1 ene 2007

Encontros literarios do Liceo (en forma de adiviña)

O Liceo ourensán celebra dende o ano 1990 uns Encontros Literarios que axuntan escritores galegos e non galegos. Por esa cita, que chega no 2007 a súa XVII edición, pasaron xa a maioría dos máis relevantes escritores da literatura en castelán, tamén algúns cataláns e vascos, moitas veces convidados persoalmente por Carlos Casares: nomes como Luis Mateo Díaz, Caballero Bonald, Carmen Riera, José María Merino, Juan Pedro Aparicio, Miguel García-Posada, Almudena Grandes, Blanca Andreu, Fernando Delgado, Encarna Castejón, Manuel Vicent, Juan Cruz, Jose Mari Iturralde, Benjamín Prado, Juan José Millás, Rosa Regás, Marina Mayoral, Fanny Rubio, Cristina Fernández Cubas, Clara Sánchez, Julio Llamazares, Susana Fortes, etc., ademais dos galegos Basilio Losada, Casares, Suso de Toro, Manuel Rivas, Bieito Iglesias, Xosé Carlos Caneiro, Luisa Castro, Alfredo Conde, Riveiro Coello, Xavier Alcalá, Miguel A. Fernández, etc. Non é doado traer ata Ourense moitos destes nomes e algúns viñeron varias veces, tras consultar e seguir as súas axendas ás veces durante meses (traballo que realiza con esmero José Luis Troitiña, dende a secretaría do Liceo, e antes o xubilado Álvaro, dende o mesmo posto).
Ós meus sagaces lectores e lectoras, propóñolles unha adiviña. Teremos en Auria, na XVII edición, tres escritores, dous da literatura castelá e un da galega. Douvos as datas e título das conferencias, por se vos podedes achegar:
martes 23 xaneiro: "Memoria e literatura"
venres 26 xaneiro: "La literatura es lo contrario del olvido"
martes 30 xaneiro: "La novela de la memoria".
E algunhas pistas para que sexades quen de localizar ós tres convidados, xa confirmados hai meses:
Un escribe en galego e os outros dous en castelán.
Os tres estiveron xa en Encontros anteriores: polo tanto están citados máis enriba.
Un deles (23 xaneiro) estudou na Facultade de Historia comigo, daquela militaba no maoísmo do MCG.
O máis maior deles (30 xaneiro), amigo de Casares, é un grande memorialista e os tomos das súas memorias foron moi comentados e algo tivo que ver cun vsiconde tradicionalista francés.
O terceiro deles (26 xaneiro), o máis novo, foi discípulo e amigo de Alberti e tivo algúns líos cos que rexentan a súa memoria oficial, mesmo acusándoos de censurar e manipular algúns textos do gran poeta.
En fin, agardo as súas deduccións, aínda que non lles poida dar ningún premio dende este mundiño virtual. Saúdos a todos/as.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Suso de Toro, Caballero Bonald e Benjamín Prado (?).

Anónimo dijo...

Eu digo o mesmo que o anónimo político-cultural.

Anónimo dijo...

Eu so espero que digan algo interesante sexan os que sexan.

Jimy de Rairo

Marcos Valcárcel López dijo...

Acertaron, como eu agardaba, os sres.Anónimo PC e Leituga. E é de esperar tamén que digan cousas interesantes, ou cando menos capaces de crear debate e falar entre todos da literatura e de tantas cousas máis. As charlas de Suso de Toro adoitan ter miga e moitas veces polémica. A Benjamín Prado xa o escoitei no Liceo e gustoume. A Caballero Bonald nunca o vín falar en persoa. En fin, todos os lectores/as que nesas datas esteades perto de Auria estades convidados a este encontro cultural.

Anónimo dijo...

Disinto da súa apreciación sobre de Toro. De Benjamín Prado non lin nada, pero o feito de que sexa fan de Dylan xa fai que me caia simpático. Caballero Bonald xa son palabras maiores, e tratarei de facer un esforzo para acudir a Ourense a escoitalo.

Anónimo dijo...

true hardcore sex stories And you know what a holiday today? The site just super, I will recommend to friends! Many find useful for themselves read with pleasure while I'm alive, I will remember your resource zanoshu in bukmarki .... Well without untoward happens - even a schoolboy on holiday give job. - Charles Lamb Indeed ... super creative! moskvasoset i ne ebet!