5 sept 2006


ANDOLIÑA martes 5 setembro
Os grandes problemas pendentes
Recibiu o pintor Virxilio o moi merecido premio Casa dos Poetas que a Fundación Curros Enríquez lle outorgou o domingo pasado en Celanova. Alí estiven, entre outras cousas para gozar da compaña dos amigos e do espírito de agradable conversa que impregna estas xuntanzas. No xantar, na miña mesa, houbo un acalorado faladoi-ro sobre os grandes problemas do país e do mundo. Abrino eu, case sen querer, ao afirmar que eu non quero que nas escolas galegas e españolas haxa mestres integristas dando clases de relixión islámica, pagados polo Estado. Foi como abrir a caixa dos tronos.
Alí había xentes da cultura, da Universidade e da medicina, outras con experiencia no mundo da empresa. Persoas cuns valores comúns compartidos, pero incapaces de impoñer certezas absolutas. Nese estado estamos hoxe case todos. Quero dicir que moi logo constatamos que ninguén ten a variña dos milagres para solucionar os grandes problemas: por exemplo, a integración en Europa de millóns de inmigrantes doutra relixión e cultura. Ou a crise demográfica, catastrófica, do noso país. Ou mesmo, se me apuran, os incendios forestais que asolan o noso país como un andazo fatal.
(Foto: cadro de Joan Miró no Museo de Arte Contemporánea de Mallorca)

6 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Pero quen pode querer integristas dando clases de islamismo? Alguén con complexo de non ser suficientemente progre, de que hai que entender as razóns do outro, do que arrinca os clítoris con navallas enferruxadas ou lava o coco aos "mártires" de Alá.
O que hai que ver é como se liberan aos centro de ensino das clases de relixión -de calquera- para sumprir as tardes dos luns e pasar a relixión aos mércores como actividade extraescolar...
E mentres o tempo disto non chega, Fuco Buxán, couto ás silvas que non incen.

Saúde

Anónimo dijo...

É unha mágoa que as marabillosas paisaxes que Virxilio reflexou coas súas vivas cores agora sexan cinza negra arrasada polas velenosas mans dalgúns demos. En relación a ese paxaro que saiu da imaxinación de Joan Miró, témome que dificilmente poderá estender as súas ás en moitas partes do mundo, eu diría que en todas, aínda que poida soar un tanto pesimista; mais así o quere o ser humano: facemos do mel, fel.
Por iso que o mellor é desfrutar dos pequenos momentos das nosas vidas

Anónimo dijo...

O que me repatea é que non poucos supostos laicistas e contrarios ó ensino relixioso nas escolas, depois vai e son os primeiros en bautizar os fillos e facerlles a primeira comuñón sen caerlles a cara de vergoña. E mesmo a ter o santo morro de levalos a colexios relixiosos concertados.

Anónimo dijo...

Seguramente máis de un destes incoherentes e hipócritas le este blog. A ver se nos explican ós demais, aínda baixo seudónimo, por que coño fan o que fan, por que non teñen o que hai que ter.
Non contestarán, pero xa me sei a cantinela.

Anónimo dijo...

E logo ti por que no das o teu nome compañeiro?

Anónimo dijo...

é certo, o que esté libre de pecado que lance a primeira pedra!