17 oct 2006

14 comentarios:

Moralla dijo...

Coma unha boneca de porcelana.
Ela olla coa súa intensidade de pomba famenta.
Directamente cara o noso iris de meniña agochadora de segredos puerís.
Quere voar,
estender as súas ás escintilantes cara fantasías innatas na memoria do soño latente e variopinto...
Mira, mira como os seus dedos xa son plumas brancas debuxando pombas na fronteira entre o ceo e o mar.

Silvio Falcón dijo...

Simetria inquietante...

saúdos

bouzafria dijo...

Se tivera vostede un e-mail, ¿poderíamo facer chegar alí, a continuación da súa escrita? E que quixera escribirlle máis nada que dúas coisiñas que o pudor non me deixa facer eiquí.

Silvio Falcón dijo...

¿Está falando comigo ou co señor Marcos? E que iso de vostede creo que se refiro ao señor Valcarcel non? xD

saúdos

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Silvio: si, era unha mensaxe para min e xa lle mandei o meu correo a Bouzafría. Resulta que, tras ver o seu texto "Ervedelo e Reza" no seu blog, descubrín que Bouzafría e máis eu temos raíces comúns en Ervedelo dende nenos (alí lle deixei un post). Cousas da vida e sorpresas deste mundo milagreiro dos teclados e pantallas.

Silvio Falcón dijo...

Pois a verdade é que é ben raro este mundo. Moitos (non tantos) anos despois, eu tamén vivín en Ervedelo. Bueno, na avenida de Portugal, pero... Terei que escribir tamén sobre iso.

Saúdos

Moralla dijo...

jaja! Meus pais (e eu vivín ata os 18 anos, e aínda vou alí cada dúas semanas) vivien na rúa do ensino , perpendicular, pegadiña á rúa Ervedelo. Somos todos veciños!!

Marcos Valcárcel López dijo...

A rúa de Ervedelo é, como é lóxico, á que vai cara o pobo de Ervedelo, perto do Seminario e hoxe medio escondido debaixo das pontes da Autovia a Vigo. Por certo, esta rúa de Ervedelo debeu nacer pouco antes das obras da estrada que vai a Reza, Alongos e Cortegada, precisamente as obras nas que vai traballar (e vai frío e chuvia e todo iso) o protagonista de "A esmorga" cando sae da súa cachoupa coa Raxada perto da actual Avda. de Zamora.

Moralla dijo...

Claro, eu refírome a esa, é a que une Reza, Vista Fermosa coa Rúa Progreso

Silvio Falcón dijo...

Moralla, eu vivín 3 anos na pequenísima Rúa do Ensino. Incluso meu pai tivo un bar deses que xa sabes que hay alí...

Saúdos

bouzafria dijo...

Marcos, Silvio e Moralla: Estou pasmado ante tanta casualidade. E eu que pensaba que Ervedelo era absolutamente descoñecido. Por certo, nos vellos libros do Arquivo Diocesano do Bispado, aparece as veces como "Erbedelo", o cal pode ser lóxico se procede de "zona onde hai érbedos (madroños)".

Marcos Valcárcel López dijo...

Ervedelo, querido Bouzafría, está ben cargado de historia literaria e supoño que a orixe do topónimo é a que ti indicas, así o teño eu entendido (quizais Gonzalo Navaza podería aseguralo, máximo sabedor nestas cousas da onomástica). E outra cousa que quizais non coñezan todos os lectores/as. Dende o Progreso pódese ir ata a rúa do Erbedelo (con "b" no rueiro oficial da cidade) baixando pola rúa de Reza e empatando co Dr. Fleming. Na rúa de Reza hai un edificio novo, sede central hoxe da Academia Postal, o grupo de Paco Nóvoa: tal edificio, que me ensinou esoutro día con detalle o propio Paco, está erguido onde antes había unha casiña máis antiga, que foi a natal de Xosé Luís Méndez Ferrín. Algún día haberá que colocar alí unha placa conmemorativa (de momento, creo que non quere, seica).

Moralla dijo...

OLa! Eu sabía todo iso que dis Marquiños. Contóunolo Ferrín nunha cea en Santiago. Si, haberá que colocar unha placa conmemorativa no futuro, agardo lonxano. O que non sabía é o dos "madroños". E quedo pasmada co que di Silvio Falcón sobre o bar que tiña o seu pai na rúa Ensino!!

Silvio Falcón dijo...

Ben sabes os que hai por ahí... Podería incluso facerlles publicidade... E disto "solo" fai 4 anos e algo. É máis, o máis posible é que algunha vez nos viramos.

Saúdos