9 oct 2006




Entrevista a Francisco Rodríguez
(X.M.del Caño en Faro de Ourense, 8-X-2006)
“PROPOR O INDEPENDENTISMO CREO QUE É DAR SALTOS Ó VACÍO”

(Polo seu interese informativo, transcribo un fragmento desta entrevista)

- Vostede e Xosé Luís Méndez Ferrín teñen unha maneira moi diferente de ver a política, como pode comprobarse nos dous libros de conversas…
- Méndez Ferrín é uin intelectual un pouco diletante, e outra persoa que, dentro duns límites, como é evidente, no meu caso, eu tomei sempre a miña actividade como unha dedicación seria, constante, voluntariosa e ó servicio dunha causa: adecuada á sociedade onde vivo. Esto non é un xoguete, en mans particulares.
- Méndez Ferrín responsabilízao a vostede da expulsión de ducias de nacionalistas, entre os que se atopaba el.
- - Eu difícilmente podía expulsar a ninguén naquela época, porque non tiña un papel relevante. Pero dou datos no libro de conversas sobre o seu comportamento político. Se pensa que se pode manter dentro dunha organización política, boicoteando o proceso de creación dunha xunta nacionalista, que é o que fai cando o BNG vai ás eleccións cunha lista de coalición electoral, porque non estabamos legalizados...; esto non se resiste. É máis, Ferrín marchouse da UPG, non o botou ninguén.
- ¿Por que o responsabiliza a vostede da desfeita?
- Eso forma parte dunha táctica consistente en proxectar contra os demais os propios erros e deficiencias. Hai que crear un monstruo; ata neso Ferrín é pouco honesto.
- - ¿Méndez Ferrín di que vostede é un nacionalista compulsivo, sen compromiso de esquerdas?
- Pola práctica os coñeceredes. Eu levo 40 anos entregado a unha causa política responsable. Ferrín é unha curiosidade; paréceme moi ben que lle fora útil ó siostema. Non se pode ser máis conscientemente contrario a un proxecto político amplio para o país.
- ¿Existe unha relación de amor-odio entre vostedes?
- Para min Méndez Ferrín é coma se non existise. Existe no terreo literario. Eu non teño ningún tipo de relación con este home.
- ¿A clave está en que Ferrín optou pola ruptura política e vostede decantouse pola continuidade do sistema?
- Todo eso da ruptura é palabrería. Ferrín sempre estivo moi ben visto, sobre todo cando chegou a autonomía. Ós feitos me remito. Pero eso non interesa.
- O debate sobre o nacionalismo interesa.
- ¿Vostede cre que a nación do pobo galego se basa na existencia de Ferrín ou na miña? Por favor. Pero á parte de eso, ¿cal é a tarefa política de Ferrín? Ferrín, como literato, pódese permitir moitas cousas.
- Ferrín mostra un forte rechazo a Piñeiro ¿Vostede comparte esa valoración?
- Eu considero que Méndez Ferrín é un fillo de Piñeiro, pero noutra versión.
- É unha pena que o nacionalismo esté tan dividido.
- Todo o nacionalismo existente, que pinta algo, está no BNG, os demais limítanse a ir ás eleccións.
- ¿Están mellor fóra ou dentro?
- A integración é imposible, porque eles odian ó BNG.

7 comentarios:

Silvio Falcón dijo...

Fai falta un pouco de sentido pra levar a Galiza onde queremos. A unión do nacionalismo galego é necesária. Tan necesaria coma a unión (mediante pactos políticos, obviamente) que se acabará por dar entre CiU e ERC (aínda que xa vos aviso de que polo momento non se producirá, ou iso parece.)

Aprendamos dos erros dos outros...E tamén do que tan ben fixeron.

Un saúdo

Anónimo dijo...

O nucleo duro está a cometer erros, tamén é certo que o malestar no seo do bloque aguza os ouvidos pra escoitar estes erros.
Todo un sintoma de que o aire está moi enrarecido.
Estas declaración de Paco, son impresentabeis. Desvelan a súa megalomania e verifican as sospeitas sobre o seu afán inquisidor. Verdadeiramente non están preparados para o poder, e claro ocurren estas cousas de Rego e Paco, e haberá mais. Con todo o mais bochornoso é a imaxen de pailán de Quintana bailando coas vellas en festas centenarias.
Dan vergoña allea. e o peor é que lle cortan o camiño a xente mais, moito mais válida. vennos encima ou o desastre electoral do nacionalismo ou unha dictadura do mal gusto e a estulticia. Non sei que será peor?
marcialg

Silvio Falcón dijo...

