31 ene 2007


Algunhas citas, máis ou menos textuais, da charla de Caballero Bonald


“Toda autobiografía é tamén un engano”, di Castilla del Pino. Eu en ningún caso minto, só tendo a condimentar a verdade coa fantasía

Os sitios onde se descobre o mundo xa significan para sempre un compendio de todo o mundo

Mnemosiné, nai das musas, fertiliza a literatura como a semente a terra

Eu non podo contar ningunha historia sen unha fusión co espazo físico e emocional das miñas novelas

Na miña primeira novela, escrita en Colombia, o ficticio resultou ser a longo prazo o máis verídico

A miña novela que máis me gusta é “Ágata. Ojos de gato”, un xeito de defensa ante as ameazas de destrución do Coto de Doñana. De neno Doñana foi para min (e ségueo sendo) a idea máis aproximada do Edén, un mundo que non debe ser violado.

“Campo de Agramante” foi consecuencia dunha enfermidade miña, dunha disquemia e da alteración dos estados de conciencia que produce (logo insistiu nisto, ante unha pregunta miña sobre o posible poder fecundador da enfermidade na literatura)

Presentei en Madrid a novela de Benjamín Prado, pero non estou de acordo co que di de Dionisio Ridruejo. Para min foi, nos mediados dos 50, o escritor que me espertou ó ideal democrático.

A literatura sen humor convértese en sermón, algo demasiado solemne e aburrido. Vostedes os galegos teñen unha excelente literatura dotada de sentido do humor.

(Perdón por posibles erros na transcrición, pero escribo cun gripazo enriba que non me vai soltar en varios días. Imaxe do fotógrafo J.M. Cameron)

1 comentario:

Marcos Valcárcel López dijo...

Lembreino agora: na cea despois da charla, falamos de moitas cousas con Caballero Bonald. Alguén lle preguntou (Andrés Mazaira) se seguía con certa regularidade a literatura actual. E o autor de "Tiempo de guerras perdidas" respondeu que seguía máis a poesía que a novela. Que lle parecía un poeta de excelente calidade Carlos Marzal. Que lle interesaba menos a poesía de Luis García Montero, aínda que forma parte do seu círculo de amizades. E tamén resaltou como de interese a obra de Luis Alberto de Cuenca. (Que conste, por se alguén lle interesa).