22 dic 2006

Klase borroka?

Reproduzo un artigo de Carlos Marzal, publicado o día 20 en El Mundo (suplemento Aulas). Por sorte a experiencia que describe non é a miña experiencia como docente (só nalgunha ocasión moi excepcional), pero pensei que sería interesante subilo aquí para promover o debate sobre a escola de hoxe. Si creo, como di o autor do artigo ó remate, que o Bacharelato está degradado en moitos campos: un exemplo, un alumno/a pode rematar os seus estudos de Bacharelato sen estudar nunca cun mínimo de detalle e profundidade nada relacionado coas Artes Plásticas (a non ser que collese esa asignatura como optativa). É isto razonable? Eu creo que non.

La ‘klase borroka’
Antes de solicitar una excedencia y tratar de sobrevivir con el ejercicio de la escritura y sus distintos aledaños, solía bromear con mis compañeros de instituto diciéndoles que nuestro oficio había cambiado por completo. Ya no se trataba de impartir clase, sino de sufrir la klase borroka. Procurar mantenernos enteros, durante 50 minutos, dentro de un aula con dos o tres docenas de adolescentes, generalmente desganados, habitualmente descontrolados, ocasionalmente intoxicados.
En mis horas de humor más lúgubre, muchos años atrás, vaticinaba la instalación de detectores de metales en las puertas de los colegios, la contratación de guardias de seguridad y la creación de un adjunto de orden dentro de las aulas, alguien con capacidad intimidatoria y dotes pugilísticas. Algunas de esas medidas más o menos docentes ya se aplican en Francia (además de eventuales despliegues del ejército en las escuelas), y otras aquí mismo. Por lo que me cuentan, por lo que leo en los periódicos, por lo que he visto cuando voy a dar lecturas en los institutos de distintas provincias, las cosas no han cambiado, y en ciertos casos han ido a peor. El acoso –que siempre ha existido– se ha vuelto popular, las agresiones a los profesores no se ven como algo extraño, las familias acuden en pie de guerra ante cualquier llamada de atención.
No es justo generalizar (pero resulta inevitable): también hay alumnos excelentes, clases educadas, cursos pacíficos. Cursos, clases y alumnos que padecen un clima inadecuado para el aprendizaje, que son las primeras víctimas de esa realidad, que se sobreponen como pueden a las circunstancias.
No soy un pedagogo, ni un especialista en la dirección de la enseñanza, ni un político del área, pero estoy convencido de que las tres o cuatro últimas reformas educativas (consensuadas por la mayoría de los partidos) han empobrecido a nuestro alumnado. Por lo común, el bachillerato de mi padre fue mejor que el de mi hermano; el de mi hermano, mucho mejor que el mío; el mío, mucho mejor que el de mis viejos alumnos de BUP; y el de mis alumnos de BUP, mucho mejor que el de hoy en día. Lo fue en lo intelectual, y no digamos en la simple y llana educación cívica.
Sé que el mundo ha cambiado: somos más, no hay trabajo fácil, la vida en la calle se ha vuelto más hosca, la noche es violenta, abundan las familias truncadas y sin criterios de conducta; el esfuerzo, la honradez y la cortesía no parecen ser valores en alza. Sin embargo, nada de todo eso justifica que nuestro sistema educativo no aspire a la exigencia. Ésa –con sus correspondientes medidas económicas para poder llevarla a cabo– creo que debería ser la dirección a seguir: exigencia que tienda a la excelencia. Lo contrario significa, en definitiva, una estafa para nuestros jóvenes y una farsa con respecto a lo que luego van a encontrar en ese extraño lugar que llamamos la vida adulta.
Lo contrario representa la extensión de ese clima de desasosiego en el que entrar en clase significa sumirse en la klase borroka.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Son moi crítico co sistema educativo, pero nin de lonxe os nosos pais estiveron mellor preparados cos nosos fillos. Esa falacia exténdese sen probas. Porque non pode haber probas para circunstancias, factores ou plantexamentos completamente diversos. A obrigatoriedade do ensino ata os 16 anos é responsable desa sensación de baixa educación, pero os rapaces que estudian hoxe bacharelato son bos estudantes. Eu sempre fago a mesma pregunta e teño xa 45 anos: cantos compañeiros nosos chegaron ó final do bacharelato e remataron despois algunha carreira? Cántos quedaron polo camiño dos estudios?
Os que escriben nos xornais soen ter estudios superiores e sempre cren que o que eles estudiaron sempre é millor que o que estudian os seus fillos ou as xeracións posteriores. Eu non concordo con iso. Síntoo.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Prefiro non valorar se os plans de estudo son mellores ou piores mas é claro que o nível actual da xente nova en áreas como as matemáticas ou a lingua é de vergoña.

