13 oct 2006



El niño raro (Vicente Aleixandre)


Onte falaron na TVE-2, en "Saber y ganar", de Vicente Aleixandre e da súa casa de Velintonia. Valeume de excusa para coller algún dos seus libros e ler algúns dos seus poemas. Téñolle especial devoción a "Historia del corazón" (1954) e decidín transcribir aquí un dos seus poemas, un dos que me produce unha inquedanza máis fonda. O titulado El niño raro. Por certo, un poema que a min me lembra, nunha das súas posibles lecturas (quizais me equivoque), ós versos contundentes do Luís Pimentel en "Xogo ruín": aqueles que rematan "Creceu e foi de aqueles."



Aquel niño tenía extrañas manías.
Siempre jugábamos a que él era un general que fusilaba
a todos sus prisioneros.

Recuerdo aquella vez que me echó al estanque
porque jugábamos a que yo era un pez colorado.

Qué viva fantasía la de sus juegos.
Él era el lobo, el padre que pega, el león, el hombre
del largo cuchillo.

Inventó el juego de los tranvías,
y yo era el niño a quien pasaban por encima las
ruedas.

Mucho tiempo después supimos que, detrás de
unas tapias lejanas,
miraba a todos con ojos extraños.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Estarrecedor, na forma límpida e no demoníaco contido.

Moralla dijo...

Poderoso final o deste poema!Encántanme os símbolos e o surrealismo de Vicente Aleixandre. Eu lin nunha biografía, mais nunca se sabe,sempre hai moito conto, que a este autor costáballe moito escribir, en palabras dun amigo da familia. A min dácheme igual, o que importa é o resultado, o proceso forma parte do enigma do autor. Hai poemas de Aleixandre que quitan o alento e aceleran o pulso, non é iso a poesía? Mais desta época quédome con F.G.Lorca e Miguel Hernández. Daquela, as mulleres estaban no anonimato. Curioso, agora en Galiza acontece que son máis as poetas. bicos

Marcos Valcárcel López dijo...

Houbo moitas mulleres escritoras e artistas na historia do mundo: outra cousa é que non quedase memoria ben documentada delas. Agora hai varios traballos nesa liña, para recuperalas. E, de certo, hoxe teñen un lugar destacado no país, no campo da poesía, e tamén estan entrando con forza na narrativa e no ensaio. Sinal positivo de normalización, sen dúbdia.

Anónimo dijo...

Mais tamén hai que ver a calidade, non? Porque hai poetas homes malos e poetas mulleres malas.

Moralla dijo...

Graciñas Marquiños!!!