3 feb. 2007

DOCUMENTO.- Críticas á volta de ‘Superpiñeiro’
Acabanos de chegar unha carta que a sección sindical da CIG na CRTVG lle remitiu a Antón Losada na que critican a volta de ‘Superpiñeiro’ á TVG… (Recollido en Galicia Confidencial)

E logo os sindicatos están tan aburridos para poñerse a facer de comisarios políticos da programación da TVG?

21 comentarios:

Silvio Falcón dijo...

Moi curioso, si, que a CIG teña que meter man de quen fai ou non un programa na TVG, sempre que un programa representa a creación de novos postos de traballo.

marcel swann dijo...

Piñeiro, o súper, era un tipo que maltrataba aos concursantes, que piropeaba ás azafatas (“neniña, hai que ver que rica estás....”) [¿!] e que facía unha televisión aséptica, alonxada de calquera tipo de realidade molesta para a pax fraguiana. No seu programa non saía Galicia, por moitas carretadas de público tocado con gorra de “Pensos Calfensa” que decorara o plató. A figura única, central e marabillosa era el. No fondo o noso showman televisivo era, en versión moderna, un deses tratantes de gando das nosas feiras, con lingua falabarata para pacer de abondo, cun algo de marugheo para atraer a todos os públicos.
Non sei se a CIG se ten que meter nestas lerias televisivas.
Eu o que aínda non entende é como hai “carte blanche” para o sr. Gayoso. Fago crítica televisiva. Non pode ser que teñamos que aturar a un señor que nos berra, que di en pseudo-galego “E iso é miño (sic)?”, cando non está falando do río senón de algo que seica lle pertence. Que cada cinco minutos está a mirar o reloxio. Que chama por teléfono á unha da noite a cristiaos que estaban a descansar, botar o canivete ou facendo un traballiño no minxitorio. Que non deixa falar ás súas innumerables e sempre cambiantes compañeiras de traballo. En resumidas contas, que xa o temos máis visto que a pana marela....

Anónimo dijo...

Si, pero o dilema é: se quitas a Gaioso, baixa a audiencia xa conquistada (perfil básico: señoras de máis de 50 anos, medio rural e semiurbano e sen estudos). E mentres reorientan a programación, non se poden permitir un baixón de audiencia pronunciado. En todo caso, si que se poderían plantexar ir substituíndo paseniñamente o Gaioso por outro presentador, unha vez aceitado que un programa deses de varietés ten que figurar tamén nunha oferta de TV en galego. O que xa é menos aturábel é o desfile de vellas glorias da canción española, flamencadas (ordia, perdón, Sra. Vilariño, outravolta os talibansiños del Bloque) pasadas de onda e demais artistas barateiros. E a volta de Super Piñeiro talvez non é asunto da CIG, pero é ben pouco xustificábel. Claro que lle é moi útil ao Quin e ao seu grande estratega de bitácora para loitar polo voto dos xubilados, que é ao que semella adicarse.

marcos valcarcel dijo...

E, pregúntome eu, por que non temos comunicadores televisivos "de outro estilo" -imos dicilo así- que sexan capaces de sintonizar perfectamente co público habitual de programas como os de Gayoso ou os de Piñeiro? Porque o certo é que, cando se intentou facer algún cambio nese sentido, houbo un fracaso total de audiencia, lembran?
Si é certo que a programación infantil da TVG é moi mellorable, pero iso tampouco é culpa de Piñeiro, creo.

Xosé M. González dijo...

O dos sindicatos da RTVG teño entendido que é case inefable, e iso que a CIG, dinme, debe ser a que máis se salva. Ao empezo da lexislatura tiveran parada a incorporación da magnífica Belén Regueira co seu "Extrarradio" das fins de semana; seica querían convocar un concurso, ou algo así, para cubrir a "praza"...

A cuestión de Piñeiro, con todo, leva outra historia por detrás. Seica alguén poderoso agora na Xunta (non é conselleiro/a) polo 2005 poñía podre ao Piñeiro e afirmaba que lle quedaban poucos telediarios. Lembro ben que para bastante xente eliminar o Supermartes e o Luar era cousa obrigada, emblema necesario para o novo tempo televisivo; algúns non sei se non incluían tamén no lote os Tonechos.