A perda xeral de autoridade e a falta dunha educación do dominio emocional está reflectirse nas aulas.

Ser eternamente un rebelde adolescente do American way of life vende mas é irreal. Teño a impresión de que bastantes dos meus colegas coas súas trinta primaveras ao lombo son moi pouco maduros e non son quen de afrontar con serenidade algunhas das situacións frustrantes que se producen no cotián como a morte, o desemprego, os fracasos sentimentais, un salario modestom, etc...

Anónimo dijo...

"O nível actual da xente nova" a qué se refire? Nos meus tempos non aprobaba matemáticas (quero dicir ben, sen problemas e repeticións múltiples ata esgotar a paciencia dos profes) máis ca dúas ou tres persoas dunha clase tipo: unha porcentaxe que nunca sobrepasaba o 10% do alumnado. E con xente que deixaba as aulas para integrarse antes no mercado do traballo. Non con xente que continúa ata os 16 porque están obrigados. Podemos discutir se está ben telos ata esa idade nas aulas, pero, se aceptamos esa situación, non podemos despois empezar a falar de baixada de nível académico.
Sobre a escasa madurez dos thirty something non teño demasiados datos: os que eu coñezo (antigos alumnos meus, por exemplo) saben moi ben (mellor ca nós) o que precisan.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Home, teño colegas que decididron ficar na universidade e polo que me informan, ver que bastantes dos rapaces que entran na universidade non saben facer unha integral ou facer álxebra elemental, escriben "angar" ou "bóbeda", só pensan en gañar moitos cartos rápido, carecen de vocación, e ainda por riba se poñen "chulitos" desanima a calquera.

Non estou a defender o anterior sistema de ensino, estou a defender que sen autoridade paterna e docente non poden saír rapaces ben ensinados no académico nin no emocional. Agora hai universitarios eternamente inmaduros adolescentes e a universidade non pode nin debe ser unha gardería.

No que gañou o ensino foi no espírito democrático. Mágoa que as empresas non se rixan precisamente por regras democráticas senón polas do comunismo máis estalinista.

Por certo, teño 27 anos, falo con conciencia do meu tempo cando digo "a xente nova".

Marcos Valcárcel López dijo...

Non todo o mundo vale para o labor docente: iso ten moito que ver coa perda xeral de autoridade (entendida tamén como "autorictas") nas aulas. Eu considero que ampliar a escolarización ata os 16 anos foi unha conquista histórica. Moi positiva. Pero iso non significa que todo o derivado desa medida sexa perfecto. É certo que se rebaixou o nivel porque o sistema de promoción da ESO digamos que modificou as propias actitudes do alumnado: non entendeu como valioso o esforzo e a disciplina educativa e iso é preciso para aprender. Moitos alumnos/as chegan con ese "chip" ó Bacharelato e custa bastante modificalo logo. Hai alumnos que rematan o Bacharelato (e que chegan á Universidade) confundido un substantivo cun adxectivo e iso non é de recibo, dende logo. Tamén é certo que a escola é unha illa na sociedade: todo o bo que alí poden recibir e asimilar está en contradicción co que encontrarán fóra das aulas (TV, videoxogos, etc.).

Anónimo dijo...

Non sei que pasa que véxoo todo negro.

Anónimo dijo...

O propio proceso de seleción do profesorado (a oposición) non ten que ver nada coa "autoridade" da que fala Carlos Valcárcel. Ten que ver, iso si, coa "auctoritas" dos coñecementos demostrados (léase a chapatoria dos temas correspondentes).
Vai por aí o que vostede quería dicir, sr Valcárcel?