28 nov 2006


Contadores.
(Pan por Pan martes 28 novembro)

Hai grandes contadores neste país e iso vén de vello. Tiven a sorte de coñecer e tratar a algúns deles, como Carlos Casares ou o seu irmán Javier, que tamén ten o seu aquel á hora de narrar sucedidos. Ou Basilio Losada. Ou, entre os novos, o amigo Quico Cadaval.
Engadirei agora a esa lista a Xabier Puente Docampo, un dos mestres da nosa literatura xuvenil, que nos agasallou con varias horas de acolledora conversa no Encontro de Escritores de Mariñán. Leva toda a súa vida facendo iso, contar historias, en Galicia, España e América. Moitas delas sacadas da súa propia vida e reconvertidas en literatura oral: de cómo o fillo do señor Raimundo, pois do seu pai procede ese don milagreiro, padeceu o Seminario de Lugo, o peor do país, cando neno de 10 anos. Algunhas desas xoias están no seu blog:
www.xabier-docampo.net/blog/29_blog.php. Pagan a pena, xa verán.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Algún día alguén contará a influencia dos seminarios no sistema literario-cultural galego do último cuarto do século XX. Agardo que sexan as últimas influencias.

Marcos Valcárcel López dijo...

Lembrei agora que Agustín Docampo dixo, nesas charlas, que a súa experiencia fora moi semellante á que conta Xosé Alvilares en "Memorial de agravios" (Galaxia)

Anónimo dijo...

Disculpe que o corrixa, señor Valcárcel. Pero o nome do señor Docampo é Xavier, non Agustín. Talvez estean a misturárselle a vostede os nomes dos dous grandes da nosa literatura para rapaces: Xavier P. Docampo e Agustín Fernández Paz.