Será a última palabra ... (Andoliña 11 novembro)Sabía del e das súas graves dificultades de saúde nestes anos por amigos comúns. No Liceo ourensán presentamos hai uns poucos anos o seu libro
Educar para la verdad y la esperanza, unha síntese da súa actitude ante a vida. Hoxe chegou ás miñas mans o seu último libro, quizais o derradeiro, cun seu limiar estarrecedor no que o autor se vai despedindo dos seus amigos, colaboradores e seres queridos e dedícalles a súa obra ás persoas que loitan contra o cancro, como el mesmo.
Dese limiar escrito en carne viva son estas liñas: “
Os que padecemos esta enfermidade sabemos que nos obriga en moitos momentos a contemplar a vida vendo pasar os días, “días como nubes perdidas” (Octavio Paz). Pero, co amor das persoas que nos rodean, nunca debemos perder a determinación de loitar pola vida, de ilusionarnos con pequenas cousas, de vivir con serenidade e esperanza. Cando menos, esa é a miña determinación. Como escribía o poeta Miguel Torga, a esperanza será “a última palabra da miña boca”. Aínda que no meu caso, moi probablemente será a penúltima”.O libro chámase
Pedagogía de la convivencia.
De
Suso Jarés, a quen envío unha quente aperta dende aquí, dende a Auria da súa mocidade.l
3 comentarios:
Unha aperta solidaria para Suso Jares.
Como alumno que puido disfrutar das súas aulas hai anos na Coruña, aínda que por pouco tempo, un saúdo afectuoso e tódolos ánimos do mundo.
Unha apertiña e un desexo de esperanza. EN lembranza das épocas do Colexio Universitario, cando todo nacía. Adiante bravo cabaleiro.
Publicar un comentario