Eu dicíalles algo: o Piñeiro o que queirades; o Luar nin tocalo. Con respecto a este comparto o que din o Swann e o Anónimo, pero ben complicada é unha transición como para encima levar o buque insignia ao dique seco; pódese, iso si, meterse cos contidos: eu lembro o Luar de hai doce ou catorce anos, e víao sempre.

Volve Piñeiro. Din os ruxerruxes que é porque a nai del é moi amiga da do Quintana: obviamente, cando entra no dial Radio Macuto eu desconecto, sobre todo se vén con compadreos. A min pareceume e paréceme ben que o levasen e leven ás festas dos vellos: dá perfecto nese ambiente, é un profesional e, xa que logo, contratable. O programa na TVG? Os xestores saberán por que, ás veces rectifícase e teño visto ben gobernos que o fixeron; as cousas feas que contan del no plano persoal esperemos que llas corrixan: hase saber.

E, en efecto, a ver se chegan relevos. A persistencia dos de sempre sintomatiza un andazo de mediocridade. Non só na televisión.

anónimo político-cultural dijo...

Quedo francamente marabillado do perfecto dominio que ten o amigo Marcel dos programas de Gayoso e Piñeiro. Eu vinos algunhas veces, pero non lembraba tantas cousas deles.

Leituga 1 dijo...

Eu creo que o problema da TVG non son nin Gayoso nin Piñeiro nin, por suposto, Os Tonechos, dos que me confeso un pouco "fan". A verdade é que é esta xente a que mantén a audiencia da TVG nunhas cotas máis ou menos presentables. Se agora mesmo algún iluminado tomase a decición de quitalos do medio, os índices baixarían moito.
O problema non son eles, senón o resto. Dende o cambio de goberno, TVG está a ensaiar con novos caras, novos temas e novos programas. Pero a verdade é que ningunha das grandes apostas realizadas deu os resultados esperados.

Anónimo dijo...

Piñeiro, tódolos días de deus. Isto é moi forte. Non sei cara onde nos queren levar.
Eu non fun quen de ve-lo programa enteiro nunca. Por favor que o quiten dos satélites e da internet que ninguén fóra de Galicia vexa que aquí facemos esa televisión. E que lle poñan un mandilón dises das galiescolas.

Etxeokeai dijo...

Ten razón o leituga. O poblema é o país, non o Superpiñeiro...
O problema é que Galicia é ben pequena, avellentada, e afeita a vencellar modernidade con fóra e galego, mesmo TVG con rural ou militante...
Non vexo a Rosalía Mera ou a Adolfo Dominguez rindo cos Tonechos... ou si. Sei que antes de caer en desgraza o Marío Conde convidou a unha das súas festas de élite a Chiquito de la Calzada, porque lle facía moita gracia.
Eu teño claro a quen contrataba para un magazine á súa vontade... á perruqueira de Arcade...
Certamente os Tonechos son de partirse e din máis da socioloxía dunha das nacións de galicia -os que teñen en común teren nacido pola posguerra e pouco despois e sen moitos cartos no peto e que agora teñen a nevera chea e microondas e van a Canarias cando lles peta- que cen estudos da universidade.
O probelma que as outras nacións -os que pasamos pola universidade -ou a universidade por nós- lemos, etc. non temos conque nos enganchar.

Xosé M. González dijo...

Pepe o Inglés si que funciona. Alalá debe ter o seu público, que posiblemente non poderá ser maioritario. Deben seguir furgando, cavilando; se a radio é "competitiva", ¿por que non a TVG?

Ou sexa, que bastante dacordo con vdes.

descrido dijo...

Eu penso que o dos programas de Piñeiro ou Gayoso é a anécdota.....Para min a pregunta crave en todo este debate é ¿Para que queremos os medios públicos de comunicación? ¿Cal debe ser a súa función? ¿Cal é o papel que deben de xogar na construción e desenvolvemento do noso pais?

