5 nov 2006


Fernández Mazas.
(Pan por Pan sábado 4 novembro)

A loita pola normalización do noso idioma nunca foi doada. Algúns tenden a idealizar a recente historia do noso país, pero o certo é que ata os tempos da Segunda República os únicos con certa coherencia neste nivel foron os galeguistas: os únicos que usaban o galego en público e defendían a Autonomía. Onte, na sección veciña “Historia en Catro Tempos”, viña un suceso de hai 70 anos, sobre o que eu mesmo teño escrito outras veces. O primeiro gran mitin polo Estatuto de Galicia nesta cidade, presidido por Risco e Suárez Picallo, foi boicoteado por socialistas de esquerda, entre eles Cándido Fernández Mazas, que acusaban aos galeguistas de querer implantar un novo caciquismo. Entre os xoves trosquistas daquela hora estaban tamén os seus irmáns Mario e Armando, a quen tiven a fortuna de coñecer. Co tempo o galeguismo iría enchoupando outras ideoloxías...
(Imaxe: Cándido Fernández Mazas, retrato do seu irmán Mario).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non se pode nomear a Cándido Fernández Mazas soamente dende unha visión nacionalista. Era moito máis que un gran artista. Habería que enfrentar a súa peripecia vital (defensa cas aramas da República,o seu compromiso ca clase obreira, ca actitude do reverencial Risco, que no era máis que un pequeno burgués irracionalista, eso sí que falaba galego, que acabou cantando os laureles de Franco e asumindo posicions racistas antisemitismo. En canto o papel dos galegistas na II República no referente o Estauto e a linguia non estaria de máis recoñecer, con modestia, o papel desempeñado polo Partido Comunista no referendum da autonomía do 36 (véxase Bozzo). E tamén o papel de galegos coma Portela Valladares e o seu periodico El Pueblo Gallego, e máis o xefe do goberno da Fente Popular Casares Quiroga e o núcleo de Izquierda republicana procedente da ORGA.
Un sáudo.

Anónimo dijo...

Unha pregunta: Que foi daquela web "Falamos galego. En positivo" que observo que xa non lle ten enlace señor Valcarcel?

Marcos Valcárcel López dijo...

Por suposto que a figura de Cándido ten moitas outras facetas a considerar: un extraordinario artista das vangardas, escritor e dramaturgo, etc. Pero aquí só me quixen referir ó seu papel naquel mitin do ano 1931 para lembrar que o galeguismo, nos inicios da República, só interesaba ós galeguistas. De certo, anos despois, sumáronse os comunistas e tampouco ninguén nega o papel, sempre polémico pero real, de Portela Valladares e o mellor xornal da época, El Pueblo Gallego, ou doutros nomes próximos á ORGA. Pero foron os galeguistas os que tiraron en primeiro lugar do carro: o Estatuto era a súa causa fundamental (outros tiñan tamén outros temas que atender).
E para o outro Usuario Anónimo, a páxina de Falamos galego. En Positivo, está parada, por falta de tempo para atendela: oxalá poidamos poñela en marcha de novo, xa veremos...

Anónimo dijo...

Enchoupar outras ideoloxías. Non ten outra cousa mellor que facer o galeguismo que enchoupar?