16 ene 2007







Políticos que che son como nenos

A política española parécese cada vez máis ós chistes de Forges. Ou ós tebeos da nosa infancia. A realidade empéñase en imitar os humoristas porque temos algúns políticos, e non poucos, que semellan non ter sosego: velaí toda a leria das condicións que o Partido Popular puxo para asistir á manifestación do sábado contra ETA para logo decidir non ir, cando se lle concederon todas as premisas que utilizaba como escusa. Por certo, o noso PP debe ser o único partido de dereitas en todo o mundo que se nega a asistir a unha manifestación antiterrorista unitaria simplemente para amolar o goberno.
Pero sempre hai alguén capaz de superar o esperpento: como ese presidente dunha comunidade autónoma, todo un presidente!, divertido a gravar co móbil unha xuntanza parlamentaria que se celebra a porta pechada, a Conferencia de Presidentes Autonómicos. Tal como os nenos pequenos das escolas: xogando co móbil ás costas do profesor. Xa postos, ata pode mandar o vídeo ó Youtube para consagrar a súa gran fazaña. E logo as declaracións do presidente da Rioxa, cheas de groserías e faltas dun mínimo respecto político. Pero non se asusten: mañá seguro que haberá algunha outra babecada máis sublime.
(Imaxe: King Kong).

7 comentarios:

Anónimo dijo...

É evidente que o PP demostrou, unha vez máis, non estar á altura e optou polo máis facil: vivir de costas á sociedade. Parece mentira que en cuestións que deberían transmitir o consenso de toda a clase política a favor da paz e do diálogo e contra do terrorismo, estes señores aínda remen na demagoxia e no torpedeo constante ao executivo. Non lles auguro un bo futuro. Hoxe, afortunadamente, os electores xa non se contentan cunha empanadiña e uns vasos de viño do país.

Anónimo dijo...

Os xornalistas non son mellores. E nós, o alibi do xornalista fetén, que lemos, escoitamos e vemos, tampouco debemos ser moi inocentes. En todo caso, non resisto a tentación de reproducir o titular de portada do diario LA RAZÓN (con perdón) do sábado:
Ni el PP, ni las víctimas, ni Zapatero acudirán a la manifestación de esta tarde.
Sen comentarios

Anónimo dijo...

O raro será que o vídeo non remate colgado no "youtube" -non estará xa?- Claro que estas son cousas da globalización da comunicación que supón a internet, non do PP.
Respecto do presidente rioxano, que semella ser o autor da filmación, eu xa non me sorprendo de nada que veña da man do PP, e iso que os de dereitas sempre se gabaron de seren xentes de orde e ben educadas...

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

A actuación dese presidente do PP -todo indica que foi o da Rioxa- é unha das cousas máis impresentables, formal e politicamente, que vin nos últimos anos. ¿Que é o seguinte? ¿Roubarlle a carteira a Zapatero? ¿Joderlle o peluco? ¿Facerlle unha cambadela e gravar a caída co móbil?

Anónimo dijo...

Témome que Rajoy perderá a oportunidade de cesar ao presidente da Rioja por chulo, macarra, maleducado, delincuente, etc. e dicir que política ten uns límites. E se o non reprime, apóiao. Parece que quere resucitar un clima de dúas Españas. Unha que quere solucionar un grave problema e outra que quere esmagar aos inimigos de España, entendendo isto nun senso absolutamente laso.
Máis zafio que o do riojano é o da Esperanza Aguirre descualificando o uso da reivindicación da PAZ, porque non hay guerra senón terrorismo. É a primeira vez que vexo algúen falar mal da paz.
Teño medo do futuro. A España estalle pasando o que pasou noutrora, predomina a insensatez, a zafiedad, etc. Parece que calquera día un exaltado destes ppeiros berrará "Viva la muerte, antes que traicionar a las víctimas".
Noxo. Dicía unha pintada na praza de Colón en Madrid: "Felipe, cabrón, vuelve"... E non sei se terá que ser así, que aínda é novo.

Anónimo dijo...

Hoxe o "tipejo" ese da Rioxa dicía que le "importaba un pimiento" que se saiba que fixo a gravación. E remataba cun fino "que les den por ahí".

Manda nabizo! E nós, xente do común, temos que andar a conternos moitas veces e facendo gala de civilizados!