Historias de Galicia (primeira impresión)
Veño de ver, agora mesmo, a estrea de Historias de Galicia, a nova serie de divulgación histórica da TVG, cun equipo de asesores excepcional (entre outros, Villares, Beramendi, Núñez Seixas, H. Monteagudo, Fernández Prieto, Calo Lourido, López Carrera, etc.).
Esta primeira entrega ocupouse da relación do home en Galicia co territorio, dende o mundo castrexo ata o caos da cidade das áreas metropolitanas de hoxe, pasando polo mundo medieval, a cidade racionalista de Ferrol impulsada dende a Armada ou o fanado Plan de Antonio Palacios para Vigo nos anos 30.
Escolleuse un rexistro capaz de combinar a divulgación e o seguimento da serie por un amplo público e o rigor histórico. E sempre cunha mirada na actualidade: explicitando como os problemas do pasado (e ás veces as solucións adiadas) repercuten no noso vivir cotián de hoxe.
O que vin gustoume. Dende logo é un programa útil e necesario, pouco habitual ata agora para os tipos de produto que ofertaba a TVG.

Parabéns para os responsables da criatura.
2 comentarios:
Teño lástima de non velo, porque estiven bastante á expectativa e ao final estiven ocupado a esa hora. Probablemente será deses programas que marquen unha certa diferenza, e o momento de emisión pode facer que non sexa exactamente un programa para estritas minorías.
Que conste: dentro do panorama non moi positivo da TVG actual (que perde en relación coa RG, e xa foi o tema abordado aquí), xa desde o primeiro hai algún programa interesente, deses produtos "distintos" aos que aludes: nun rexistro bastante diferente, pero en formato e horario semellantes, citaría "Alalá", non sei se alguén de aquí o frecuenta.
Non vin o programa. A ver se a semana que ven me lembro. Sabía que o había pero pasouseme. Espero que responda ás expectativas creadas e que non defraude.
Publicar un comentario