14 ene 2007



Catalá Roca
Sempre me pareceu moi simpática esta foto de Francesc Catalá-Roca, "Señoritas paseando pola Gran Vía de Madrid", que se ten exhibido en moitas antoloxías de fotografía española. A outra, do mesmo estilo, titúlase "Azafata saíndo do metro na Gran Vía de Madrid" (1952).

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Recomendo as fotografías que Joan Colom: fixo en Barcelona nos anos 60 de xeito clandestino: no barrio chino, na praia/vertedeiro de Somorrostro e no mercado do Born. Nunha exposición que se fixo en Barcelona hai un par de anos, cheguei a ver unha película feita polo propio fotógrafo que complementaba as imaxes en papel.
Descoñezo se en Galicia tivemos fotógrafos coma Colom, que nos deixasen constancia dos barrios humildes das nosas cidades.

Anónimo dijo...

Estas fotografias que nos deixas aquí, Marcos, son de gran valor pra comprender a época histórica da que nos falas. E aínda máis os títulos das mesmas, sobre todo o de "Señoritas" que é moi característico.

Unha aperta

Anónimo dijo...

Creo que non, señor Swann, creo que aquí, agás que se descubra algún tesouro perdido, non tivemos fotógrafos do estilo do gran Colom, retratistas da sórdida vida urbana do franquismo. Pero temos ao excelente Virxilio Vieites, que tampouco era maneto.
A foto da azafata que concentra todas as miradas lembroume o significado tan especial que tiña esa profesión cando eu era neno. Calquera nena á que lle preguntabas que quería ser de maior contestaba invariablemente "enfermera" ou "azafata", que viña ser unha cousa de moita altura e non pouco "glamour". Aínda que tamén había algunhas que dicían querer ser monxas. Esas foron as que saíron máis rabechas.