10 dic. 2006

Goytisolo, revisionismos, Sorolla, etc.
O Babelia de onte traía bastantes cousas de interese. A min, por exemplo, parecéronme interesantes a recensión que facía J.C. Mainer de Sorolla ou as entrevistas a Juan Goytisolo e a Ángel Viñas. Goytisolo repetiu as súas loubanzas (non é a primeira vez) ó labor do narrador ourensán José María Pérez Álvarez, o autor de Nembrot e Cabo de Hornos. E quixen traer a esta recuncho esta opinión de Ángel Viñas sobre o revisionismo histórico, nunha tamén valiosa entrevista sobre o aillamento da República por parte das democracias da súa época.
P. Su libro aparece en plena eclosión del revisionismo histórico. ¿Cómo ve ese fenómeno?
R. Llevo 20 años fuera de España, pero mi visión es que el llamado revisionismo histórico español, en mi opinión neofranquista y de medio pelo, no es Historia. La Historia es siempre revisionista, se replantea problemas con distintas perspectivas y nueva base documental. Me gustaría que mi libro tuviera de seis a ocho años de vida, pero puede quedar superado en tres. Por definición, pues, la Historia es revisionista. Pero el llamado revisionismo español pone en lenguaje cheli, adaptado a principios del siglo XXI, los viejos mitos fundacionales de la dictadura sobre la República y la Guerra Civil. No hay nada nuevo, de verdad. Y hay, en cambio, mucho de una ignorancia supina de la historiografía crítica académica, la que hacemos los historiadores, y una pasada por el turmix de algunos mitos que son coetáneos de la guerra civil misma: la salvajería, el asalto a la civilización occidental, la manipulación por el Comintern, la barbarie española. Exactamente 70 años más tarde, son las mismas ideas.
P. ¿Por qué cree que se da ahora este tipo de Historia?
R. Es una aplicación al combate político de hoy de una lectura selectiva de la Historia. Y con un terrible éxito de ventas, que ya quisiera para mí. Una parte de la sociedad española ha estado amamantada en los mitos franquistas. La labor de historiador normal nos ha llevado necesariamente a desmontar esos mitos. Más o menos eso se ha desarticulado. Pero para un sector de la sociedad española, esto es muy doloroso porque significa un repudio a los ideales de su juventud o a lo que han creído sus padres y abuelos. Lo comprendo, pero no lo justifico porque no puede justificarse.

3 comentarios:

anónimo político-cultural dijo...

Desgrazadamente non lin nada do escritor ourensán a quen os seus amigos chaman "Chesi". Desde logo con ser tan só a metade de bo do que di Goytisolo, é unha pena que non se anime a escribir en galego: comeriase nun só bocado o chamado SLG, que semella vexetar entre obras irrelevantes e obras dunha ambición desmedida. E digo semella, porque non leo todo o que se publica, pero esa é a sensación que dá hoxe en día. Corríxanme vostedes se me equivoco, que coñecen o SLG moito máis ca min.

Verbo do que di Ángel Viñas, non se pode estar máis de acordo. Vin o outro día nunha librería un novo libro de Alberto Reig Tapia titulado precisamente "Anti Moa", no que supoño que desmonta toda a súa patraña e pon ao descuberto as súas raíces intelectuais na máis rancia haxiografía franquista.

Por certo que Carrillo leva dicindo a quen o queira oír, dende hai anos, que o tal Moa era un infiltrado do célebre comisario Conesa nos GRAPO.

En fin, en todo caso non é tan raro psar dun extremo a outro: basta con quedar co mesmo esquema maniqueo e substituír só o obxecto de atención.

Outro bo peixe é o César Vidal ese, e a súa factoria de negros que lle permite publicar cada mes un novo libro dos temas máis dispares.

marcos valcarcel dijo...

José María Pérez Álvarez, Chesi, sacara en galego un libro breve, en Ediciós Positivas (agora non estou na casa e non lembro o título), pero o certo é que daquela non tivera demasiada repercusión nin éxito editorial... Eu linlle Nembrot, que é unha boa novela, aínda que densa e difícil, e de Cabo de Hornos, que aínda non lin, escoitei moitos comentarios positivos.

marcos valcarcel dijo...

O LIBRO DE "CHESI" DO QUE NON ME ACORDABA ERA "En perigo de extinción" (Ed. Positivas). Velai vai unha nota breve que lle dedicara xa hai bastantes anos:
José María Pérez Álvarez (O Barco, 1952), coñecido como “Chesi”, ten xa unha longa andaina literaria desde os anos 70 con moitos relatos premiados con diferentes galardóns. Por exemplo, o relato “Los siete signos” (Premio Mor de Cuentos de Zaragoza, 1973); o relato “El Hombre con un sombrero como Humphrey Bogart” (Hucha de Plata en Madrid, 1975); a novela curta “Cuando Elena se fue”(1980), premio de Narrativa Breve El Golpe; o relato “Nueve de abril” (1985), premio Gabriel Miró de contos; a novela “Las estaciones de la muerte” (1987), premio Constitución de Novela da Junta de Extremadura, e “La vida innecesaria” (1988), premio Gabriel Sitjé de Novela Curta en Orihuela. Funcionario de Facenda, colaborou nas revistas ourensás “Barra” e “Doblecero” e a súa obra ten sido loubada por autores como Manuel Zabal e José Luís López Cid, quen calificou como espléndida a súa novela breve “Las estaciones de la muerte”, ambientada no Liceo Recreo ourensán. En galego publicou “En perigo de extinción” (Positivas, 1996), unha especie de bestiario satírico sobre xentes de aquí e de hoxe. A súa última obra é “Un montón de años tristes” (Barcelona, 1999), obra de ambiente ourensán cun novo nome literario para a cidade (Ponteaur).