19 sept. 2006

O sacrificio de Isaac, de Caravaggio
Esta era a imaxe que debía acompañar onte (que non a dei colgado) o artigo sobre o discurso do Papa. Por certo, leo en Internet, ese mundo tan fascinante como atrabiliario, que semella que o anxo en vez de parar o golpe está a empuxar a man para consumar o sacrificio. E outro engade que había unha secta antiga que executaba os primoxénitos seguindo o exemplo de Abraham e que outros cren que si matou ao seu fillo. Cousas curiosas, dende logo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Aterro logo deste ardente verán por este Blog. Curiosamente andei a revisar cuestións de kierkegard, e mire vose, atopo esta imaxe. Recomendolle "temor e Tremor".

Sobre o sacrificio dos primoxenitos, ten tratado Rene Girard. E hai toda unha tradición que o relaciona coa Geenna.

Un saudo
Marcialg

marcos valcarcel dijo...

Grazas pola súa visita e polas súas suxerencias bibliográficas. Tamén polas súas varias intervencións hoxe en fíos desta que é a súa casa e estará sempre encantada de recibilo na calor da tertulia amable e amical.