13 sept 2006


Cuniculus
Pan por Pan mércores 13 setembro
Un meu avó criou coellos na aldea, que por certo lle morrían con facilidade polas pestes. O neno que eu fun aínda lembra o tacto de veludo dos seus corpos e o seu inquedo correr dun lado para outro naquelas gaiolas cheas de palla. Pero aínda non sabía aquel neno do fondo simbolismo deste animal que os artistas asociaron a Venus pola súa inesgotable fecundidade e á luxuria e á voluptuosidade. Os símbolos son caprichosos. E admiten reviravoltas completas: por exemplo, nalgunhas pinturas relixiosas un coello branco aos pés da Virxe simboliza a castidade e a vitoria sobre as paixóns. Nos bestiarios medievais relacionouse a capacidade de escapar dos coellos e lebres co home que foxe das tentacións do demo. Ao carón de San Xerónimo no deserto representaban as paixóns e tentacións que sufría o santo. Pobres coelliños: eles ignorantes de todo isto!
(Imaxe: a lebre de Durero, que non hai moito estivo en exhibición en España, despois de cumprir requisitos de seguridade moi estrictos).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

E os pobres animaliños...en vida, comparámolos co demo! e en morte, somos nós os que os zampamos como demos! ben preparadiños e ao forno! e máis dun/dunha lucirá as súas peles no abriguiño...Túzaros/as!!!!

torredebabel dijo...

non hai costume masivo de comer coello en Bos Aires xa que soen ser animaliños de compañía, coma pode ser un can ou un gato. Entón, ao ler deles coma comida -inevitablemente- os dacá e os do meu tempo sentimos certo arrepío.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non sabía o de Buenos Aires: o certo é que un animaliño máis de compaña que para comer. Eu tamén os como, cando toca, pero confeso que sinto un certo arrepío que non me producen outras carnes (nin peixes).

Anónimo dijo...

Unha vez vin un cartel a favor dos abrigos de peles moi simpático.O resume sería:
¿Por que comer ovos se as pitas viven nas granxas?
¿Por que gastar zapatos, se as vacas que nos dan o coiro viven en estábulos?
¿Por que comer polo, se viven apretadiñas nas granxas?
¿O xamón? De marrau de granxa...
O bisté, de vaca presa.
O salmón ou rodaballo, de gaiola no mar.
O mexilón, atadiño á corda...
etc.
¿Por que ha ter máis dereitos un visón -ou un coello- ca unha vaca?
Eu vexetariano non quero ser. Gracias ás miñas antepasadas tupaias que quixeron ampliar o menú e deixar de comer só herba, érgueron a cabeza e, pasando por todo iso que sabemos de australopitecus, etc. chegamos a homes feitos e dereitos.
O das foquiñas, claro, é unha salvaxada. O de zoscarlle ao can ese da tele do outro día, outra salvaxada. Máis aínda, que a xente o vitoree ao saír do xulgado. Estes gallegos están tolos.
Pero non hai que se pasar.
Cando os de Hamas e os ortodoxos xudeus non qeuren o xamón, algo bo terá.
(O coello á pedra está delicioso)