A xeración mileurista.
Cada día se fala máis nos xornais da xeración "mileurista", xa saben, esa que se incorpora ó mundo do traballo ben cualificada e con salarios por baixo dos mil euros (para ser exactos, nun recente estudo o soldo medio dos menores de 30 anos quedábase en 755 euros). Pois ben, aquí están, foron medrando entre nós case sen darnos conta, os nosos fillos e fillas, os nosos alumnos e alumnas. Como son? Contarei hoxe o que para min serían os riscos básicos dun posible retrato robot desta xeración, visto dende a miña persoal perspectiva, claro está (case 50 anos, a metade deles dedicados a traballar con rapaces desa idade).
Para empezar, son diferentes a nós, cando menos en parte, cando nós tiñamos a súa idade. Eu lembro que entrei na Universidade sen pensar nin unha soia vez en perspectivas de futuro ou no meu traballo ó rematar a fase escolar. Hoxe, os rapaces están dende a ESO fartos de escoitar comentarios do difícil que está o mundo do traballo, das condicións draconianas que padecerán ó chegar ó mercado laboral, etc. O tratamento que reciben no mundo escolar, coidadoso coa súa evolución psicolóxica, pouco ten que ver co que soportarán cando deixen as aulas e se encontren co mundo real, sen proteccionismos.
Son tamén, no plano tecnolóxico, máis espabilados que nós. Iso non quere dicir que teñan unha gran cultura –son cousas diferentes-, pero si que teñen medios para acceder ao desenvolvemento cultural que no noso tempo eran descoñecidos. Viven nun mundo virtual -o ordenador, o móbil, o MP3- onde todo parece posible e instantáneo.
Son tamén máis infantís nas súas reaccións e xeitos de ser. Todos os expertos coinciden nisto: a educación ralentizou os procesos de madureza. Pero quizais toda a sociedade estea máis infantilizada, en xeral, basta ver o mundo que nos rodea, dende as modas ata as TVs.
Son, en xeral, progresistas nos seus comportamentos e opinións. Din as enquisas que a maioría se move entre o centro esquerda e a esquerda, aínda que o horizonte familiar tamén marca condutas dominantes a este respecto. Son tamén solidarios e algúns (unha minoría) colaboran con ONGs e movementos sociais. Son máis remisos á militancia política, polo xeral: quizais porque o discurso dos partidos aínda non soubo comunicar co mundo xuvenil.
Outra minoría casou a inconsciencia e idealismo propios da mocidade coa falla de referentes e responsabilidades. Se a familia non cumpre o seu papel, e iso sucede demasiado a cotío, esa minoría cae nas poutas da desgraza: mortos nas estradas, alcohol, drogas, etc.
E as mulleres levan a iniciativa: máis responsables, con mellores resultados académicos, máis maduras. Cun panorama que deixa desnortados ós mozos do seu tempo (quizais tamén ós seus pais). Así os vexo eu, despois de 23 anos de traballar con eles. Pero todo o dito é, por suposto, só a miña visión persoal, discutible, como todo.
(Imaxe: fotografía de Joyce Tenneson. Publicado en La Región, 16 outubro 2006)

14 comentarios:
Amigo Marcos: Fixeches unha boa radiografía da xuventude dos nosos días (eu incluída, se se pode dicir aos 30 anos). A raíz dos problemas está no descuido familiar. Os pais (non todos)céntranse demasiado no traballo , nas ambicións laborais e económicas e descuidan o máis importante, a súa prole, o que xurde deles mesmos, das súas células, do seu acto de amar. Resulta tan contradictorio! Negamos a nosa esencia case inconscientemente e cremos que a valoramos máis por un puñado de Euros! Triste a condición humana! Por este Occidente globalizado algúns nenos e adolescentes teñen demasiado vicio e non aprecian o que se lles dá, mentres milleiros de meniños en Oriente morren por unha caricia ou un mendruguiño de pan.
Mensaxe para marcos: xa poder ler no meu blog. Ten a letra en todo máis grande. Apertas
Eu aquí polo menos non a chamaría xeración mileurista, porque isa é unha cantidade que non cobran moitos deles nin sequera xente de máis idade, fora de certas zonas da península ibérica
O suplemento de La Vanguardia (o Magazine) da semana pasada foi dedicado exclusivamente a este tema. Presentaban a xente nova que tiña ou non a vida "resolta".
Saúdos
Vin ese suplemento e supoño que foi o que me levou a escribir, unha vez máis, da mocidade. Por certo, o Magazine de La Vanguardia é, para min, un dos mellores no seu xénero, en firmas e en reportaxes (máis interesante a cotío que os de El País e outros medios).
Pois logo teño acertado. Por certo, coñece vostede (de lelo na Vanguardia obviamente) ao señor Toni Soler? Un saúdo
Hai tempo, nun artigo de El País facíase unha reflexión interesante ao fío, e citábase a un sociólogo francés segundo o cal os que no século pasado enchían a categoría de "pobres", obreiros sen cualificacións ou labregos, daban paso agora aos "novos pobres": os mozos do Século XXI.
Velaquí o artigo en cuestión: http://www.elpais.es/articulo/elpdompor/20051023elpdmgpor_1/Tes/
Tamén lera esa reportaxe, onde ademais entrevistan á rapaza que inventou, nunha carta á prensa, a palabra "mileurista". Un dos datos máis preocupantes do informe:
Un reciente informe de la Unión Europea, el Eurydice, le da la razón: sólo el 40% de los universitarios tiene en España un trabajo acorde con su nivel de estudios, y la tasa de paro entre los titulados de 25 y 34 años es del 11,5%, una de las más altas de Europa, que se sitúa en un 6,5%.
