29 nov 2006

La nada aquí.
Do blog irmán de Fran Alonso (cabrafanada, un dos pioneiros do medio no noso país) copio esta foto das pasadas xornadas en Mariñán, sacada nos xardíns daquel fermoso lugar. Estamos na foto Xabier P. Docampo, este cronista, Rosa Aneiros e Fran Alonso. O mellor da foto, non sei se se distingue, é a placa de mármore que está tras nosa e que recitaba así: "La nada aquí". Ningún dos presentes acertou a descifrar o significado de tan fonda sentenza, que quixemos inmortalizar con certa ironía.

3 comentarios:

Moralla dijo...

Bonita foto, irónica, precisamente a nada da placa non se ve, pero unha pequena parte do todo da literatura galega recóllese aquí. Unha aperta e noraboa polo encontro.

Anónimo dijo...

Home, había que dicir que, aparte da señorita Aneiros, o máis interesante da foto...

(Ai, aquelas antigas galanuras que, por mor do politicamente correcto, xa ninguén se atreve a usar)

Anónimo dijo...

Hic iacet pulvis, cinis, nihil. Epitafio latino.
En tierra, en humo, en polvo, en sombra, en nada. Don Luis.