12 dic 2006



Botellón municipal (apoiado polo concello de Ferrol)
Pan por Pan martes 12 decembro
O Concello de Ferrol subvencionará con 23.000 euros unha festa universitaria a celebrar o día 15. Esta festa de estudantes quere “relanzar o ocio nocturno” e anuncia un gran espectáculo con gogós de ambos sexos e actuación de DJs e consumo de alcohol a prezo módico. Ademais, os estudantes deben pagar 5 euros de entrada. Dito doutro xeito (cos datos que teño) un monumental botellón: ademais, o concello reparte un folleto con enderezos de pubs e discotecas para os mozos aburridos ás seis da mañá que queiran seguir a esmorga ata as luces do novo día. En fin, se os cidadáns ferroláns lles parece ben que se gasten así os seus cartos, alá eles. Pero hai algo que non me cadra: eu estou farto de escoitar discursos apocalípticos contra o botellón que, de paso, culpan de todos os males do país a Rodríguez Zapatero. Discursos que proceden, mira ti, do mesmo partido no que milita o alcalde ferrolán.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Levamos xa bastante tempo dentro dun novo estadio civilizatorio: a sociedade do disparate permamente. A ver se algún teórico lle dá por analizar este fenómeno.

Anónimo dijo...

Xa está bastante ven analisado, parcialmente claro, a interpretación é infinita.
Recomendolle a Critica da Razón Cínica, ou apuntamentos para o parque humano de Sloterdijk.
A clave é a desrepresión, a súa sustitución pola autonomica e a liberdade.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Francamente incrible. Que conste que a min non me parece mal que a xente nova faga botellón, sempre que sexa en lugares onde non se moleste aos veciños. Pero de aí á borracheira xeral subvencionada polo Concello... Paréceme unha poubanada populista e demagóxica

Anónimo dijo...

Eu tamén estou procupado polo mundo...
Pero xa o dixo Joan Airas de Santiago, alá polo século XII, e se cadra, é a propia historia cos seus ciclos... Dicía el:


Todalas cousas eu vejo partir
do mund’ en como soian seer,
e vej’ as gentes partir de fazer
ben que soian, ¡tal tempo vos ven!,
mais non se pod’ o coraçon partir
do meu amigo de mi querer ben.

Pero que ome part’ o coraçon
das cousas que ama, per bõa fe,
e parte-s’ ome da terra ond’ é,
e parte-s’ ome d’ u gran[de] prol ten,
non se pode partilo coraçon
do meu amigo de mi [querer ben].

Todalas cousas eu vejo mudar,
mudan-s’ os tempos e muda-s’ o al,
muda-s’ a gente en fazer ben ou mal,
mudan-s’ os ventos e tod’ outra ren,
mais non se pod’ o coraçon mudar
do meu amigo de mi querer ben.

Saúde