usted. Penso que todas as histórias, assim como todos os filmes, são um só. A saga do herói/heroína em busca de alguma coisa e que para conseguí-la tem de enfrentar suas limitações e seus antagonistas.
É a fórmula da tragédia grega.
Agora, a Lauren Bacall,que maravilha.
Saudações
Que maravillosa a Bacall!, a química con Bogart, particularmente en "The Big Sleep" de Hawks, fíxome vela miles de veces replicando cínicamente ao bó de Marlow...
Un saúdo e parabéns polo teu blogue
Aí falaches.
Agora si que estou contigo.
Isto é unha imaxe
e o resto son coñas.
Escoitade divinas do ano 2006,
así eran outrora as deusas!
Súmome aos parabéns por colgar aquí retratos desas grandes damas do celuloide que xa non quedan. A Bacall, evidentemente, é unha das miñas preferidas. Quen dera!
Lauren Bacall!!! Xa non quedan mulleres coma ela!!!
Publicar un comentario