A MEMORIA DA POESÍA
Xornadas en lembranza de Miguel Hernández, Federico García Lorca, Antonio Machado e Miguel de Unamuno
A Sección de Literatura do Liceo de Ourense organiza unhas breves xornadas de lembranza dos poetas españois máis relacionados coa guerra civil. Velaí o programa:
- Martes 24 outubro (20,15 h.). Mesa redonda sobre Miguel Hernández e Federico García Lorca, a cargo dos profesores Manuel Zabal e Severo Pérez, cun recital poético introductorio.
- Mércores 25 outubro (17 h.) Recital Poético con alumnos/as de varios institutos de Ourense.
- Xoves 26 outubro (20,15 h.). Mesa redonda sobre Antonio Machado e Miguel de Unamuno, a cargo dos profesores Adolfo Salgado Pérez e Isabel García Martín.
2 comentarios:
Quen me dera poder asistir!! mágoa que teña deberes en Compostela!! Agardo desfrutedes ao máximo rendíndolle tributo a escritores tan marabillosos e apaixonados!! Unha aperta dende o fondo do corazón e da poesía!
Esas xornadas teñen unha pinta bárbara. Encantaríame asistir e desfrutar de tan interesante programa. Sempre fun miguelhernandiano de corazón e sentimento, mais iso non implicou, en absoluto, que gozase do surrealismo de Lorca ou do autorretrato alexandino de Machado. Boa poesía, sen dúbida. Noraboa e que sexa un éxito.
Publicar un comentario