21 dic 2006



Dende as orixes do cine...
Andoliña venres 22 decembro

Dende as súas orixes, o tren está presente en moitos dos grandes relatos do cine: o tren como símbolo da aventura, velaí os primeiros westerns e outros moi populares. O tren fíxose visible tamén no cine do humor: O maquinista da General”, de Búster Keaton, sería o mellor exemplo. Ou na intriga e no crime: velaí Alarma no expreso (1938) ou Estraños nun tren (1951), de Hitchcock, no segundo caso sobre a novela de Patricia Highsmith. Pero tamén no melodrama e no cine romántico, como na gran historia de amor e infidelidade que narrou David Lean en Breve encontro (1945) que transcorre en gran parte nunha estación ferroviaria.

Por que ese éxito do tren nas pantallas? O ferrocarril é un medio dinámico e posibilita xogar co paso do tempo: como o cine, a narrativa ou a banda deseñada. É, por outra banda, un espazo pechado: todo pode pasar nun vagón e o cine soubo explotar esa claustrofobia latente. E permite soñar culturas e aventuras exóticas, porque os camiños de ferro rematan por superar todas as fronteiras. É, ademais, un medio mestizo, que mestura xentes de todas as colores e culturas: todo iso ten moito que ver, dende logo, co cine.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Ata as despedidas fanse eternas na fermosura dun tren,
entre o vapor que se vai esvaecendo lento,
o chirriar móbil da vía estática, férrea, lonxeva...
e esos ollos detrás da ventá falando grandezas sen pronunciar palabra

Unha aperta
moralla

bouzafria dijo...

Contaba Billy Wilder que o argumento de "O Apartamento" ocurríuselle vendo "Breve encontro": ¿que fará o amigo da parella de amantes mentres estes ocupan a súa casa?
E sobre Wilder: Tamén nun tren ocurrían esceas divertidísimas protagonizadas por Marilyn e dous travestidos Lemmon e Curtis.

Anónimo dijo...

señor moralla que agora os trens xa non van a vapor

Anónimo dijo...

Qué fermosa coincidencia: falaba noutro post de Amici miei (non i miei amici, como escribín) de Mario Monicelli, cun grande da comedia italiana, Ugo Tognazzi, e o recentemente falecido Philippe Noiret. Unha das esceas máis famosas deste film sucede nunha estación de tren: os amigos agardan ó final do andén para pegarlles unhas boas bofetadas ós que asoman a faciana pola fiestra mentres se despiden.

Anónimo dijo...

señor anónimo que hai unha cousa que se chama literatura e metáfora