A pesar de esto, y de lo que piensa Carolina, no es un fenómeno exclusivo de España. El sociólogo francés y profesor de ciencias políticas Louis Chauvel aseguraba en el Nouvel Observateur que los pobres del siglo XIX y principios del XX (los obreros sin cualificación, los agricultores o los ancianos) pertenecen a una sociedad que desaparece. "Y los nuevos pobres de hoy en día son los jóvenes", añadía.
Los nacidos entre 1965 y 1980, esto es, los españoles que, en un extremo de la horquilla, van dejando atrás la juventud, como Carolina y sus compañeras, y en el otro comienzan a apropiarse del poder, disfrutaron de una niñez dorada, de unos padres abnegados y responsables y de un país moderno y optimista que navegaba viento del desarrollismo en popa. Sortearon dos crisis económicas (la del 74 y la del 92), pero nadie dudó por entonces de que esa generación, la más preparada de la historia de España, la más numerosa, la del baby boom, no fuera a vivir mejor que la precedente, que todas las precedentes.
Eu pertenzo a esa xeración da que tanto faledes, e sí, estamos moi cualificados a nivel académico. Temos un c.v. de toneladas e, a non ser que sexamos EMPRESARIOS DE ÉXITO NESTA ORXÍA CAPITALISTA (ou sexa, con moita sorte - difícil- ,por derdanza, ou- o máis común - puñeteros "devorapróximos") OU FUNCIONARIOS DE ESTADO EN VÍAS DE EXTINCIÓN(de novo con moita sorte, adicando 10 horas diarias mínimas de estudio, ou con enchufe), quédanos a opción da explotación: 12 horas diarias cun soldo mínimo ou a opción tan extendida neste país "socialista": ser BOLSEIRO, ter un soldo considerable, pero non cotizar!!!!!
SI, A XUVENTUDE VIVE COMO DIOS!!!!!!
anos de estudio cunha gran recompensa, e non esquezamos, a opción final........
bendito sexas: AMIGO DESEMPREGO
Eu tamén pertezo a esa xeneración, fun alumno de Marcos Valcarcel, mais por aquelas non se albiscaba en mi o que logo comezei a ser.
Eu tiven que emigrar, rematatado dereito a Euskal Herria, onde tiña posibilidades de traballo, grazas a uns familiares. Comezaba a situarme, e cumpria esas condicións xeneracionais das que aquí se fala, mais ocurriume, ocurri algo tráxico na miña vida, na vida. A miña noiva faleceu nun accidente de automobil. Abriuseme unha crise, non so pola tristeza, pola perda, senón que a vida presentouseme cunha tal crudeza, que comezei a albiscar sentidos ata de entón insospeitados. Tiven a miña experiencia relixiosa e ingresei en Nafarroa, no seminario. Aí vivín unha transformación que finalicei tamén abandoando o seminario. Comezei a ter trato co mundo da esquerda basca, e encontrei xente dunha profundidade que antes non sospeitaba, xente capaz de compromisos reais, neste mundo tan mercantilizado. Pola esquerda basca comecei a comprender aspectos do mundo que ainda que non moi visibeis existen. E a miña inborrabel pegada relixiosa faime ter presente a importancia de situarse no punto de ruptura existencial, no punto da decisión, da lucidez ante a vida e a morte e a súa resolución na confianza radical. A miña xeneración vive enaxenada de si mesma, nun globo sonda que recolle datos que nunca serán procesados no punto crucial da existencia. Todo esto , si é unha tendencia. Pero non todo é así, as persoas da miña xeneración agardan mais da vida, mais no sentido do sentido, dunha vinculación profunda que feito de existir, de saberse vivos e para algo. O que ocurre e que a mentaxe deste mundo dos negocios, do diñeiro, este subsistime que como diría Luhamn, ou HaBERMAS, COLONIZA O MUNDO DA VIDA,,encorseta o noso pensamento, axfisiandonos na gaiola de ferro.
Todos agardamos algo do outro, agardamos,si, e hai quen perde a esperanza. Todos aspiramos a recoñocernos na face do outro, de ver por el o que verdadeiramente somos... amor e o amor e dado. Mais hai que escolle o mal, escollemos tantas veces o mal.Vengámonos co mal, martirizamonos co mal, porque nesta posmodernidad o mal xa no parece so inevitalbel senon a escolla mellor. O cinismo, o cepticismo finalista, non metodoloxico, o solipsismo, o narcisismo acompañannos como enfermidades do noso tempo, especialmente da miña xeneración. Mais o mundo non se pecha onde discurso do poder o clausura. Hai abertura, hai posibilidades de situarse na abertura existencial.
Karlos
Unha carta tan sorprendente como interesante, benquerido Karlos e seica exalumno; creo que abriches o teu corazón nesta intervención e iso é o mellor que ten a mocidade, sen dúbida, a capacidade de abrir o corazón e comunicarse sen os prexuízos e a costra vital que a propia vida vai deitando sobre cada un de nós. Unha aperta.
Parabéns Karlos polas túas verbas. Falaches con razón e espíritu
Tamén é moi simpático que algúns destes mozos/as non teñan empacho en afirmar que "estamos moi cualificados a nivel académico". Nótase que as avoas xa non son o que eran.
Publicar un comentario