10 dic. 2006

Lendo os xornais...

Hai días nos que lendo
os xornais un pode adquirir unha gran cultura. Por exemplo, estes días convertémonos todos xa espertos no polonio 210, soubemos que Silvia Jato e Jesús Vázquez son os máis guapos nas enquisas e que (outra enquisa máis!) os españois pensan que os partidos políticos e as empresas son os sectores máis corruptos en España: pois vaia descubrimento!.
Os xornais deberían ter ademais unha sección que se titulase “Disparates”. E nesa sección iría onte o artigo dun coñecido xornalista da dereita española que onte, nun ton apocalíptico, daba unha chea de ideas para posibles atentados do terrorismo de Al Qaida: dende poñer un barco bomba no porto de Nova York ata atentar en prazas de touros e estadios de fútbol nun partido da Copa de Europa. En fin, se os terroristas carecían de ideas, sempre hai alguén disposto a botar unha man. Esperemos que non lean a Ansón...
(Pan por Pan domingo 10 dec. Imaxe de Junakovic)

10 comentarios:

marcel swann dijo...

De Silvia Jato (Xato), recordo unhas declaracións que fixo á Couze da Nabiza, nas que dicía que "para vivir, Madrid" aínda que "Lugo tiene el encanto de la provincia"...
A Jesús Vázquez costoulle un pouco máis borrar o acento que á Xato (seica), pero ao final o chico triunfou nos Madriles, que é o que conta.
Tamén recordo certo comentario que escoitei hai anos. Dúas estudiantes que se encontran nunha universidade do estranxeiro, e vai unha e dille á outra: "Anda, pero si eres gallega... no se te nota el acento". E a outra: "Ai, gracias, gracias..."

anónimo político-cultural dijo...

Estaría moi ben que puxese aquí ese artigo ao que fai referencia. Así poderiamos botar unhas risas entre todos. É que disparates desa categoría non se len todos os días, o que xa ten moito mérito, desde logo.

marcel swann dijo...

http://www.elpais.com/articulo/portada/Jesus/cielo/elpepusoceps/20061126elpepspor_6/Tes/

Totalmente desplumado. Cito:
"Los Vázquez Martínez –matrimonio y tres hijos– llegaban a Madrid desde Ferrol (A Coruña) por traslado del padre, militar de carrera. “Fue brutal. Pasé de un colegio laico y mixto de provincias al ambiente de misa diaria y tintes fascistas de un colegio masculino de curas. Yo llevaba todas las papeletas. Tenía acento gallego”, enumera, “era gordo, con gafas de culo de vaso y pluma. Lo más suave que me decían era vaca gallega.(...)

Pero se estaba gestando un terremoto. Una hecatombe hormonal. El estirón mató al patito feo y a los 16 años Jesús Vázquez Martínez se convirtió en el cisne del colegio de los Agustinos de Padre Damián, en la zona norte de Madrid. “Me quité las gafas, me quité la grasa y me quité la pluma”.

marcel swann dijo...

Infelizmente, non poido atopar a entrevista que (creo recordar que foi non verán) lle fixeron a Silvia Jato na Voz (creo que con un algo de "mal leite" por parte da entrevistadora). En todo caso, pego aquí un cacho dunha entrevista que se pode atopar en http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=4141755&lnk=SILVIA,JATO
Fala do seu programa "Pelopico" nonseiqué. O "nível" é tremendo: atención ao que di e como o di. Menos mal que non se lle nota o acento e que ten unha dicción impresionante. Cito:

-¿Cómo valora la experiencia?
-Es un tipo de formato que, si bien me apetecía muchísimo, porque es un cambio de mi registro, el contenido es algo que me cuesta, porque que te toca.
-Como con «Pelopicopata», ¿le gusta hacer programas que puedan ver sus hijos?
-Mi hijo mayor disfruta con los animales desde que tenía dos años. Siempre se lo he potenciado mucho, porque la naturaleza es lo único que nos queda sin agredir. Desde pequeño le ponía vídeos con animales y lo he llevado a los zoológicos y los safaris.

marcos valcarcel dijo...

Para APC:
o artigo de Ansón saiu en El Mundo o sábado. Quixen colgalo aquí, pero eu non o encontrei na rede, nin sequera na hemeroteca. Téñoo en papel: cando poida, ofrecerei sequera uns anacos do gran disparate...

Leituga 1 dijo...

Non entendo cal é o problema nin con Silvia Jato nin con Jesús Vázquez. Se cadra eu son un pouco boa fé, pero non acabo de ver nesas entrevistas outra cousa que dúas persoas que falan con normalidade de certas experiencias vitais e profesionais. Como o fai o 90% da xente. Non sigo moito a estes dous rapaces, pero a verdade é que me alegro de que lles vaia ben, aínda que sexa en "Madrid" (glup!).

marcel swann dijo...

leituga: eu tamén son de boa fe. É un pouco de rexouba. Non cre que fai falla máis humor na intelectualidade galaica?
A historia jesusvazquiana é unha nova versión do chiste do angazo: sabe a que me refiro, non?
A señorita definiuse a si mesma como unha "gallega a la española" (coma o chiculate) cando dixo aquilo de que "para vivir prefiro madrid", mais que Lugo ten "el encanto de la provincia" (querendo esquecer, se cadra, que ela naceu, oh casualidade, nesa provincia). Logo as respostas que da nesa entrevista son un pouco de coña.

Uns elixiron a emigración (que par eles non é tal, porque Galicia é unha provincia). OUtros tivemos (e temos) que roela todos os dias de dios.

anónimo político-cultural dijo...

Sinceramente, eu tampouco lle acabo de ver cal é o "problema" destes dous mozos.
Que se foron para Madrid para triunfar no Show Business? Claro: É unha saída profesional como calquera outra! Que teñen unha visión estereotipada de Galicia e dos galegos? Claro: Como a de tantos galegos que viven dentro e fóra de Galicia!

Eu, en fin, non a tomaría contra deles. Ademais... son tan guapiños!

Leituga 1 dijo...

En efecto, señor Swann, estou completamente de acordo con vostede niso de que fai falla máis humor entre a intelectualidade galaica. E entre a que non é intelectualidade, tamén.

anónimo político-cultural dijo...

Humor, moitísimo humor!