10 ene 2007


Casa un crego en misións
(Andoliña mércores 10 xaneiro)


En Polonia ten que dimitir todo un arcebispo polas presións recibidas ó descubrirse a súa colaboración co pasado réxime comunista. En Ourense o escándalo non chega a tan altas xerarquías, queda máis embaixo: un crego misioneiro decidiu casar e anda nas lerias das xentes de Verín e A Mezquita. Lembro algúns escritos seus na prensa ourensá. É un crego mozo, comprometido coa realidade en Suramérica, e argumenta “cunha muller como esta, como non vou casar?”.

Pero, realmente hai escándalo? Polo que eu vin, os veciños da comarca, entrevistados en La Región, reaccionan cun san exercicio de sentido común: son xentes fieis á Igrexa pero opinan que, co celibato sacerdotal, dentro de pouco non haberá cregos para atender as parroquias rurais. Non é unha posibilidade, é unha realidade que xa está a suceder hoxe en terras afastadas e con pouca poboación. Pero os veciños falan do tema sen ningún dramatismo. Creo que moi poucas persoas racharían as vestiduras se a Igrexa católica aceptase hoxe o casamento dos cregos. Esa decisión chegará. É só cuestión de tempo.

E vostede que opina? Pois, como di un meu amigo, Deus nos libre de xulgar os pecados que nacen da cintura embaixo. l

11 comentarios:

Anónimo dijo...

É evidente que a igrexa ou se adapta aos tempos modernos, que diría Curros, ou quédalle pouco que lamber. No do celibato xa non o cren nin os máis retrógrados expoñentes da vella escola eclesiástica. Sobre o do crego ourensá, comprometido coa causa suramericana, paréceme estupendo. Que tomen exemplo algúns dos de por aquí e que se deixen de facer oposición política, que para iso xa temos suficiente cos que singran eses mares.

Anónimo dijo...

Que ten que ver Xesus de Nazareth, Cristo, co Vaticano. Nada. A Igrexa española sempre estivo comprometida coa reacción. A Igrexa galega, sempre de costas ao pais, alimentando o complexo do labrego galego, aliado cos caciques, e agora pregados ao PP. Da decadencia desa institución quen mais se vai beneficiar é o cristianismo, o cristianimo da fe humilde, a esperanza dos que somos conscientes da existencia do camiño do ben, do camiño a Deus, do final no amor. Hai xente ben intencionada nesa institución, pero a verdade, cada vez menos. Un cambio dende dentro hoxe, sendo realistas é imposibel, mais vale non soñar con eso, e si, mais ben orientarse entre a relixión invisibel cara a comunidade futura, capaz de romper os conceptos e abrirse ao novo, ao por chegar, a mensaxe e camiñar.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Gumer Sindo: ese é o nome do seductor de penitentes. Vaille callar: o Concilio tridentino é claro:
Si por la gravedad del delito fuere necesario echar mano del castigo, entonces es cuando deben usar del rigor con mansedumbre, de la justicia con misericordia, y de la severidad con blandura; para que procediendo sin aspereza, se conserve la disciplina necesaria y saludable a los pueblos, y se enmienden los que fueren corregidos; o si no quisieren volver sobre sí, escarmienten los demás para no caer en los vicios, con el saludable ejemplar del castigo que se haya impuesto a los otros; pues es propio del pastor diligente y al mismo tiempo piadoso, aplicar primero fomentos suaves a las enfermedades de sus ovejas, y proceder después, cuando lo requiera la gravedad de la enfermedad, a remedios más fuertes y violentos. Si aun no aprovecharen estos para desarraigarlas, servirán a lo menos para librar las ovejas restantes del contagio que las amenaza.
Non teño a mán versións galegas desta fermosa e edificante prosa.

Marcos Valcárcel López dijo...

Prosa tan literaria como cruel no seu significado máis fondo. Sen dúbida. En todo caso, o pobre Gumersindo Meiriño xa sabía con quen lidiaba: disque é teólogo. O tema está a suscitar en Arxentina, provincia de Corrientes, un gran debate, tal como recolle a prensa de aló.

Anónimo dijo...

Eu non entendo moi ben o caso. Se un tío é cura católico e quere casar, o que ten que facer é saírse de cura. E se quere seguir sendo cura e non renunciar á muller amada, daquela ten que pasar á clandestinidade. Como amante, quero dicir. Así foi toda a vida e nunca pasou nada. Pero estes teólogos da liberación son uns iluminados.

Anónimo dijo...

E logo non perde a condición de cura ao casar? Eu crin que era como perder a condición de solteiro ao casar ou a de virxe ao foder?
Perdón pero é que lles estou un pouco primitivo.
Ademais, se casa polo civil, a igrexa non llo recoñece a punto: un crego máis en pecado, que visto o visto, tampouco é tanta novidade.
En fin, parabéns ao crego, á señora do crego, a nai que os pariu, aos que os festexan e aos que os denigran. Todos forman parte da orquestra.
Non vexo a novidade da noticia, a nova nova, por ningures.

Anónimo dijo...

Estou de acordo. Eu parabenizo tamén a todo o mundo. O importante é que haxa paz e algo pra comer.

Anónimo dijo...

A verdade e que estou asombrado.
Vexo que moita xente non entende o amor.
Pareceme que o crego fai ben: deixa todo por amor. si ese amor é auténtico porque non deixalo todo.
E parece do bó porque el deixou todo polo amor, me parece que este cura está mais cerca do Amor. ou sexa de Deus que moitos de nós.

Anónimo dijo...

Eu non entendo moito,pero penso que,prá igrexa,non se perde a condición de cura ó casar.É un sacramento(a orde sacerdotal),e,se non lembro mal,os sacramentos son vitalicios...Pero bueno,doctores haberá por eiqui...

Anónimo dijo...

Tén razón leituga1.O que importa é ter que comer,que a roupa,cómprase.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois non, seica a condición de "sacerdote" non se perde nin sequera deixando o oficio. É un sacramento e pervive máis aló da vida e da morte: iso dicían e iso lembro dos meus tempos máis cristiáns que os houbo.
O que tamén é certo, relendo este post e os comentarios despois de tanto tempo, é que moitos cregos o pasaron mal, sobre todo a final do franquismo, para secularizarse e refacer as súas vidas. Os tempos non axudaban. E iso explica que moitos pasaran´"á clandestinidade" como di Leituga, no terreo dos afectos e dos amores. Benditos.