skip to main |
skip to sidebar
De corazón, a todos e a todas os seguidores deste blog, casa común do pensamento, a opinión, a arte e a poesía, Feliz ano 2007. Pecharemos o 2006 como quen pecha un vello caderno cheo de notas e debuxos que xa se van desfigurando na memoria. É a hora de desexarlles a todos vostedes, lectores e lectoras, un feliz ano 2007. No que seguiremos a falar de moitos dos temas do ano 2006. Por desgraza os grandes problemas do mundo seguirán como xa estaban ó cabo do 2005 e non mudarán cando remate o 2007: a fame e a SIDA en África, a explotación do traballo dos nenos, o enquistado conflito Israel-Palestina (quizais cunha guerra civil palestina), Oriente Próximo como unha barrica de pólvora a punto de rebentar, o apoxeo dos fanatismos (terrorismo islámico, Bush, ETA) e o longo etcétera que vostedes xa imaxinan. Polo camiño cadaquén gozará das súas pequenas felicidades ou padecerá as súas intransferibles infelicidades. Porque o mundo nunca cambia tanto como nos din. Ou como nós queremos crer. (Imaxe do fotógrafo Bruno Bisang).
15 comentarios:
É verdade, o mundo cambia bastante menos do que nos venden. Pero, teño que decir que fai so 10 anos (e qué son 10 anos na historia dunha vida, dun país, deste mundo?) era absolutamente impensado para min aprender canto aprendín, coñecer canto coñecín e apreciar canto aprecio sen sair da miña casa, con so premer nun boton. Ás veces, poucas, o mundo cambia para ben. Grazas Marcos por estar aí, Grazas a Afonso Monxardín e aos lectores-comentaristas que son para min profesores de luxo. Bon ano para todos!
Que teñas un bo ano e que o ano que ven melloremos algo iste mundo!!!
Nós (os lectores deste blog e outras pingas no oceano da Humanidade) somos seres absolutamente privilexiados. É ben lembralo, é ben que nolo lembren. Grazas por facelo, bo ano e sigamos procurando que o salitre sexa menos amargo.
Feliz Ano a todos.
Todo o comentado é moi certo, digamos o que digamos, o home non é pacífico por natureza, e nunca o será.
Non consigo desenamorarme da preciosa foto!!
Feliz ano 2007!!
Yoli :-)
Eu xa felicitara onte o ano nun post de moito máis abaixo. Pero por se algún amigo non o veu, velaí vai o fragamento:
Reciban todos os participantes deste blog do amigo Valcárcel os meus mellores desexos para que o ano 2007, que hoxe comeza ás 12 da noite, sexa realmente venturoso, ao tempo que lles envía un cordial saúdo este sempre seu, Anónimo Político-Cultural.
sí, rematou o 2006, quedou ali, flotando, sobrevivindo a tódolos temporais, a todolos lumes, a tódolos exilios. Ajora, no 2007, penso que a pesares de todas esas realidades, vai acontecer un gran fenómeno para a nosa terra. a volta de moitos dos exiliados da miña quinta que se atopan en Barcelona, por que o final, todos precisamos da bravura deste mar.
O 2007 será o ano de voltar, de recuperar os soños que a espera non desgastou. De verdade, seino de boa tinta.
Tan so desexarte a tí e a túa familia que vivades este ano ca mesma intensidade que eu vivín o 2006 e que poñades as vosas utopías nas mans como eu farei neste ano. un bico tremendo dende Sardiñeiro.
http://www.youtube.com/watch?v=gduRONsxOmY
o fragmento que aparece reflexado o final do outro comentario, é un pequeno video, fermosisimo, que me gustaría compartir con todos
Benvida, Bágoa. Que agradable sorpresa encontrarche neste mundiño virtual, despois de anos de distancias...Nin sequera sabía que seguías en Barcelona nin que tiñas un blog (incorporareino de contado ás miñas ligazóns e seguireino de agora en diante). Unha aperta.
¿Outra adolescente máis que ten blog?
Pois ten un blog cheo de sentimento
Yoli
Non vale que unha adolescente ampare a outra adolescente.
Tampouco é pecado mortal ser adolescentes, digo eu: todos pasamos por aí nalgún momento. Ten cousas boas e malas, como calquera etapa da vida. O que interesa é aprender das mellores e non darlle demasiada transcendencia ás peores: acaban pasando co tempo, na maior parte dos casos.
Benvida ti e o teu blog, Bágoa. E se es unha adolescente, sorte que tes... Quen me dera a min!
Eu matizo: quen me dera ser adolescente coa (limitada) experiencia actual e cos (máis limitados aínda) coñecementos actuais. O mundo ía tremer!
Publicar un comentario