Como me den...
"Como me den unha palabra, a partir de mañán, en castelán... vanme escoitar. Porque ademais asinaron todos": escoitado agora mesmo a unha compañeira do Instituto ó enterarse de que ten os alumnos (de Bacharelato) en folga. Tristemente, ten razón, porque a maioría dos asinantes son castelán-falantes...
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 1 semana
18 comentarios:
Nas cidades. Ademais é onde se está a perder a batalla. Alumnos galego-falantes dende cativos, pásanse ao castelán porque o 90% dos seus compañeiros falan no idioma de Cervantes.
A coña é que hoxe irán á folga todos os que lle importa un pemento o galego.
Son bastante contrario a este tipo de actos de folga que convocan os CAE/CAF. Para o único que serven xeralmente é para que os que pasan de todo teñan día libre e despois se diga que os galeguistas/ nacionalistas son un fato de lacazáns que só fan folgas. Estamos a perder a batalla da imaxe unha vez máis.
Era moito mellor ter organizado un minuto de silencio pola defunción da lingua ou algún tipo de protesta orixinal sen interferir no normal funcionamento académico pero con máis repercusión mediática.
De acordo con Mendinho: hai que pensar nos motivos de prestixio e, cando se vai á folga de carallada (como fan tantas veces os alumnos), tamén se desprestixia a causa que se defende. Hai que ser máis imaxinativos, home!!! Buscar novas formas de loita: clases na rúa, accións sorpresa imaxinativas, etc. Sacar ós rapaces das aulas non ten ningún mérito. E que pasará se a alguén se lle ocorre convocar folga para que haxa menos galego nas aulas? Pararían tamén os rapaces?
Amigo Marcos, os rapaces pode estar seguro de que pararían. E moitos profesores de secundaria tamén. Nunha enquisa 2 de cada 3 profes recoñeceron non ser quen de falar galego. E andan a lles dar cursiños...Sacaranlles proveito e falarán galego, eso tan difícil para eses cerebros privilexiados, ou van á folga e aos cursiños por non traballar o pouco que xa traballan? A dobre moral fede.
Todos sabemos o que pasa nos Institutos: cantos cren realmente na causa do galego no ensino? O que sobran son excusas. Hoxe mesmo no café: "Para qué queren máis galego. Se total na selectividade poden facer o exame en castelán. E ó chegar á Universidade vanlle dar as clases en castelán" (un profesor de Ciencias, en castelán, claro). O certo é que un acaba aborrecido de repetir sempre as mesmas cousas...
Desgrazadamente, teñen razón todos vostedes. Oxalá non a tiveran!
Outro erro da Mesa.
Hai que entendelo en clave interna da galaxia bloqueira. No meu centro, os rapaces de Galiza Nova, nin por asomo pararon. ¿Terá que ver cun tour de force interno?
O que sei é que é, como dicía Carlos Casares, un puro disparate.
Moi simpático o de "Dillo a Laura", pero fóra do mundo mundial.
Concordo en que habería formas de protesta máis imaxinativas (están ben as de Mendinho), pois facer folga é o doado: unha boa parte do alumnado tamén a faría, coma tal, contra a cría de focas no Kurdistán Exterior. Mais tamén creo que a profesora que fai ese comentario non ten razón. Que os rapaces se expresen en castelán non é incompatible co desexo de que se cumpra a lei. Porque máis patético é que, tras tantos anos, unha parte do profesorado -e da Inspección- siga nas mesmas e non se mova nada.
O de Dillo a Laura é simpático, pero pouco imaxinativa e ata case un pouco reseso xa: esperaríase máis da imaxinación dos mozos. E si, a profesora que fai ese comentario non ten razón: hai que cumprir a lei. Pero, quen afronta hoxe esa realidade? Agora temos mesmo inspectores nacionalistas -cando menos dous en Ourense, p.ex.-: alguén ten a chave máxica para solucionar o problema?
A chave máxica é o respeto e que a labor pedagóxica chegue aos cidadáns... Ou eso creo.
Outro comentario de instituto: a culpa da situación do galego é dos ensinantes de galego, catequizadores e evanxelistas do idioma. Os rapaces rexeitan esa caste de profesores, danlles a espalda. Non é un comentario aillado: exténdese entre, sobre todo, os profesores galegofalantes doutras materias.
Saúdos para o señor Valcárcel, polo extraordinario labor desenvolvido pola nosa nación.
Júlio Medela
O de "Dillo a Laura" non é nada orixinal, só é puro mimetismo. Hai dúcias de versións xa feitas. Pero é que, ademais, está xa pasado de moda facer adaptacións desta canción. Pouco estruxaron o maxín estes rapaces!
Grazas, Júlio, polas túas palabras xenerosas. Sobre o dos profesores catequistas, como todo é discutible. Non digo eu que haxa que facer todo o tempo apostolado, pero tamén dar Galego como unha materia fría máis, sen ningunha implicación persoal, pois non é o meu ideal (cando menos, mentres teña folgos...).
Estou de acordo coa valoración da imaxe nas accións de protesta. Fai falta profundidade de pensamento, e iso demóstrase con creatividade. Tamén precisamos, paralelamente, paciencia porque unha situación como esta non se arranxa con catro pancadas mediáticas. Creatividade e piñón pequeno, digo eu, porque os proxectos ben razoados son os que teñen futuro.
Súmome a liña de case tods os comentarios deste fío: cómpre imaxinación e darlle unha volta ás accións de protesta a prol do galego. Unha folga, ou dúas ou tres, no estudantado non custan nada, mais tampouco valen de moito.
Con todo teño que dicir que menos mal que A Mesa, con maior ou menor fortuna, está a tanguer no asunto.
Tanguer, que significa? Tocar? Tocar qué?
TANGUER v.t. 1. Tocar certo tipo de instrumentos...2. Picar o gando para facelo andar, afalar, aguillar,...3. Golpear unha persoa ou animal,bater,...
(Gran Dicionario Xerais da lingua, Edicións Xerais de Galicia, Vigo 2000)
Semella evidente que a definición que ven no punto dous á a que corresponde.
Aínda que o de tanguer hai que entendelo en sentido figurado. Non foi unha casualidade usar ese verbo. Acho que co tema do galego, a súa promoción e normalización, cómpren moitas liñas de traballo. Tamén cómpren os que aguilloan.
Un saúdo.
Publicar un comentario