Si entendemos que non lle podemos esixir, nin deben aportar, mais que aos medios de comunicación privados....... entón deixemos de financialos co orzamento das administracións e que loiten pola audiencia.

No caso de que entendamos que (aínda que tanto os de natureza publica como privada son servizos públicos) as súas funcións son distintas ... entón pensemos mais a longo prazo e non nos obsesionemos solo coa "diversión" (entendida como cantar, bailar e facer chistes fáciles) e o share da prime time; ese é un espazo que poden e deben cubrir as cadeas privadas (por certo lembremos todos que as concesións televisivas seguen agochadas en Galicia) e apostemos por outros tipos de programas capaces de dar resposta as nosas necesidade como pais, abordemos realidades locais e cosmopolitas, innovemos en formatos e contidos, arrisquemos, aproveitemos para axudar ao sector audiovisual a realizar produtos exportables, incidamos nas súas posibilidades formativas .... (temas como o das programacións infantil e xuvenil ou o da infrautilización da súa potencialidade para apoiar a cultura e a lingua son sangrantes ....).

En canto a CIG que dicir....solo os sindicatos lles gañan aos órganos dos partidos no seu desapego a realidade social ..... pero que lle imos facer... ninguén e quen de abordar reformas estruturais (mediocridade e medo) . O rexeitamento da realpolitik leva a Glucksmann a apostar por Sarkozy (unha vez mais discrepo de Glucksmann), pero indo ao noso ¿Que político galego, ou mesmo lidar social, e capaz de ollar por riba dela, hoxe en día, e ilusionarnos?

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu creo que a presencia de Antón Losada non beneficia ren ao BNG, ao non ser que queiran estar todo o día na macheta co vello lema de que falen de mín aínda que sexa mal.
En todo caso, creo que deberían facer da TVG unha televisión independiente dos poderes, que non funcione aos mandatos, gustos ou querencias dos partidos do poder. Pode facerse moi fácilmente: outra cousa é a vontade política. Se admitimos os vencellos entre Losada ou QUintana con Piñeiro é que algo falla. Non pode habelos: hai que contratalo cos criterios que a propia corporación estableza, e, volvo a dicir, é doado, moi doado.

Xosé M. González dijo...

Dacordo, Arume, no dos criterios de contratación. Debo supor que son os que se seguen neste caso, aínda que os contactos de Piñeiro e Quintana sexan posiblemente inevitables dado tamaño da vila de Allariz e a probable coincidencia dominical cada certo tempo.

Non comparto, pola contra, a súa avaliación sobre Losada. Máxime cando aos medios non lles facía falta ningunha para falar mal do BNG, explícita ou implicitamente: é costume xa vedraño.

arume dos piñeiros dijo...

Hai que darlle a razón nesto último, pero terá que convir que non é precisamente Antón Losada o máis indicado. Aínda que cun pouco de cinismo, podería afirmarse que para ter (non termos) que loitar contra os mesmos detractores consuetudinarios do BNG, non facía falta nomear ninguén ou con nomear a calquera dos militantes fieis do partido era suficiente. Pero para os que vemos todo desde fóra, a persoaxe de Losada, pois, non sei, que quere, pois, vosaltres mateixos.

Un amigo dijo...

