31 ene 2007



Escribir dende a liberdade
andoliña 31 xaneiro
A semana pasada empezou en Ourense a XVII edición dos Encontros Literarios do Liceo, que este ano xiraron arredor do tema Literatura e Memoria e que contaron coa participación de Suso de Toro e de Benjamín Prado, autores de dúas novelas recentes que tamén falan diso (Home sen nome e Malas gentes que caminan). Esta cita cultural, común a escritores galegos e casteláns, empezou no ano 1990, co apoio entusiasta de Carlos Casares, e decidimos mantelos cada ano respectando o espírito que o autor de Ilustrísima lles dera no seu día.
Onte remataron os Encontros cunha conferencia de José M. Caballero Bonald sobre A Novela da Memoria. Esta charla coincidiu co escándalo que xentes do PP andaluz ergueron contra unha Guía Didáctica sobre este gran poeta e memorialista. Polémica tan absurda como moitas que veñen desa banda: e logo o poeta había esconder as súas opinións políticas para chegar ás escolas? E logo pronunciarse contra os que promoven a guerra é facer sectarismo? Por que a algúns lles molesta tanto o aceno dos que escriben dende a liberdade? En honor á verdade debo dicir que non pensan así as persoas que, co mesmo carné, patrocinaron esta cita dende a Deputación ourensá.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Excelente a conferencia de Caballero Bonald: sobria, concreta, sen efectismos nin mediterráneos por descubrir, sen amaneramentos nin dilatacións innecesarias, e magnificamente pronunciada.

Todo un senior, todo un señor.

(Desculpará que non poidese achegarme a saúdalo, señor Valcárcel, mais eu estaba moi atrás sentado e, ademais, tiña présa en irme)

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu tamén penso o mesmo, querido APC. Foi unha charla maxistral, sen ningún tipo de efectismos pero con todo o saber acumulado dunha vida detrás chea de literatura. JMCB é deses autores que seducen tanto co que din como na forma que teñen de dicilo e esa é unha das armas segredas do bo conferenciante.

Anónimo dijo...

E con que elegancia saudou ao público!

Anónimo dijo...

Como poeta erótico non está nada mal: é falsa aquela lenda dos seus amores (secretos, pero míticos) coa muller dun amigo, escritor coma el?
Transcribo a súa homenaxe a Góngora:

A BATALLAS DE AMOR, CAMPO DE PLUMAS

Ningún vestigio tan inconsolable
como el que deja un cuerpo
entre las sábanas
y más
cuando la lasitud de la memoria
ocupa un espacio mayor
del que razonablemente le corresponde.

Linda el amanecer con la almohada
y algo jadea cerca, acaso un último
estertor adherido
a la carne, la otra vez adversaria
emanación del tedio estacionándose
entre los utensilios de la noche.

Despierta, ya es de día, mira
los restos del naufragio
bruscamente esparcidos
en la vidriosa linde del insomnio.

Sólo es un pacto a veces, una tregua
ungida de sudor, la extenuante
reconstrucción del sitio
donde estuvo asediado el taciturno
material del deseo.

Rastros
hostiles reptan entre un cúmulo
de trofeos y escorias, amortiguan
la inerme acometida de los cuerpos.
A batallas de amor campo de plumas.

Anónimo dijo...

Cara Arume: polo que eu sei, esa historia amorosa é completamente certa e mesmo está contada nalgún libro. O escritor que foi obxecto da infidelidade purgou o mal trago coa escrita dun libro obsesivo e catártico que se titulou e aínda se titula "Rol de cornudos".

Anónimo dijo...

Amigo Leituga 1: descobriu vostede a miña celada.