27 feb. 2007


Clara Campoamor.

O pasado venres houbo un acto das Novas Xeracións do Partido Popular dedicado a Clara Campoamor: vexo na TV a Ana Belén Vázquez disertando ó respecto. Hai uns meses eran os socialistas os que reivindicaban a memoria desta deputada do Partido Radical, Directora Xeral de Beneficiencia na República, que defendeu sen limitacións o dereito da muller ó voto. Está moi ben que o PP conmemore esa loita polas liberdades (a dereita católica da CEDA ourensá na época tamén defendía o voto feminino). Pero non sei se nese acto se contou toda a historia: trala guerra civil Clara Campoamor, republicana por tradición familiar, estivo exiliada en Francia, Buenos Aires e Suiza. Morreu en Lausanne (1972). Quixo volver a España e non puido: o réxime franquista nunca lle deixou volver á súa patria. Foi vítima desa guerra que o PP se negou a condenar no Parlamento.
(Pan por Pan 27 febreiro)

9 comentarios:

Anónimo dijo...

A tal Ana Belén Vázquez xa podía pedir perdon polo seu entusiasta apoio ao xenocidio de Iraq, retirarse da política e deixarse de lerias.

Ra dijo...

Tristes paradojas de la derecha, Sr.Valcarcel. Un saludo!

Anónimo dijo...

Boa parte dos problemas da nosa sociedade veñen do excesivo papel decisorio das mulleres no esceario político a través do seu dereito a voto. O predominio do sentimento sobre a razón, aturable (deica certo punto nada mais) nas relaciós de parella, e disparatado na política, que debera ser o realmo da razón práctica. A mesma existencia (política) de certos persoeiros chorreantes de descerebrada sentimentalidade sería imposibel sen ista extravagante feminización do ámbito público. Eu creo que a única solución sería quitarlles outra vez o dereito ó voto as mulleres, pero non sei si xa será tarde pra ista sensata medida de salude pública...

Leituga 1 dijo...

Non comparto moitas das cousas ditas no post anterior. Eu teño postas bastantes esperanzas na "feminización do ámbito público". Vaia por diante que, como son varón e non me disgusta selo, non participo das teimas antimasculinas de certo feminismo rampante. Pero creo que a presencia da muller nos ámbitos públicos tivo sempre, ao longo da historia, unha benéfica e civilizadora influencia. O do "predominio do sentimento sobre a razón" atribuído ás mulleres é un dos tópicos máis falsos que coñezo. ¡É todo o contrario! Os que nos deixamos levar xa non polos sentimentos, senón por impulsos de rivalidade e preservación do estatus, belicosos e non poucas veces violentos somos os homes moito máis que as mulleres. Elas tenden a ser máis negociadoras que nós. E como falan tanto, finalmente élles máis fácil chegar a un acordo e ir tomar un café xuntas ou quedar para ir ao cine.

Hoxe, ao contrario que nos tempos da República, as mulleres xa non están influídas polos confesionarios nin son obedientes executantes de todo o que lles digan os seus homes. É certo que na actividade política apareceron nos últimos anos algunhas mulleres que non perderían nada dedicándose a outra cousa, pero tamén hai moitos homes na mesma situación. E as Pilar Rahola, Cristina Almeida, Celia Villalobos, Elena Salgado ou Trujillo están de sobra compensadas polas Fernández de la Vega, Ana Pastor, Laura Sánchez Piñón, María Xosé Caride ou Teresa Táboas.

Un amigo dijo...

A verdade é que me resulta difícil cualificar un comentario que cuestiona o dereito a voto das mulleres. Nestes tempos, e neste lugar, diría que é unha extravagancia, noutro contexto non podería ser tan benévolo no cualificativo.
A verdade é que tamén me resulta difícil entrar neste debate. Non por falta de argumentos, senón por superado. Unha muller é un ser humano sexuado en feminino, e un home é un ser humano sexuado en masculino, ambos son seres humanos cos mesmos dereitos, e aínda que non me gusta acabar así, creo que vale aquelo de ...e punto.

A.P-C. dijo...

Opino o mesmo que o amigo Amigo.

marcel swann dijo...

Pregúntome por que as mulleres foron reacias á causa galeguista, xa desde a época Nós. E por qué o electorado do BNG (nalgún lugar lin isto) está composto sobre todo por homes.
E tamén me pregunto, con permiso das súas caras, por qué todos estes temas dos que falamos aquí lles interesan, maioritariamente, a homes.

a.p-c. dijo...

Se o PP non fose tan túzaro e ignorante reivindicaría con forza a Clara Campoamor porque esta retirou o seu apoio ao goberno republicano da Fronte Popular durante a guerra civil, botándolle a este a culpa do comezo da guerra.

Tratase de algo que se ignora, porque unha visión idealizada de Clara Campoamor, como a que trasluce o post de Valcárcel, ten impedido un máis cabal coñecemento da súa evolución política.

Véxase sobre o particular, o clarificador artigo de Mónica Moreno Seco, "Republicanas y República en la guerra civil: encuentros y desencuentros", Ayer. Revista de Historia Contemporánea, nº 60, 2005, pp. 165-195, especialmente pp. 180-186.

Etxeokeai dijo...

Fártame o debate da muller, se cadra porque non o percibo no meu traballo nin na miña casa, lugares ambos de predominio das mulleres.E todos tan contentos.
Non me acaba de entrar polo ollo sequera a posibilidade de que Carlos Pajares, por exemplo, puidese ter que deixar paso a unha muller por iso da paridade. Sen cuestionar o labor de Laura e das outras conselleiras, non vexo o mérito engadido da circunstancia biolóxica do sexo? Ou dito doutro xeito, cal é o pecado orixinal dos homes para termos que pagar culpas doutros anteriores que si, que facían outras cousas?
Discriminación positiva? Pois.
Pero teño a percepción de que as leis das cremalleiras serviron só para colocar ás feministas dos partidos e foron inoperantes nos lugares onde de verdade hai problemas. A violencia doméstica, etc. de xente que non le discursos igualitaristas senón que lle dá un par de hostias á muller aí segue.
O debate da muller aburre ata as pedras e os pedros.