17 oct 2006


Moi interesante: rúa xudea

Veño de coñecer, só hai uns minutos, a existencia dun blog feito dende Ribadavia e asinado por Xoán Salgado, que afonda no pasado xudeu da histórica vila ourensá. Xa leva meses en marcha e conta con artigos de historia, lingua, etc., de Suso de Toro, Gonzalo Navaza e Carlos Barros.

Moi recomendable, polo que quero compartir a nova cos meus lectores que aínda non o coñezan.

10 comentarios:

Silvio Falcón dijo...

A dirección, meu amigo?

Grazas

Marcos Valcárcel López dijo...

Excusas: pensei que o adxuntara no texto e non foi así.
É este:
www.ruaxudea.blogspot.com

Anónimo dijo...

hai tamén unha paxina web moi interesante da sociedade de amigos Galiza-Israel
marcialg

Anónimo dijo...

Interesante. Unha tarefa pendente a de recuperar as pegadas da presenza xudía no noso pais. Aquí en Tuí por exemplo, ou en tantos lugares. Noraboa pola iniciativa.

Ra dijo...

Gracias, por la información. Además del tema, estaré encantada de leer, entre otros, a Gonzalo Navaza. Al igual que de llegar a tu blog.Saludo!

Anónimo dijo...

Eu, proxudeu claro no conflito, non creo que a páxina de referencia desde Galicia que cita o sr. Mlago sexa o mellor que se podía facer.
En vez de tentar aglutinar aos galegos proisraelís, se me permite a simplificación, para dar unha visión non segada do enfrontamento e buscar camiños de colaboración e paz, lígase a unha ideoloxía marxinal. Isto é escrita en lusista e collendo a bandeira do BNG por bandeira de Galicia. E así si que non. Non se une o proxudaismo á marxinalidade, senón, vocacionalmente, á maioria.

Xoán Salgado dijo...

Caro amigo Asian Damos. Iso da marxinalidade é moi forte. Incluso están no goberno da Xunta co PSdG-PSOE. E supoño que o Sr.Touriño non pactaría coa marxinalidade. E o da grafía lusista é un erro seu claramente. Visito conregularidade o citado lugar é está escrito en galego do máis correcto ortograficamente. Non o digo por provocar, pero as normas da Real Academia Galega son as que -con algún erro claro- atopo nesa web. Por certo reitero os meus parabéns que xa o seu día transmitilles aos autores. Noraboa e ánimo.

Anónimo dijo...

Amigo Xoan Salgado.
Efectivamente, enganeime.
Está en galego común, normal.
Enganáronme os textos en portugués das "feiras" e os nomes dos meses, escollidos como lingua máis próxima das que aparecen "predeterminadas" no motor do blog. Tamén me enganei polo texto da Rahola en protugués do Brasil, baixado dalgún lugar da rede.
Porén, creo que é un tremendo erro vincular a bandeira dun país como Israel coa dunha forza política concreta, a galega coa estrela vermella. ¿Que pasa cos pro-israelís que non somos bloqueiros? ¿Temos que facer outra organización? ¿Non sería posible, sequera, un paraugas para todos os galegos amantes de Israel? Non, hai que marcar paquete. Nós somos nacinoalistas e usamos a nosa bandeira partidaria.Líos de tecidos. De trapos. Trapalladas, en definitiva. Pois así andamos. Os galegos pro israelís do nacionalismo popular galego fan, para eles, unha asociación. Pois vale. Pero non é un paraugas no que eu me acolla.

Colectivo GZ-Israel dijo...

Caro Asian Damos (moi bo o nome por certo). Ponte por favor en contacto comigo. Quero comentarche algo que coido pode ser do teu interese.
galiza_israel@yahoo.es

Colectivo GZ-Israel dijo...

Caro Asian Damos (moi bo o nome por certo). Ponte por favor en contacto comigo. Quero comentarche algo que coido pode ser do teu interese.
galiza_israel@yahoo.es