Eu son dos que tampouco estou contento coa TVG, a verdade é que esperaba máis. Coincido en que o tema é complexo, e ademais a inercia dunha TV non permite cambios co ritmo dunha radio, porén vai ano e medio do inicio do novo goberno na Xunta, e o cambio non se nota moito que digamos na TVG.
Vale que siga Luar que ten o seu público, de acordo con que cómpre que a Galega teña un programa de fin de semana de musica e variedades, pero como dicía outro comentario neste fío, ¿temos que seguir aturando tanta rancia flamencada ou como se chame?
Vou aos informativos, que aquí creo que é esixíbel un cambio respecto dos anos do PP, un cambio no sentido de información veraz e plural. Hai cousas que evidentemente melloraron: as reportaxes dos sábados á tarde, o programa Hai Debate, que por certo pasan a unha hora en que os traballadores temos que ir durmir. ¿Pero que me din dos telexornais? Parecen “El Caso” de tanta información de sucesos de todo tipo, pode ser un asasinato, unha lea de discoteca, un accidente na estrada, ou un fenómeno metereolóxico que amarre a flota de baixura ou que produza esvaróns por unha nevarada. Logo seguen o esquema de adornar as noticias coas entrevistas “chorras” aos paisanos que escoitaron a freada do camión antes de bater contra a casa ou do neno e a súa mama contando que o transporte escolar non puido recoller aos cativos para iren á escola. De información política seguen o esquema que xa existía co goberno do PP. Unha noticia onde apareza cada unha das tres forzas do Parlamento –que non se diga- e logo moita información institucional da Xunta –con moita preferencia ao Presidente igual que na época do PP-. A redacción semella ás veces estar en Madrid até nos deportes. En fin que queren que lles diga, xa sei que as comparacións son odiosas e os telexornais non son iguais aos da “Era Fraga”, cando menos aparecen anacos da sociedade que antes non existían na pantalla, mais parécense moito.

Xosé M. González dijo...

Amigo, a descrición é realmente atinada.

Arume, mire, eu non pretendía dicir que Losada fose nomeado para exercer de gladiador contra a prensa diaria; o caso que se refire aquí é puntual.

Dicía, si, e digo que o Losada é un elemento valioso na estrutura actual do Bloque: o primeiro "fontaneiro" propiamente dito que teñen; loxicamente, por iso mesmo, ademais doutras cousas, é branco notorio de iras e antipatías, parte substancial delas desde dentro do BNG.

Ben ve, son rara avis no asunto losadián, encara que jo no el vaig nomenar.

Anónimo dijo...

Losada estálle a facer máis dano que favor ó BNG meténdose en tódolos charcos.É o Luis Herrero do BNG

Leituga 1 dijo...

Eu creo que Losada é un home moi intelixente e cunha boa formación. Pero ten un problema: pérdeo o carácter. É máis fácil atopar xente que fale ben del fóra do BNG que dentro. Supoño que é porque os de fóra teñen unha relación menos estreita e menos cotiá con el. Pero o certo é que a ninguén lle é fácil manter unha relación normal con el, agás, polo que parece, a Anxo Quintana. Losada é iracundo, impositivo, agresivo, faltón e anda continuamente mosqueado. Todo isto, engadido á pinta que ten, fai del un tipo pouco simpático. Pero é a cabeza pensante do BNG, polo menos do sector "quintanista".

Xosé M. González dijo...

Eu diría que é unha boa cabeza e axente operativo, complemento indispensable para o instinto e intelixencia política de Anxo Quintana. Acouguen, non falo de formación, lecturas, etc., ese debate xa o din.

Polo demais: quen non ten defectos? Din algúns confidentes que ao Touriño, estando "de luna", non o atura nin o amigo da alma, que non sei quen será. O Losada de agora, respecto daquel tan popular que falaba pola SER hai tres anos, ten algo diferente: poder político e influencia na persoa do BNG que ten máis poder político. Demasiado como para deixalo ir de rositas.

arume dos piñeiros dijo...

Home, todo o mundo ten defectos, pero precisamente ter as cariñosas virtudes que saíron antes (que eu non puxen) e ademáis ser o encargado de relacións institucionais, pois non parece o máis axeitado, a non ser que queiramos ter ao lado de Quin ao clásico boneco de goma a quen tirarlle as bolas como agora estamos a facer nós. É unha baza, desde logo, se é así, calo: pero o truco ten prazos moi curtos. E para mín xa está esgotado.

Xosé M. González dijo...

Xa, pero é que nas relacións institucionais non aparenta ter tales problemas. De todos modos, non lle poñería eu forzosa rápida caducidade; mire o que durou o Alfonso Guerra, exemplo eximio do pim-pam-pum. E o Losada non sei se ten irmáns, só inimigos.

Teño que llo dicir: o tema abúrreme un pouco, encóntrao un en calquera lado. Xa sei que ninguén me manda contestar.