6 dic 2006


O misterio.
(Pan por Pan mércores 6 decembro)

Velaí un diálogo escoitado nunha emisora de radio local: “Bien, riquiña, tu me dirás”. “Quiero saber de salud y de amor”. “Pues, ya ves, yo te veo en las cartas buena estrella…”. Así empeza unha consulta de astroloxía que logo segue nunha longa sucesión de vaguidades. Comprobo nos últimos tempos un rexurdir deste tipo de espazos nas radios e televisións: territorios que explotan a industria do misterio e o esoterismo.
De pouco vale a crítica racional contra as supersticións, que veñen de vello: dende os tempos do Padre Feijoo e de Sarmiento. Sobreviven con forza todo tipo de agoiros. E non só entre a poboación menos formada. Sospeito que todo isto ten que ver con dúas cousas: unha, o medo, arma moi poderosa para dirixir as condutas. E outra, a necesidade dalgunhas persoas de falar con quen sexa, nunha sociedade non moi feliz nas súas formas de comunicación.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Na sociedade actual, a xente xa non ten carencias de índole material (a subsistencia está garantizada), pero iso non quere dicir que non teñan problemas a outros niveis.

Unha das razóns qeu leva a moita xente a usar os "servizos" de consulta astrolóxica e o tarot é pensar que non poden facer ren para cambiar o seu destino. Deixando o futuro en mans dun tarotista ou dun “adiviño”, un excusa ter que modificar o comportamento. No fondo, existe a crenza de que un non é responsable do que lle poida pasar.

Logo, como o comediante tarotista/adiviñador lles dá un pouco de alivio (na meirande parte das veces), pois iso reforza a crenza e o comportamento, así que é de supoñer que haberá xente enganchada a estes programas.

Antes este labor facíano os curas e a familia. Agora os tempos cambiaron. Creo que para peor.