10 nov 2006


Homenaxe a Manuel Peña Rey

Hoxe recibe unha homenaxe en Ourense, dos seus compañeiros de profesión e do Colexio Médico, Manuel Peña Rey, un nome clave na historia do antifranquismo auriense e da axitación social e cultural. Foi a figura que galvanizou ao seu arredor múltiples enerxías do PCG histórico tamén no eido cultural (Antón Tovar, Stago. Lamas, Xaime Quesada, etc.) e un médico recoñecido e comprometido dende sempre. O seu labor cultural fíxose notar tamén en institucións diversas dende o Ateneo de Ourense ata o Clube Alexandre Bóveda, do que foi socio e colaborador. Vaia dende aquí, pois, a nosa noraboa ó amigo Manuel Peña Rey.

(Na imaxe superior, un acto do ano 1995 no Liceo, organizado pola Casa da Xuventude, no 25 aniversario da súa fundación: de esquerda á dereita, M.Rúas (traballador da sanidade e vinculado ó nacionalismo); M. Peña Rey (falaba en nome do PCG); o avogado Amando Prada Castrillo, expresidente do Liceo; eu no medio, creo que como moderador, se mal non me lembro; unha persoa que xa non recoñezo, e Vázquez Prats, relacionado este co Movimiento e o antigo réxime. Na mesa falarase dos cambios dende o franquismo ata a transición democrática).

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Coñezo a Manolo Peña-Rei dende hai (ai!) moitos anos.
Unha gran persoa, íntegra e comprometida.
Súmome a tan merecidísima homenaxe.

Anónimo dijo...

Non só era do PCG senón que era o seu Secretario Xeral e, creo que lembro mal, candidato moitas veces por esa formación e por Esquerda Unida. Mágoa que en Galiza esta formación e outras próximas non acadaran representación. Sigue a esquerda (malgré o BNG) sen representación.
Súmome a esta homenaxe. Serodia.

Anónimo dijo...

Coido que foi secretario xeral do PCG durante un curto período de tempo, cando o partido xa estaba totalmente fraccionado e era unha pálida sombra do que fora. Foi pouco despois de que Geluco (Anxo Guerreiro) tivese problemas con Anguita e fose expulsado ou abandonase a formación, xa non o lembro ben. Daquela, se non me trabuco, houbera dúas listas: unha de "Izquierda Unida" con Peña-Rei á cabeza, e a de Esquerda Unida de Geluco que se aliara co PSOE nas autonómicas do ano ????
Manolo Peña-Rei foi sempre un home fiel á "organización", un home de aparato neste senso.
A min, este aspecto da súa personalidade, é o que menos atractivo me ten. O que máis me gusta é o Manolo dialogante, modesto, honrado, loitador, amigo dos amigos, cariñoso e atento. Un gran tipo, sen ningunha dúbida.

Anónimo dijo...

Non coñezo a Peña-Rei en persoa. Pero o simple feito de seguir sendo consecuente cas ideas que o levaron a enfrentarse, e por elo padecer a represión, ca dictadura nuns intres nos que a maioria dos actuais políticos de Galicia vivian no millor dos mundos, merecese o máis grande dos recoñecementos. Pero Galicia soamente dá homenaxes os homes que primeiro menosprecia. Manifestado éste mediante os votos nas multiples eleccions nas que se presentou.
O glorioso e destacado papel xugado polo PCG, e os seus homes, na Galicia do antifranquismo soamente será recordado por uns cantos historiadores no futuro, xa que os de hoxe en día dedicanse a desempolvar pequenas anecdotas de galeguistas que na maioria das veces perteñeceron ao que Arentd chamou a "resistencia interior", e decir a "resistencia hacía dentro de un".
Un sáudo.

Anónimo dijo...

Hai un libro recente de Víctor Santidrián sobre a "Historia do PCE en galicia (1920-1968).

Anónimo dijo...

Si, mágoa que se deteña en 1968, polo que queda fóra o PCG propiamente dito.

Anónimo dijo...

Pois eu súmome a esa homenaxe e púñao para alcalde da esquerda e o galeguismo. Xa sei que non vai ser, pero sería bonito.
Se a dereita vai xunta, a esquerda e o galeguismo, poderían ir tamén.
E Manolo sería un bo referente.

Anónimo dijo...

Pois non podo axudarte, o único que teño é esta anotación: "día 19 de xaneiro, xoves. «25 anos de vida politica en Ourense», mesa redonda con Luis Díaz Núñez, Amando Prada Castrillo, Manuel Peña-Rey, Anxo Rúas, Alfonso Vázquez Prats e Marcos Valcárcel como moderador".
En todo caso si quero aproveitar para sumar a miña voz ás que homenaxean ao Dr. Peña Rey, persoa honesta onde as haxa.