Creo que concordamos en que non se está a facer ben a política no BNG. Dende que marchou o tan admirado señor Beiras no BNG non hai unha liña tan ben trazada como houbo.

Iso, tampouco quere dicir que non exista xente moi ben preparada pra defender mellor os intereses de Galiza, mesmo dentro do própio BNG.
Veremos se algúns se queren perpetuar no poder...

Anónimo dijo...

Co permiso da autoridade competente (por suposto), teño que recoñecer que me acho ante unha encrucillada imposible. Non dou decicido con quen NON quedarme no plano político: se con Ferrín ou con Paco.

Alguén pode tirarme deste dilemado do prisioneiro?

Anónimo dijo...

Co permiso de APC, Mi madriña!

Ferrín fai política para os amigos, bebe e fuma, é divertido, pásano ben e fan a revolución e o camiño de Santiago a cabalo... pero é fundamentalmente, como ben apunta Rodriguez, un literato. Polo relato "Xaque Mate" doulle algo de bula.
Porén Rodríguez, é só un iluminado... con pouca luz e moito veleno. Dos seus escritos, escasos e pobres, pero sobre todo do seu talante, fixo nacer unha xeración de irónicos resentidos que fan como se desprezaran un sistema que nos leva permitido moitas cousas e do que se cren o centro do mundo.

O que máis me alucina desta entrevista, deste cacho que máis non lle penso ler, é a baba onanista. "no meu caso eu sempre tomei a miña actividade como unha dedicación seria, constante, voluntariosa e ó servizo dunha causa adecuada á sociedade na que vivo..."
"Eu levo 40 anos entregado a unha causa política responsable..."

Creo que lle debemos dar o título de "Querido Líder", como xa fai Kim Jong-il... en Corea do Norte.
Un exemplo, ou non, meu amigo Suevos?

Anónimo dijo...

Ferrín tampouco anda con moitos requilorios ao falar de Rodríguez no libro de conversas que lle fixo este mesmo Del Caño da entrevista. Nese libro califica a Rodríguez de "covarde e sectario", aparte de adicarlle outras lindezas. E nese libro de "Conversas con Francisco Rodríguez", feito por Mexuto, que ando a ler con gran aproveitamento e instrución, o "querido líder" deixa polo chan a reputación política do poeta magnolio e polvorilla de Vilanova dos Infantes, e mesmo pon en dúbida o relevante papel que na cousa literaria se lle atribúe habitualmente.
No foro de Arroutadas, un tal señor Rufo, moi coñecido polos seus afáns sodomizadores, abandona por un momento a súa obsesión e postea, con moito acerto, que Ferrín é un anarquista caracterial e un estalinista ideolóxico, mentres que Rodríguez é un estalinista caracterial e ideolóxico, aínda que esta última faceta xa hai tempo que a oculta por razóns tácticas. Outro foreiro, o señor cirano, di que son dous "líderes alfa", dous machos dominantes, como quen di. E tamén hai quen di que son dúas reliquias do franquismo que nunca nada bo fixeron na política galega. Eu, francamente, non vou poder liberar ao amigo APC do seu dilema. Pero recomendo moi vivamente a lectura deses dous libros de conversas para que a xente vexa as cimeiras políticas e ideolóxicas á que poden chegar no debate estes dous guieiros da nación en construción.

Anónimo dijo...

Non fai falta ver as cimeiras do pensamento... chega ver unha realidade curiosa.

Nin XM. Beiras, nin Camilo Nogueira, nin o propio Méndez Ferrín teñen ningunha oportunidade cun goberno de participación nacionalista... En ningún foro. Non hai ningún posto, ningunha asesoría, ningún recoñecemento... nada de nada.
Si, claro, para os rapaces -Caf'es-que choutaron da Facultade ao despacho sen traballar nunca na vida, só no aproveitamento da política,a través da adoración acrítica do "querido líder"... Pero todo teñen a súa culpabilidade. Beiras primiero e Camilo despois, pactaron co poder oculto cando lles conveu, e agora disque queren limpar a casa de ocultismos. Creo que o mellor é chamar ao doutor Alveiros...

Ou cambiar de coche, gástase máis en avarias ca o que vale.

Se a UMG marcha de Galiza Nova... Se se erguen Irmandiños e outro buscan Alernativas, se uns queren facer un partido e outros unha nova frente anovada... Se o Quin anda bailando con vellas, ¿Cal é o cemento que une ao BNG? A visión do mundo? Os intereses persoais?